miércoles, 5 de marzo de 2008

Las aventuras de Tom Sawyer


O último libro que lin é Las aventuras de Tom Sawyer e o seu autor é Mark Twain.
Este libro trata das aventuras dun rapaz chamado Tom Sawyer. A súa tía Polly estaba chamando por el para que fose merendar pero el non se daba conta de que Polly o estaba chamando porque estaba encerrado no soto comendo cousas azucradas. A súa tía estaba bastante preocupada porque xa había algún tempo que non sentira a Tom na casa e decidiu ir mirar á despensa para ver se estaba alí. Cando abre a porta e ve que alí esta o seu sobriño bótalle unha bronca moi grande porque a ela non lle gustaba que tomase cousas azucradas pero el nunca lle facía caso. Polly castigou a Tom sen saír da casa cos amigos porque el non lle fixera caso. Un día Tom, xa farto de tantos castigos e de tantos berros, decide marchar da casa porque xa non aguantaba que a súa tía non lle deixase comer o que el quixese e lle berrase por todas as cousas que el fixera. Mentres escapaba encontrouse con un dos seus mellores amigos, Joe. Tom cóntalle que está marchando da casa e dille se quere acompañalo. Joe dille que si e vanse vivir a un bosque e, para non aburrirse, deciden xogar a que son piratas e deciden ir buscar a outro amigo deles chamado Huck. Deciden facelo prisioneiro e ao final aliouse con eles e fixéronse os tres piratas do mesmo bando. En principio estábano facendo de broma porque estaban xogando a ser piratas pero un día descobren a uns homes falar sobre un tesouro que estaba soterrado no medio dun bosque.... Se queredes saber máis deste libro teredes que leelo.
Este libro gustoume porque está moi ben e porque me gustan os libros de aventuras.

NOTA: 7

martes, 4 de marzo de 2008

As aventuras de Pinocchio


Este libro está escrito por Carlo Collodi.

Pinocchio foi feito dun anaco de madeira. O home que o creou chamábase Geppeto. Geppeto era un home pobre que quería facer un monicreque. Cando xa tiña rematado o monicreque, este empezou a gastarlle bromas. Cando Pinocchio xa se fixo algo maior o seu pai queríao mandar á escola, pero faltáballe o silabario. Geppeto vendeu o seu abrigo para poder comprarllo. Esa mañá cando Pinocchio saíu da casa para a escola encontrou un teatro no medio dunha rúa, el decidiu vender o silabario para poder mercar unha entrada. Alí coñeceu a varios monicreques e o xefe deulle cinco moedas de ouro. Cando volvía de volta para a casa encontrouse cun golpe e cun gato, estes dicíanlle que podía ter moitos mais cartos se plantaba as moedas nunha leira. Estes empezaron a gastarlle bromas ata que o colgaron dunha póla. Unha fada salvoulle a vida, ela encariñouse con el e mandou chamar ao seu pai para poder vivir todos xuntos. Pinocchio botouse a correr polo camiño e perdeuse ata que se fixo can de garda nunha casa. Cando Pinocchio se dispoñía a volver para a casa da fada viu unha lápida co seu nome. Despois de todo o que lle ocorrera decidiu facerlle caso ao seu pai e ir á escola. O primeiro día todos os nenos burlábanse del. Coñeceu a Mecha co que tivo moitas aventuras. Pero un día cando xa non querían ir á escola marcharon para o país dos enredos e volvéronse burros. Pinocchio foi para un circo e Mecha para unha casa. Finalmente Pinocho encontrou ao seu pai e volveuse un neno.

Eu penso que este libro está ben para a xente que lle gusten as aventuras.

NOTA: 9