martes, 8 de enero de 2008

Raquel




A autora deste libro é Isabel Clara Simó.
Este libro trata sobre unha rapaza que conta sucesos da súa vida nun diario. Nel conta diversos acontecementos que lle sucederon durante o curso, algúns bos e outros malos.
Raquel tivo un momento no que o pasou realmente mal porque cando a súa mellor amiga enfermou gravemente de cáncer tivérona que levar a outro país para que a intentasen curar. Raquel dende que a súa amiga marchara apenas sabía nada dela e iso que lle mandaba cartas porque a estrañaba moito. Ata que un día enterouse de que a súa amiga volvera á vila, pero ela non a avisara. Ós poucos días Raquel entérase de que a súa amiga empeorara de repente, e morrera. Raquel pasouno realmente mal, pero co tempo foise recuperando e seguindo coa súa vida.
Raquel conta tamén no seu diario que se sente contra gusto co seu aspecto físico e intenta buscar unha solución ó seu problema...
A relación entre os seus pais cada vez empeora, ata tal punto que deciden separarse, porque o pai de Raquel enamorouse doutra muller. Isto a Raquel e a súa nai afectoulles moito. Unha vez separados, Raquel decidiu quedar coa súa nai pero o seu irmán preferíu ir co seu pai.
Finalmente Raquel a causa da separación dos seus pais tense que poñer a traballar, para axudarlle a súa nai cos gastos e pagar os seus estudos. Pero isto non lle importaba porque tiña o apoio do seu gran amor, Oriol.


Nota:7
O motivo de que lle poño esta nota é porque é un libro bastante bonito que nos fai ver como é a vida realmente para algunhas persoas e mirar igualmente pase o que pase cara adiante, e por isto mesmo aconsellovos que o leades.

Guerra en casa



Este é o meu cuarto libro que lin. A súa autora é Anne Fine.
Este trata dunha familia na que hai cinco membros o pai chámase Briget, a nai Margaret, o rapaz Will, a rapaza máis grande Estelle, e a máis pequena chámase Muffy. Estelle es una adolescente que non lle gusta que nadie a corrixa. Nesta familia sempre hai una discusión por culpa da súa atitude. Muffy aínda non empezou a falar e os seus pais pensan que e por culpa do mal entendemento que hai entre Estelle e os pais. Esta tarde unha amiga dela invitouna ao seu aniversario. Pero resulta que esta tarde había a reunión de pais no colexio. Os seus pais discutiron un bo rato a ver quen ía a reunión. Cando marcharon os dous a reunión Estelle empezou a prepararse, Muffy quedou durmindo toda a tarde. El había quedado con sus amigos para poder saber o que lle dicían os profesores aos pais. Esa tarde Muffy pasouna todo o tempo falando cos seus irmáns. Cando voltaron os seus pais Estelle díxolle o que ía ir a festa da súa amiga na discoteca máis famosa do lugar. Nesta discoteca deixanlle beber, fumar, e tomar sustancias ilegais a menores de idade. Will chegou a tempo e escoitou todo o que dicían. Finalmente, Estelle empezou a levarse moito mellor cos seus pais, Muffy empezou a falar diante dos seus pais e Willl volveu a chamarlle Stelly a súa irmá xa que cando eran pequenos el chamaballe así a súa irmá. En un trabajo de la asignatura de lengua ella cambió su nombre por el de Anne Fine.

NOTA: 7

Recoméndolle este libro a todos que teñan algún problema en casa.

Maldino DNI




O libro de maldito D.N.I. escribiuno Pepe Carballude é publicado por Xerais na colección Fora de xogo.
Olimpio Montes é biólogo e ten cincuenta anos e fixo un estudo cronoloxico da súa familia e daballe que ia morrer os oitenta anos e queria vivir os ultimos anos da súa vida moi tranquilo polo que imbenta o seu enterro e falsifica a partida de defunción para desaparecer por fin dos documentos fiscais un amigo seu desconfía e vai donda a muller de Olimpio e pediulle explicacións e a muller enfaduse con el pero el seguiu investigando pola súa conta e todo lle parecía moi raro.
Olimpio máis a muller decidiron vender o viveiro que tiñan, onde xa fixo algo que o puxo en algúns apuros. O que queira saber o final que o lea
Pareceume moi bo porque é un libro entretido.
NOTA 8

El Lazarillo de Tormes


El Lazarillo de Tormes é un libro que está escrito de un xeito anónimo.

Este libro trata dun rapaz pequeno moi pícaro chamado Lázaro que foi enxendrado no río Tormes porque o seu pai traballaba nun muiño. Ó seu pai ocorrelle a desgraza de que se volve pobre e non teñen nin para comer. Entón, a súa nai decide entregar a Lazaro a un cego debido a que eran moi pobres e eles non teñen forma de alimentar ó seu fillo. Co cego pasaba bastante fame pero conseguíu roubarlle algunha comida e estivo moi ben a forma na que lle conseguíu roubar o viño. O cego enterouse de que Lázaro lle bebera do viño que el bebía e a pesar de que lle collera bastante cariño acabou botando do seu lado, xa que lle roubaba comida e o cego quedaría sen nada. Despois consegue estar con outro amo máis pobre co outro e para coseguir levar algo de comer a boca tívolle que roubar a comida que o seu novo amo gardaba nun cofre. Cando o seu amo se enterou de que Lázaro lle roubaba a comida (e non era unha serpe como lázaro dicía) botouno da súa casa e díxolle que non o quería coidar máis porque senon acabaríalle con toda a comida. Despois tivo outro amo co que pasaba moita fame tamen e o único que comía el e o seu amo era migas e anacos moi pequenos de pan. Cando marcha de donde este amo, xúntase cun buldeiro co que segue pasando fame pero o que lle colleu moito cariño porque este non lle poñía nunca a man enriba. Despois decide ir a mendigar a unha praza e alí consege traballar de carteleiro ou de predicador de anuncios ou noticias. Se queredes saber que tal lle foi a Lázaro despois disto teredes que ler o libro.
A min este libro non me gustou moito porque esta escrito en castelán antigo e porque non me gustan este tipo de libros.

NOTA: 6

Pasión fútbol


Este libro trata de dous rapaces que querían conseguir cartos para comprar un aforo para ir ver os partidos dos Newcastle United. Pero non tiñan cartos suficientes. Entón decidiron ir roubar para conseguir os cartos aínda que a un dos dous non lle gustaba a idea e puxéronse a buscar polos descampados. Ó final da tarde xa estaba convencido e dirixíronse cara unha casa. Nesa casa non encontraron nada de valor, entón os dous decidiron ir roubar unha tenda e dirixíronse cara ela. Cando chegaron alí os dous estaban moi nerviosos e un deles estaba na porta buscando unha placa que puxera "pechado". Entón o outro dirixiuse ó dono e pideulle os cartos. Cando o rapaz se despistou o tendeiro tentou escapar pero o rapaz tirouse enriba. Se queredes saber o final do libro eu anímovos a ler o libro. O autor deste libro é: Jonathan Tulloch.




NOTA:8