sábado, 12 de marzo de 2011

A casiña azul


Editorial: Galaxia; Autora: Sandra Comino



Trata dunha nena chamada Cintia que foi abandonada pola súa nai e maltratada polo seu pai. Coas únicas persoas que conta é coa súa avoa materna, Pina, e co seu mellor amigo, Bruno.

Bruno e Cintia frecuentan moito a casa abandoada porque queren descubrir o segredo que agocha no seu interior. Un día chegaron uns homes que lle colgaron un cartel que dicía que a casa estaba en venda.

Varios días despois, Bruno decídese a pedirlle a Cintia que vaia con el ao baile da vila, que se celebra para celebrar o cambio da cor da casa. Cintia despois de escoitar a lenda na radio coma todas as noites, saíu coa bicicleta e veu como unha señora que saía da radio lle caera unha chave, ela colleuna e entrou, e alí veu unha historia dunha rapaza que se namoraba dun branco, pero non podía casar con el porque ela lle prometera a seu pai que nunca casaría cun branco. Cintia e Bruno deciden ir á casa azul... ¿Que pasara alí? ¿ Como acabará a vida de Cintia?...
NOTA:8´75

1 comentario:

Anónimo dijo...

muy bueno