sábado, 26 de febrero de 2011

Cousas de rapazadas


Editorial Alfaguara. Autor: Peter Bichsel


O libro ten varios contos que non teñen nada en común:
1º conto: Trata dun home que emprende unha viaxe polo mundo en liña recta para saber se a terra é redonda.

2º conto: Trata dun home que crea o seu propio idioma cambiándolle os nomes a todo.

3º conto: Trata dun home que contaba historias e un dia dixo que existía un novo continente pero niguén o creu, pero o rei mandou un home mirar se era certo e asi foi.

4º conto: Trata dun home que era inventor e vivía afastado do resto do mundo, e tanto se concentrou nun invento que botou moitos anos encerrado sen saír da súa casa; cando chegou á cidade para mostrar o seu invento que era unha televisión xa existía e quedou impresiondo como avanzara todo.

5º conto: Trata dun home que tiña moita memoria e estaba todos os días na estación de tren e sabía todo sobre eles, a que hora marchaban, cal era o seu destino, as súas deviacións, etc. Un día chegou a traballar un home novo na estación que tiña o que sabía nos libros e entón enfadouse e marchou e púxose a contar escalóns, porque iso non viña nos libros.

6º conto: Trata dun home que so falaba do seu tio Iódok cando lle pedian que contase unha historia falaba de Iódok e asi sempre asta que so lle quedou esa palabra.

7º conto: Trata dun home que non quería saber nada e encerrouse na habitación para non saber nada ata que a súa muller lle dixo que non sabía nada porque aínda non sabía falar chinés, entón o home pensou e despois de moito pensar púxose a estudar chinés.
NOTA: 7

No hay comentarios: