martes, 8 de enero de 2008

El Lazarillo de Tormes


El Lazarillo de Tormes é un libro que está escrito de un xeito anónimo.

Este libro trata dun rapaz pequeno moi pícaro chamado Lázaro que foi enxendrado no río Tormes porque o seu pai traballaba nun muiño. Ó seu pai ocorrelle a desgraza de que se volve pobre e non teñen nin para comer. Entón, a súa nai decide entregar a Lazaro a un cego debido a que eran moi pobres e eles non teñen forma de alimentar ó seu fillo. Co cego pasaba bastante fame pero conseguíu roubarlle algunha comida e estivo moi ben a forma na que lle conseguíu roubar o viño. O cego enterouse de que Lázaro lle bebera do viño que el bebía e a pesar de que lle collera bastante cariño acabou botando do seu lado, xa que lle roubaba comida e o cego quedaría sen nada. Despois consegue estar con outro amo máis pobre co outro e para coseguir levar algo de comer a boca tívolle que roubar a comida que o seu novo amo gardaba nun cofre. Cando o seu amo se enterou de que Lázaro lle roubaba a comida (e non era unha serpe como lázaro dicía) botouno da súa casa e díxolle que non o quería coidar máis porque senon acabaríalle con toda a comida. Despois tivo outro amo co que pasaba moita fame tamen e o único que comía el e o seu amo era migas e anacos moi pequenos de pan. Cando marcha de donde este amo, xúntase cun buldeiro co que segue pasando fame pero o que lle colleu moito cariño porque este non lle poñía nunca a man enriba. Despois decide ir a mendigar a unha praza e alí consege traballar de carteleiro ou de predicador de anuncios ou noticias. Se queredes saber que tal lle foi a Lázaro despois disto teredes que ler o libro.
A min este libro non me gustou moito porque esta escrito en castelán antigo e porque non me gustan este tipo de libros.

NOTA: 6

No hay comentarios: