lunes, 28 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela.
 Editorial: Espasa Calpe.



Este libro é unha comedia de enredo onde os personaxes non se entenden entre eles e xorden confusións. Cóntanos unha historia sobre crime e misterio entre dúas familias. Pero co transcurso da obra iranse resolvendo todas as dúbidas e inconvintes que se van encontrando os personaxes.



NOTA:7

domingo, 27 de noviembre de 2011

Eloisa está debajo de un almendro

Autor: Enrique Jardiel Poncela, Editorial: Espasa






Este libro é unha comedia de enredo, de dúas familias que son moi bos amigos, Briones que é unha familia de tolos e os Ojeda.


Mariana Briones e Fernando Ojeda son noivos e teñen un misterioso segredo que nos os deixa vivir realmente polo amor que senten.


Clotilde Briones, tía de Mariana por pare de nai (Eloísa), mantén unha especie de relación con Ezequiel Ojeda (tío de Fernando).


Micaela, irmá de Edgardo, está empeñada en que todos os sábados entran ladróns á facenda. Edgardo non se levantaba da cama dende que a súa muller Eloísa morrera asasinada.


Julia, a filla menor da familia Briones, desaparecera durante tres anos e foi aparecer casada cun policía chamado Luísote.


Clotilde pensaba que Ezequiel mataba mulleres, cando en realidade descubriu que mataba gatos.


Mariana pensaba que Fernando matara a unha muller e a enterrara debaixo dun almendro. Pero, ao final descúbrese que os Briones viviran na casa que agora pertencía aos Ojeda e o asasino estaba entre eles, era...




NOTA: 8,5

sábado, 26 de noviembre de 2011

Xoeliki, as aventuras dun neno pirata



O autor: Abraham Carreiro. Editorial: Sotelo Blanco.






Este libro trata dun neno de 11 anos que está enganchado ao ordenador. Pasa todos os días falando cunha amiga que non coñece. Un día ó encender o ordenador decátase de que ten un virus que afecta a todos os ordenadores. Cóntallo ó amigo do pai e dille que se poña en contacto con el para formar parte da escola pirata contra os...



NOTA: 6




viernes, 25 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3

Este libro escribeuno Ramon Caride; editorial Xerais



Este libro vai de varias historias:



O primeiro vai dun rapaz que é moi pobre e que ten que traballar moito para gañar moi pouco.


O segundo conta a historia dun cazador que vai cazando por diversión e nun día pícao un mosquito infectado polo desastre de Chernobil.


O terceiro conta a historia dunhas pílulas que fan olvidar as desgrazas da xente.


O cuarto vai dun señor que clona aos peixes gatos para que os donos non estrañasen os que eles tiñan.


O quinto, este conta como que unha cidade que estaba construída con moitos edificios as beiras da praia e estes edificios quedaban mergullados pola auga.


O sexto vai dun home que firma para facer experimentos con el.




NOTA: 6

Exogamia 0.3




Autor: Ramón Caride. EditoriaL: Xerais



Este libro divídese en varios contos:




1º conto: Cóntanos a historia de diferentes rapazes e da súa forma de vivir. Uns mellor ca outros




2º conto: Cóntanos a historia dun furtivo que ía cazar a Chernovil e un día esperando pola súa presa preferida que levaba moito tempo esperando por ela, un mamut, picouno un mosquito e morreu por unha infección




3º conto: Cóntanos a historia dun pilotos de motos que nunha carreira mata un compañeiro nun accidente . El quedOu moi mal e tivéronlle que dar pílulas para que olvidara todo



4º conto: Cóntanos a historia duns homes que facían mutacións con animais




5º conto: Cóntanos a historia duns inmigrantese como nOn son ben tratados



6º conto: Cóntanos a historia dun home que lle mandaron firmar un papel para poder experimentar con el



NOTA: 7

Exogamia 0.3




Escrito por Ramón Caride. Editorial: Xerais



Este libro cóntanos varias historias:


A primeira historia trata sobre uns rapaces e a súa forma que tiñan de vivir.


A segunda historia trata sobre un furtivo que cazaba animais pero acabou morrendo a causa da picadura dun mosquito.


A terceira trata sobre un motorista que remata matando o seu compañeiro nun accidente.


A cuarta historia trata sobre uns homes que fan experimentos con algúns animais.


A quinta trata sobre uns inmigrantes aos que non lle dan unha boa benvida.


E a sexta e última trata sobre unhas persoas que querían experimentar cun home.



Nota:7

Xoeliki, as aventuras dun ciberpirata.




O autor: Abraham Carreiro e a editorial Sotelo Blanco.



Este libro trata dun neno de 11 anos chamado Xoeliki aquen lle gustaba moito xogar os xogos do ordenador e chatear cunha nena a quen nunca vira. Un día apareceu un virus que estaba a afectar a todos os ordenadores do mundo. Mediante un carteiro un amigo de seu pai que xa estaba morto ponse en contacto con el regalándolle un teléfono móbil, polo que se comunican para que entre a formar parte dunha escola pirata que loita contra os virus, entre el e unha amiga a que xa coñecía intentan desbloquear o virus.. Conseguirano?




NOTA: 7

Xoeliki

Autor: Abraham Carreiro; Editorial: Sotelo Blanco



Este libro trata dun rapaz que lle encantan os videoxogos, chamado Xoeliki, que se dedica a chatear cunha rapaza por medio de internet; un día cando chega á escola descobre que todos os ordenadores teñen un virus, entón cando chega á casa tópase cun recibo de alguén que lle dicía que o esperaba na cafetería de enfrente. Cando foi atopouse cun home que lle dixo que o tiña que axudar a resolver quen producira ese virus, e para iso tiña que ir a un enderezo.......



NOTA:7

jueves, 24 de noviembre de 2011

Exogamia

Autor: Ramón Caride. Editorial: Xerais




Este libro cóntanos diversas historias onde nos narra por exenplo a crúa realidade de rapaces que teñen que traballar como escravos para poder comprar unha videoconsola e despois comparan as súas vidas coa dun rapaz galego. Tamén nos contan como políticos e millonarios extinguen animais só por diversión e para fardar diante dos amigos.
Durante todo o libro nos conta diversos problemas que ás veces ignoramos.


Nota:5

miércoles, 23 de noviembre de 2011

Eloisa esta debaixo dun almendro



Esta obra de teatro foi escrita por Enrique Jardiel Poncela publicado pola editorial Espasa



Este libro é unha comedia de enredo, que vai de dúas familias que teñen unha relación moi íntima, e existe unha historia de crime entre eles. Fernando era o mozo de Mariana a quen levou a unha casa que estaba sendo investigada por Luisote, un policía que se facía pasar por Dimas , un empregado da casa; Leoncio outro empregado foi buscar uns cans da señora Micaela, que estaba media tola. Ao final apareceu Mariana vestida de época , e Micaela delatouse...

martes, 22 de noviembre de 2011

O contador de estrelas

Autor: Jaureguizar. Editorial: Alfaguara.






Este libro cóntanos a historia dunha rapaza chamada Antía. Ela cría que aquel sería o verán máis aburrido da súa vida. Porque ía botar dous meses con súa nai nunha base do servizo antilumes, no medio dunha chaira seca e calorosa. Pero cando coñeceu a Enver todo cambiou; el abriulle a porta ao namoramento e fixo que se interesase pola astronomía. Xuntos enfrontaron.....



NOTA:7,50

lunes, 21 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3



Autor: Ramón Caride. Editorial : Xerais




Este libro está composto por seis contos, cada un conta historias alleas aos demais: o primeiro conta a pobreza de dun país subdesenvolvido onde os nenos teñen que traballar. O segundo conta cun cazador consegue todos os seus propósitos e morre. O terceiro vai dunhas pastillas que fan perder a memoria. O cuarto vai de experimentos cos animais. O quinto conta a desaparición dunha cidade. O sexto conta como enganan a un home para facer experimentos con el.






NOTA: 3

domingo, 20 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela ; editorial: Espasa



Esta obra de teatro é unha comedia de enredo de dúas familias, os Ojedas e os Briones. Mariana Briones namórase de Fernando Ojeda porque pensa que oculta algo misterioso, ao mesmo tempo os tíos dos namorados tamén se gustan; os membros de cada familia á vez non estaba ningún moi ben da cabeza. Mariana e a súa tía Clotilde pensan que os seus namorados asasinaban mulleres.


Unha noite encóntranse as dúas familias xuntas e nese momento cando se descobre que pasa...




NOTA: 8

sábado, 19 de noviembre de 2011

Eloísa está debajo de un almendro




Autor: Enrique Jardiel Poncela. Editorial: Espasa Calpe




Esta obra de teatro é unha comedia de enredo que nos conta a historia de dúas familias, os Briones e os Ojedas. Os Ojedas alugábanlle a casa todos os veráns ós Briones. Ezequiel é un suposto asasino pero segundo trascorre a obra descóbrese que o único que mata é gatos. Quen realmente comete o asasinato foi Micaela que matara á súa cuñada...



NOTA:6

Eloisa esta debajo de un almendro



Autor: Enrique J. Poncela . Editorial: Escapa Calpe






Esta obra de teatro cómica cóntanos os líos de dúas familias.

Neste libro está moi presente a confusión que é o que lle pon o humor á obra. O libro cóntanos o misterio dunha muller morta. Todos pensan que foi Ezequiel pero quen realmente foi.......



NOTA: 5

viernes, 18 de noviembre de 2011

Exogamia 0.3

O autor é Ramón Caride coa editorial Xerais.



Este libro cóntase en capítulos: fálanos un pouco de todo dos países subdesenvolvidos, sobre un cazador furtivo que caza en Chernobil, tamén dunhas pastillas que borran a memoria e esquecer cousas traumáticas ou desagradables, das inmigracións, o cambio climático, de clonacións e bioclonacións.


















NOTA: 4

jueves, 17 de noviembre de 2011

Eloísa esta debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela. Editorial: Espasa






Esta obra teatral é unha comedia de enredo entre dúas familias , os Ojedas e os Briones. As dúas familias lévanse desde hai moitos anos. Os Ojedas alugaban a casa ós Briones polo verán. Era unha familia de catro membros: o marido, a muller e as dúas nenas. O marido tiña unha irmá mal da cabeza que...






NOTA: 9

martes, 15 de noviembre de 2011

A toupiña cegarata




Autora: Anxela Gracian. Editorial Galaxia.




Había unha vez unha toupiña que vivía coas demais dentro dun burato debaixo da terra, ata que un día chegou un can a desfacerlles o seu burato e ademais matou varías toupas, por iso a toupiña díxolle ás outras que ela ía vixiar; mentres vixiaba chegou a salamántiga e ofreceulle a súa axuda , pero a toupiña rexeitouna e a salamántiga marchou toda cabreada .


Despois duns días o can volveu atacar e desta vez a defeita foi peor, por iso as demais toupas decidiron que a encargada de protexelas do can ía ser a salamántiga; a toupiña marchou do burato a buscar outro sitio onde a quixesen , pero mentres marchaba descubriu quen as delatara o can e decidiu volver e contarllo ás demais

Eloísa está debajo de un almendro



Autor: Enrique Jardiel Poncela ; editorial Espasa



Este libro é unha comedia de enredo, na que hai dúas familias que son moi amigas, os Ojeda e os Briones, na que ningún membro estaba moi ben da cabeza. Contan a historia dun asasinato que nunca foi verdade. Pensaban todos que fora Ezequiel o asasino, pero el en realidade mataba gatos




Nota:7

Rebeldes



Autora: Susana E. Hilton

Editorial: Alfaguara



Ete libro nárranos as aventuras de dous chavales ¨Graeser¨ que teñen que fuxir e esconderse nunha antiga igrexa xa que durante unha pelexa mataron a un dos ¨Sock¨ (banda rival).

Despois de que se calmaran un pouco os ánimos puideron volver; pouco despois celebrouse unha pelexa para saldar contas e acabaron gañando os....


Nota:8

¿sobrevives?




Autor:Fina Casalderrey; Editorial: Xerais



Este libro trata dun rapaz chamado Francisco que vai en 2ºESO, sempre está metido en leas polo que o director se ve obrigado a castigalo constantemente, pero iso a Fran non lle importa demasiado, todo o contrario, o que quere é chamar a atención dos que o rodean, ten unhas pintas moi rechamante e os seus amigos son moi peculiares, pero a pesar de todo .......



Nota: 6

A TOUPIÑA CEGARATA



Autora: Ánxela Gracián. Editorial: Galaxia


Este libro é contado por unha toupa chamada a Veludiña, que é a xefa da súa camada. viven debaixo da terra nas súas galerias de vez en cando ía visitar unha salamantiga chamada a Pencada , ela contáballe cousas do esterior xa que como elas eran cegaratas non o podían ver. Contoulle que o dono da finca na que elas habitaban comprara un podenco para extermialas, taménlle dixo que elas podían axudarlles a cambio de comida, pero as toupas rexeitaron a axuda.
Así foi como o podenco un día atacou as galerías e moitas toupas morreron, as que lograran escapar quedaran feridas, pero Veludiña, coas que sobreviviran, construíu unhas galerias máis profundas, pero chegoulle outro ataqueno que morreron algunhas toupas. Entón a topiña deuse de conta de que había un traidor que lle axudaba ó can a que as encontraran. Ela non se rendeu e fixo unha torre vixía coas que quedaban e decidiu facela nunha pedra, alí ninguén as encontraría , durante moito tempo viviron tranquilas. A pencada chegou de visita en plan concialador, entón a Veludiña ao ver que xa mandaba máis ca ela marchou aoa exterior e ao ver as cores e a fermosura da paisaxe volveu xunto as suas compañeiras para explicarllelo pero encontrouse con...

NOTA: 6

Flanagan 007

Autor: Andreu Martín ; editorial: Xerais




Este libro conta a historia dun xove detective que trata de resolver o caso da súa irmá que resulta que está desaparecida. O xove detective, chamado Flanagan, leva a cabo o caso da súa irmá investigando no tren que atracaran Carles e Pili, onde fora desaparecida. Alí Flanagan coñece a unha rapaza chamada Bruna da cal se acaba enamorando e rematan resolvendo o caso xuntos. O tren ao chegar a Madrid con Flanagan e Bruna descubreu que a Carles lle deran unha malleira e estaba no hospital, entón dálle un libro de axedrez para axudarlle a descubrir quen fora o traidor...


Nota:6

lunes, 14 de noviembre de 2011

EXOGAMIA 0.3



Editorial: Xerais. Autor: Ramón Caride



Este libro trata de:


No primeiro conta a pobreza dun país onde os nenos teñen que traballar para poder comer.



O segundo conta como un cazador morre despois de lograr conseguir todos os seus propósitos.



O terceiro trata sobre unhas pastillas que logra facer olvidar o pasado que non desexas recordar.



O cuarto trata da clonación de animais, que unha vez mortos deles faise unha copia exacta.



O quinto conta como dunha cidade fermosa, os africanos se ven obrigados a facer pateras para ir a España xa que a cidade destruírase.



O sexto conta a historia dun home que é enganado polos científicos






NOTA: 2

domingo, 13 de noviembre de 2011

Flanagan 007



Autor: Andreu Martín e Jaume Rivera . Editorial: Xerais





Este conto trata de Flanagan, que é un detective, que tivo que viaxar a Madrid porque a súa imá e o seu mozo roubaron unha gran suma de diñeiro a unha ONG. El non pensa que sexa así, pensa que lle tenderon unha trampa, por iso vai alá. Cando chegou á estación namorouse dunha nena chamada Bruna e non se coñecían. Flanagan foi visitar ó mozo de súa irmá para preguntarlle o sucedido, el estaba no hospital. O mozo deulle un libro de axedrez que tiña moitas pista. Flanagan despois de ver iso descubreu que...



NOTA:7