miércoles, 29 de febrero de 2012

Consumir preferentemente


Autor: Raúl Vacas; Editorial: Anaya

Este libro ensínanos un par de poemas, é moi divertido e fácil de ler aínda que algúns poemas non se entenden moito...

NOTA:7

martes, 28 de febrero de 2012

Rudí Fuciños



Autor: Uwe Timm.

Editorial: Galaxia



Este libro trata dunha familia que foron de vacacións. Alí compraron unhas rifas e tocoulles un porquiño. O pai non quería pero as fillas convencérono. Rudí foi crecendo e non podían telo na casa, entón pagábanlle a un señor para que o coidara. O señor morreu e o porquiño foi vendido. As fillas convenceron a seu pai para encontrar a Rudí. Tiveron que ir vivir a un pavillón. O porquiño foi a mascota dun equipo pero non resultou. Despois...



NOTA:6

Contos do paxaro azul


Autora: Helena Villar Janeiro
Editorial: Sotelo Branco


Este libro trata da historia dunha gata chamada Clarisa que é a única gata contadora de historias, e tamén é a única que sabe os contos do paxaro azul. Nestas historias hai unha cidade chamada Lumislán, é moi pequena porque para iluminala basta coa luz do vagalume, Fosforelo. Nestes contos tamén está Tarnas, a raíña dos gromos, e Guillerme, que é un neno que fuxiu dun libro, porque el lle tiña moito medo ós ratos, e tamén está Alba, que vive cerca duns cisnes encantados, no país dunha lagoa azul.

NOTA:5

O achado do castro



Editorial: Sotelo Blanco, Autor: Manuel Núñez Singala



Trata de dous namorados que non poden vivir o seu amor, porque ningún dos seus pais están de acordo coa súa relación.


O pai dela era emperador e a nai del era unha comercianta moi rica.


Ao final despois de moitos acontecementos graciosos, eles acaban xuntos e o pai dela e a nai del acaban casando.



Nota:10

Consumir Preferentemente







Escrito por: Raúl Vacas. Editado por Anaya


Este libro fala do amor, e que se consume coma se fóra unha tenda , non me gustou moito por pola poesía.



NOTA: 5

O mundo secreto de Basilius Hoftman


Autor: Fernando M. Cimadevila
Editorial: Urco



Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Peter que durante o transcurso das vacacións unha especie de felino entra no cuarto da habitacion na que el durmía na casa de seu tío Basilius.

O seu tío, cando veu o felino, decidiu ensinarlle a Peter a cidade dos tellados. Aquela cidade era gobernada por Rivka, unha especie de muller gato. Aquela muller deulle as respostas que precisaban. Tras aquela visita a cidade dos tellados Peter e seu tío embarcáronse en moitas aventuras na procura dunha máscara e dun bastón que gobernaba o poder daqueles felinos. O bastón e a máscara están no poder de Gabriel, o inimigo de Hoftman....





Nota:7

Coleccionista de momentos

Editorial:Lóguez ediciones, Autor: Quint Buchholz

Este álbum ilustrado gustoume, ensina como só cos recordos podemos volver a vivir algo que nos guatou e recordar a alguén que xa non o podemos ver pero que o seguimos querendo aínda que non estea cerca.


Nota:8

O mundo secreto de Basilius Hoffman




Editorial:URCO, Autor: Fernando M. Cimadevila




Este libro trata de dous homes, Peter e Basilius, que era un arqueólogo e Peter era o seu sobriño.

Basilius investigaba uns felinos da antigüidade e viaxaron á cidade de tellados e por moitos máis sitios.


El quere encontrar o diario do cartógrafo, Peter foi secuestrado e o seu tío Basilius rescatouno.

Tras diversas expedicións a procedencia é dos felinos que querían roubarlle os soños a Peter e o motivo polo que Riuca se convertera en felina deuse...



Nota: 5

lunes, 27 de febrero de 2012

memorias dun neno galego



Escritor: Xosé Neira Vilas , editorial: Galaxia.


Este libro conta a historía dun neno labrego chamado Balbino, un neno pobre, que nos conta como se vivía naquela época, o loito de catro anos que tiñan que gardar polos mortos, como eran as persoas maiores con el, como seu irmán Miguel emigrou a América e todo o relacionado con esa época...












NOTA: 6

Consumir Preferentemente



Editorial:Anaya, Autor: Raúl Vacas



Este libro é poético, hai algún que me gustou e outros que me pareceron chorradas.

Os que máis me gustaron e me transmitiron algo foron:

Pos-it


Prometo



Nota: 6

sábado, 25 de febrero de 2012

Las pelirrojas traen mala suete



Autor: Manuel L. Alonso
Editorial: Afaguara




Este libro cóntanos a historia dunha rapaza que trata de encontrar o amor ao mesmo tempo que intenta escapar dun policía que a intenta eliminar, xa que ela sabe a verdade sobre un roubo que cometera o policía. O compañeiro de aventuras da rapaza e un mozo veciño dela .

Un dia o policía colleuna e violouna pero grazas ao seu amigo lograron zafarse del e despois coa axuda do pai do mozo e dun gardaespaldas......


Nota: 7

jueves, 23 de febrero de 2012

Consumir Preferentemente



Autor: Raúl Vacas. Editorial: Anaya



Este libro vai de poemas. O que máis me gustou foi un "Poema en blanco", e o poema: "Me enamoré de 8 a 11 de 7 a 10 en Canarias".



NOTA:6

Memorias dun neno labrego



Aotor: Xose Neira Vilas. Editorial: Galaxia



Este libro trata dun rapaz moi pobre ao que seu pai lle pegaba. A nai de Balbino estaba moi triste porque non tiña recursos para saír adiante. O neno escribe nun caderno todo o que lle ocorría todo o día. Soñaba con ser un escritor, facerse famoso e ser rico. Balbino odiaba os nenos ricos porque non sabían traballar. Un día Balbino manchoulle a cara a un neno rico e...



NOTA: 4

miércoles, 22 de febrero de 2012

O Achado Do Castro


Autor: Manuel Núñez Singala; Editorial: Sotelo Blanco

Esta obra de teatro trata duns namorados que se chaman Manolitus e Carmiñae; esta era a filla do emperador de Galaecia, o emperador non a deixaba estar con Manolitus, que era o fillo da Arpexia, a comercianta máis rica do pobo, eles queríanse moito e querían casar pero os pais non estaban de acordo e case os matan. No medio da obra tamén aparece a historia de Catulo e Caleno que eran dous ladróns...


NOTA: 7

martes, 21 de febrero de 2012

O mundo secreto de Basilius Hoffman



Editorial: Urco. Escrito por Fernando M. Cimadevila



Este libro cóntanos a historia dun home chamado Basilius e ten que coidar do seu sobriño chamado Peter durante as vacacións. Pero, ao durmir, unha especie de felino rouba os seus soños. Entón Peter e o seu tío Basilius van falar coa raíña da cidade dos Tellados e esta dille que aquel felino é o que quería. Cando se decataron de que lle querían roubar os soños foron de aventuras en busca dun bastón e dunha máscara



Nota: 7

lunes, 20 de febrero de 2012

Consumir preferentemente





Editorial: Anaya Escrito por: Raúl Vacas





Este libro gustoume, pareceume bastante entretido e estivo moi ben por algúns poemas, tamén me pareceu divertido por algúns outros.






Nota:6