miércoles, 8 de octubre de 2008

A casa da luz



Este é o primeiro libro que lin. O autor deste é Xabier P. Docampo. Este libro trata dunha rapaza moi traste que quere descubrir as cousas por si soa. Ten catro amigos (Álvaro, Alba, Aida e Anxo) cos que está a facer unha cabana detrás da igrexa. Un día cando a estaban a construír apareceu "Pumariño". É un home duns setenta anos que non fala e só se comunica por debuxos, que lles axudou aos rapaces a construír a cabana. Ao día seguinte houbo un roubo dun santo en Eiravella. Todo o mundo lle botaba as culpas ao Pumariño e por iso foron tras del escorrentándoo do lugar.
Ao cabo duns días os rapaces cando estaban na cabana déronse conta de que o Pumariño non aparecera polo lugar nuns cantos días. Ao día seguinte os rapaces xuntáronse todos e decidiron ir á casa deste. Cando chegaron á súa casa berraron desde a cancela, pero el non aparecía, entraron ata a porta e alí petaron. El saíu, e cando os viu invitounos a pasar. Os rapaces cando entraron quedaron moi abraiados por todo o que topara este home escaravellando nos valados. Antes de que marchasen os rapaces el saíu fóra, levantou unha pedra e sacou o santo que estaba desaparecido. Dous días despois pola tarde volveron ata a casa do home. Este cando os viu saiu da casa e díxolle que o seguiran. Todos foron tras del por un camiño estreito ata chegar a unha casa de dúas plantas moi bonita. O Pumariño sacou unha gran chave do peto para abrila. Alí dentro el ensinoulle a casa, ata chegar a un cuarto grande onde había moitos cadros.
Alí o Pumariño deulle a volta aos cadros e coa mesma entrou nun deles. Os rapaces puxéronse nerviosos porque non sabían onde ía. Ao cabo dun pouco o Pumariño apareceu do cadro rindo. El díxolle a Alicia que se metera nun cadro, e ela meteuse nun cadro dunha mazá. Cando estaba dentro ollou para a mazá e deulle un bocado pola parte verde. Ao saír ela explicou o que pasaba dentro dos cadros.
Como viron que Alicia saíu do cadro ben, Álvaro meteuse noutro dunha fraga. Alí el subeu ata o alto dunha montaña. Cando mirou o reloxo deuse conta de que xa era tarde e saíu do cadro. Cando estaba fóra todos lle peguntaron que tal lle fora no cadro. Anxo como tamén quería entrar nun levantouse e foi ata unha esquina onde había moitos cadros. Alí escolleu un cadro dun rapaz xogando a un videoxogo. Cando entrou viu que dous homes coas pernas tortas e con espadas o perseguían. Subiu ata unha terraza que non tiña saída. Os homes achegáronse a el. cando estaban preto, Anxo agachouse e un dos homes bateulle o outro na cabeza. O rapaz escapou, viu unha porta e entrou. Alí dentro había un can moi fero que se botaba a el. Cando quixo saír da habitación atopouse con que a porta estaba pechada. Mirou para unha pata do can e viu que estaba alí a chave para abrir a porta. Mirou nun curruncho un pao, e con este arreoulle na ao cabeza o can. Colleu a chave e saíu do cadro. Fóra estaban os seus amigos para marchar. Os rapaces dixéronlle ao Pumariño que ían volver ao día seguinte. Ao outro día chegaron a casa del, comezaron a camiñar todos xuntos, pero esta vez foron por outro camiño que foi dar por detrás da casa. Cando entraron estes só viron un cadro grande pegado á parede. Entraron nel todos xuntos. Alí viron unha chea de columnas que ían dar á ladeira da montaña. Alí viron unha aldea que era coma na realidade. Había persoas. Cando se deron conta viron dous gardas de seguridade que lle preguntaron os seus datos persoais. Estes foron listos e déronllos falsos. Os gardas dixéronlle que debían respectar unhas normas que lle comentaron. Os gardas leváronos á cidade. Alí todos os amigos visitaron os monumentos que tiñan. Ao acabar achegáronse a unha taberna onde había tres rapaces. Alicia aínda que non podía púxose a falar con eles. Ao acabar de falar o pai chamou polos rapaces.
O Pumariño escoitou unha voz que chamaba por el. Entraron todos dentro da taberna. Alí viron a un home de longas barbas que o coñecía. Por sorpresa era o Señor Duarte, o autor de todos os cadros. Puxéronse a falar da torre, os rapaces miraron cara ela e nun descoido viron unha cousa que brillaba. O Pumariño tamén o viu. Era o pucheiro que tanto buscaba. Todo o mundo miraba como o Pumariño escaravellaba na parede da torre. Este acto atraeu os gardas que arrestaron a todos os rapaces menos a Alicia que se escondeu. Os gardas leváronos á torre. Alí meteron os rapaces nunha cela e o pintor noutra. Cando marcharon os gardas apareceu Alicia para sacalos de alí. Cando todos estaban fóra das celas, Alicia dixo que tiñan que buscar o Pumariño. Estes entraron nunha porta que ía dar a unha chea de escaleiras. Os nosos amigos dividíronse e cando se deron conta viron que Álvaro e Aida baixaban a todo dar con dous gardas detrás. Cando se desfixeron dos gardas foron ata onde o pintor, para que lle dixera por onde subira o Pumariño. Alicia subiu e entrou nunha porta que daba a unha sala cunha mesa no medio rodeada de cadeiras. Nesta sala había unhas portas que foi abrindo. Na primeira apareceulle un garda, na segunda aparecéronlle dous gardas, a terceira xa non a abreu porque tiña medo de que lle apareceran máis gardas, a cuarta abreuna despacio e con coidado pero nesa porta non había nada.
Despois todo o mundo saíu fóra da torre e cando estaban alí chamaron o Pumariño. Este saíu de onde estaba agochado. O pintor díxolle unha cousa e o Pumariño arreoulle na cabeza co pucheiro fecendo saltar todas as moedas polos aires.
Ata aquí vos podo contar, se queredes saber o que posou ao final terédelo que ler. Eu recoméndovolo.
A miña nota é un 6.

Deixámosvos con imaxes da rodaxe da película


No hay comentarios: