martes, 19 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Matilda é unha nena de oito anos, superdotada, que é tratada mal pola súa propia familia. Aprende a ler soa, mirando os xornais do pai. Logo vai todas as tardes á biblioteca a ler, e devora absolutamente todos os libros que lle poñan diante.
O pai de Matilda dedícase a vender coches estafando á xente. A Matilda non lle gusta esta actitude e víngase do pai, polos malos tratos e por mala persoa, de diferentes xeitos.
Cando Matilda comeza o colexio, a súa profesora percátase de que a rapaza é extraordinaria. Fala coa directora para cambiala para un curso superior, pero esta resulta ser unha bruxa mala que só pensa mal dos nenos e nenas do colexio.
A nena e a profesora fanse moi amigas e pasan tardes xuntas; así Matilda descobre a verdadeira vida da profesora e da directora e decide intervir.
E xa non vos conto máis.
Matilda é un libro moi divertido que nos fai rir e cavilar en que ser superdotado tampouco é unha opción moi boa. Gustoume moito o final. Se a comparo coa película, terei que engadir que me gustou máis o libro, a película é un pouco fantástica de máis.


NOTA: 7

No hay comentarios: