viernes, 26 de octubre de 2007

Salitre


Este ano comecei o curso lendo un libro titulado Salitre. O autor é Jaureguizar e foi publicado por Xerais na colección Fóra de xogo.

O libro trata dun rapaz chamado Eduardo. Seu pai tiña un bar e Eduardo axudáballe no bar, pero antes de ir para o bar ía recorrer a praia de Llas.

Un día chegou ao bar un home que lle puxeran o alcume de "O americano". Dende que viñera el, os mariñeiros non tiñan peixe e sospeitábase de que era un surfer que facía surf de noite e atraia os golfiños que lles espantaban o peixe, polo que botaron da vila a un vendedor de táboas de surf.

Chegaron uns periodistas á vila que preguntaban por un auténtico campión de surf gañador tres veces do campionato do mundo. Ninguén sabía quen era polo que o describiron. Descubreuse que era el quen atraía os golfiños para sentirse como nos vellos tempos.


A min gustoume moito o libro porque non sabes o que vai pasar ata o final e están seguido contando historias.

NOTA:8

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta é unha proba de comentario. Saúdos de Manoliño.

LB dijo...

A praia de Llas está en Foz...
Animo á leitura e animo a que visitedes esta praia de dunas e area branca. É certo que se presta para o surf, está en mar aberto e é correntosa. Saúdos dunha alumna de CAP, procedente de Foz.

Anónimo dijo...

A praia de Llas está en Foz... Animo á leitura e animo a coñecer esta praia. É certo que se presta ao surf, sobre todo no inverno. Esta en mar aberto e é correntosa, dunas e area branca.
Saúdos desde Compostela dunha aluna do CAP que está a visitarvos así por estas voltas que se dan na rede. De Foz...