martes, 1 de marzo de 2011

Os Megatoxos


Editorial: A Nosa Terra. Autor: Anxo Fariña



Este libro trata de cinco alumnos que chegan novos ao colexio, e no laboratorio do centro pícanse cun toxo que a profesora tiña. Ese toxo non era un toxo calquera, era un toxo mutante o cal lle deu unha serie de reaccións e poderes aos rapaces e incluso á profesora.

Entón necesitan viaxar ao pasado en busca do toxo, e farano a través dunha máquina que a profesora lles proporcionou. Unha vez alí suceden cousas moi estrañas, como: combates cun monstro chamado Drúnxel, expóñense á morte... e o peor, ¿como conseguirán volver á casa se non saben como utilizar a máquina para regresar ao futuro?...


NOTA:9

No hay comentarios: