jueves, 17 de diciembre de 2009

El perfume

O autor deste libro chámase Patrick Süskind.
Este libro comeza cun neno que nace no medio do lixo e o esterco. Ese rapaz vai ser chamado Jean-Baptiste Grenouille. Este rapaz tiña a cualidade de poder ulir todos os cheiros das cousas.
O seu único desexo era o de descubrir todos os olores posibles.
Un día cando foi á cidade atopou a unha rapaza que cheiraba moi ben e colleuna e sen querer matouna.
Tivo varios amos e segundo os ía deixando ían morrendo todos. Cando estaba traballando en facer as peles un día o seu amo mandouno levar unhas peles a un perfumista. Cando estaba co perfumista enseñoulle a virtude que tiña e pideulle poder traballar con el. O perfumista ao cabo duns días foi comprar a Jean.
Cando xa traballaba co perfumista fíxolle un montón de colonias a cambio de que lle aprendese a conservar os olores pero o mestre non lle soubo ensinar mandouno a un lugar onde non había case olores. Cando empezou a calmarse e a darlle menos importancia ós olores atopou outra rapaza que aínda cheiraba mis ben e fíxolle tolear e comezou a imbentar formas para preservar os olores.
Cando por fín descubriu como preservar os olores comezou a matar rapazas e a facer colonias.
Xa matara doce e so quedaba a máis especial e consegiuna matar e facer a mezcla perfecta.
Agora se queres saber como acaba o libro so che queda lelo.
Este libro gustoume e doulle un 8.

jueves, 10 de diciembre de 2009

Ollos de auga

Este libro esta escrito por Domingo Villar.
Trata de dous inspectores, Leo Caldas e Rafael Estévez, que investigan un asasinato na torre da illa de Toralla. A vítima era un saxofonista. A morte deste home foi por causa dunha substancia chamada formol, que lle inxectaron na parte inferior do abdome e mais no membro reprodutor. Este tipo de morte dálle moito que pensar a Leo Caldas, que se pon a investigar nos hospitais. Leo e mais o seu axudante falan cun forense que lles indica de onde obten el o produto. Ao saír do hospital, diríxense rapidamente á fábrica que lles dixo este. Os nosos protagonistas quedaron abraiados cando lle viron o nome de "Laboratorios Riofarma". Logo visitaron dous laboratorios máis, ata chegar ao de Dimas Zuriaga. Alí falaron coa secretaria, que lles dixo que estaba de viaxe. Logo de algunhas pescudas na casa deste deduciron pola chantaxe que estaba a sufrir Dimas por andar co saxofonista que os asasinos eran a muller de Dimas e mais o seu amante Freire. Queríanse quedar coa fortuna deste, pero saíulles mal o plan e acabaron no cárcere.
A miña nota para este libro é 8.

Mutacións xenéticas

Este libro trata duns pais que deciden mandar ao seu fillo Hadrián de vacacións á vila do seu avó.
A súa autora é Fina Casalderey.
Hadrián nunca fora en avión e tiña moito medo.
Cando chegou ó aeroporto de Santiago, seu avó non estaba e el decidiu ir á cafetería. Pero tamén se deu conta de que non tiña a súa equipaxe. Foi correndo para ver se a atopaba, pero non foi así.
Cando se cansou de buscala, decidiu volver á cafetería do aeroporto.
Alí viu un vello que non tiña moi boas pintas coa súa equipaxe. Entón, Hadrián dixo en voz alta o nome de Manolo, que era o seu avó, e este contestou.
Despois de saudarse, o seu avó decidiu levalo para a súa casa. Polo camiño, Manolo foille contando onde vivía e como era a súa relación cos veciños.
Ao chegaren á casa, o seu avó díxolle que se tumbara na cama para descansar un pouco e que dentro dunhas horas xa o espertaría.
Cando espertou, o avo díxolle que había unha porta na súa casa que non podía nin tocar.
Hadrián extrañouse tanto, que nin sequera lle preguntou por que.
Ao día seguinte, mentres que o seu avó durmia, Hadrián entrou por esa porta e atopou unha serpe enorme que o pretendía picar. Hadrián comezou a berrar e a serpe marchou.
O seu avó oíuno, foi alí correndo e comezou a contarlle que estaba experimentando con animais para aforrar enerxía.O avó empezoulle a falar dun amigo seu que vivía nun barco.
Ao día seguinte, o avó díxolle que ía saír a facer a compra. E que el tiña que quedar alí.
Hadrián comezouse a preocupar polo tempo que tardaba o avó en chegar. Esperou todo o día e toda a noite e o avó non chegaba.
Hadrián, ó dia seguinte, decidiu ir na procura do seu avó. Atopou o seu coche na praza coas chaves tiradas ao lado dunha roda.
E se queres saber o final, le o libro, que está moi ben.

Nota: 6

jueves, 3 de diciembre de 2009

Cuartos oscuros

O autor deste libro chámase Juan Madrid.
Este libro comeza con que un rapaz chamado Tomás vai quedar con seu pai despois de que este se escape do cárcere.
Cando por fín consegue escapar, espérao nun lugar que só sabe Tomás.
A xente busca desesperadamente a Durán(pai de Tomás) pero como a el non o atopan intentan que o seu fillo confese onde está e inténtano por todos os medios posibles.
Cando por fín atopan o fillo obrígano a que diga onde está seu pai.
Se queres saber o que lle pasa a Durán e mais ao seu fillo ao final do libro, só che queda lelo.
A miña nota é un 6.

Anagnórise

A autora deste libro é María Victoria Moreno. Trata dun home que critica ás mulleres porque non saben conducir. Un día un rapaz marchou da súa casa sen que se enterasen os seus pais. El púxose na estrada e paraba os coches para que o levasen. Estivo esperando moito tempo, pero non paraba ninguén. Despois dunhas cantas horas, parou unha muller e preguntoulle que facía alí. O rapaz díxolle que quería ir para un sitio. A muller colleuno e comezou a falar con el. Díxolle que debía volver para a casa. El respondeulle que non quería. A muller preguntoulle se quería ir tomar un café. O rapaz dixo que lle daba igual. Ao final foron. Despois arrancaron co coche e el estaba asustado polo rápido que conducía esa muller. Ela tiña un coche normal que non tiña moitos cabalos para correr, pero ela pisáballe ata o fondo. Nunha curva intentoulle adiantar a un camión e pola outra banda viña outro camión. Tivo que reducir a marcha e volverse poñer no seu sitio. Se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 9.