lunes, 29 de octubre de 2007

Camila


Este curso comecei lendo un libro en castelán titulado "Camila" de Madeleine L'Engle.

Este libro trata dunha rapaza chamada Camila que vive cos seus pais. Pouco a pouco Camila foise dando conta de que a súa nai lles estaba ocultando algo. Camila non entendía por que Jacques estaba todos os días na súa casa. A súa nai contáballe unha trola cada día ata que Camila os descubreu bicándose. A nai tratou de arranxar isto para que a filla non lle contase nada a seu pai. Deuse conta de que a relación dos seus pais non ía por bo camiño, así que ela despois do colexio marchaba para a súa casa coa súa mellor amiga. Luisa contáballe os problemas que tiña na súa casa pero Camila evitaba sacar comentarios sobre a súa vida, aínda que Luisa llo preguntaba. Unha tarde Camila coñeceu a Frank, que era o irmán de Luisa. Esta sentiu ciúmes do seu irmán por mor de que lle quitase a súa mellor amiga. Co paso do tempo comezaron a saír moito xuntos ata que un día Frank contoulle a Camila que tiña que marchar porque os seus pais se separaban e el ía co seu pai. Entón ela contoulle que ela tamén se tiña que ir porque os seus pais marchaban para Francia para recuperar o seu matrimonio. E asi ocorreu, Frank marchou sen despedirse dela aínda que lle deixou a súa irmán unha carta contandolle o motivo polo que non se despedida.

A miña opinión persoal é que este libro está moi ben aínda que ten un final que non me gusta porque Frank non acaba quedando con Camila.

NOTA: 7

viernes, 26 de octubre de 2007

Salitre


Este ano comecei o curso lendo un libro titulado Salitre. O autor é Jaureguizar e foi publicado por Xerais na colección Fóra de xogo.

O libro trata dun rapaz chamado Eduardo. Seu pai tiña un bar e Eduardo axudáballe no bar, pero antes de ir para o bar ía recorrer a praia de Llas.

Un día chegou ao bar un home que lle puxeran o alcume de "O americano". Dende que viñera el, os mariñeiros non tiñan peixe e sospeitábase de que era un surfer que facía surf de noite e atraia os golfiños que lles espantaban o peixe, polo que botaron da vila a un vendedor de táboas de surf.

Chegaron uns periodistas á vila que preguntaban por un auténtico campión de surf gañador tres veces do campionato do mundo. Ninguén sabía quen era polo que o describiron. Descubreuse que era el quen atraía os golfiños para sentirse como nos vellos tempos.


A min gustoume moito o libro porque non sabes o que vai pasar ata o final e están seguido contando historias.

NOTA:8

martes, 23 de octubre de 2007

Leonel (antes de ler o libro)

Eu este ano comecei as lecturas co libro Leonel. Este libro está escrito por Antón Cortizas e publicada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
A historia deste libro é a dun rapaz que se chamaba Leonel. Estaba namorado dunha rapaza que estaba na súa clase pero non era capaz de dicirlle nada. Xa nas vacacións de inverno os pais de Leonel dixéronlle que ía ir de vacacións a casa dos seus avós. Ao día seguinte marchou en tren cara a aldea na que ía pasar as vacacións. Cando chegou, o seu avó e un amigo del estábano esperando na estación de tren. Ao chegar á casa a súa avoa estaba facendo o xantar. Leonel, que sabía que a súa avoa estaba moi experimentada nas historias amorosas, pediulle consello. Ela doullo e o día antes de marchara regaloulle uns pendentes. Ao día seguinte chegou á casa e tíñanlle preparada unha festa sorpresa pero Leonel non lle fixo moito caso e marchou durmir. Cando foi á escola chegou onda a rapaza e díxolle se quería saír con el e ela contestoulle que si.

A min non me gustou moito o libro porque é demasiado romántico e azucrado. Gustaravos se vos gusta, por exemplo, a película Titanic.
NOTA: 6

lunes, 22 de octubre de 2007

Una luz en la marisma

Este é o primeiro libro que lin neste ano. O seu autor é Javier Alfaya e publica Alfaguara.
Trata dun rapaz chamado Gabriel.Vive na súa casa coa súa familia. A súa irmá chámase África. Gabriel ten un amigo pobre chamado Pucho. Diante da súa ventá hai unha marisma na que sempre hai algunha morte. Neste verán houbo unha morte e a culpa botáronlla a un mendigo que o alcumaban "Solapo". Gabriel, África e Pucho fixeron unha investivación por conta deles. O seu pai axudoulles contratando a un detective chamado Eduardo. Solapo estivo no cárcere ata que tiveron probas suficentes para poder sacalo do cárcere sen cargos. Os rapaces falaron coa prostituta da vila para que afirmase que a noite do crime estaba con ela. África foise namorando pouco a pouco de Eduardo. Ao final Solapo quedou fora do cárcere grazas ás probas que achegaron os seus veciños.

Eu recomendo este libro a persoas que lles guste a intriga, a xustiza e a aventura. A min persoalmente gustoume todo polo cal recoméndovolo a todos e a todas.

NOTA:9