jueves, 5 de noviembre de 2009

O diario vermello de Carlota

Este é o segundo libro que leo neste novo curso e titúlase O diario vermello de Carlota e a súa autora é Gemma Lienas. Trata dunha moza que se chama Carlota, á que lle gusta moito escribir. Un día decidiu ir mercar un caderno vermello para poder escribir un diario sobre a sexualidade e vai co seu amigo Flanagan. Cando lle dixo a Flanagan o que ía facer, el decidiu facer o mesmo e foron os dous mercar un caderno vermello.
Cando Carlota chegou á casa e llo contou a súa nai, ela díxolle que facía ben, xa que ela fixera outro sobre os maltratos e a violencia de xénero, ao cal ela lle chamou o diario violeta. Carlota comezou a escribir no seu caderno sobre a pubertade e puxo todo o que sabía.
Logo pensou que lle podía preguntar a súa tía, xa que ela sabía moito diso e así foi: mandoulle un correo e xa rápido llo contestou.
Carlota ultimamente non paraba de pensar en Flanagan. Un día decidiu quedar con el coa excusa do diario. Así foi ,quedaron citados nun parque.Cando chegaron, decidiron ir sentar a un sitio cómodo onde poidesen falar. Viron unha montañiña e foron para alí. Nese lugar había un montón de parellas e eles sentíronse incómodos e decidiron marchar. De alí a unha semana volveron a quedar na casa de súa nai para poder estar sós, pero saíulles mal a cousa porque ao final súa nai chegou antes do previsto e fastidiouselles todo o plan. Carlota díxolle que foran para alí para estudar. Entón a nai estivo un pouco con eles, pero decidiu marchar a facer a compra e eles foron para o sofa, xa que estarían máis cómodos. Comezaron a bicarse moi apaixoadamente. A continuación marcharon para o dormitorio e alí mantiveron relacions sexuais. Carlota non quedou totalmente satisfeita pois , ao ser a primeira vez, doeulle bastante.
Se queredes saber como acabou a relacion entre Carlota e Flanagan, só tendes que ler o libro.
A miña nota é un 7.

No hay comentarios: