sábado, 26 de febrero de 2011

Cousas de rapazadas


Editorial Alfaguara. Autor: Peter Bichsel


O libro ten varios contos que non teñen nada en común:
1º conto: Trata dun home que emprende unha viaxe polo mundo en liña recta para saber se a terra é redonda.

2º conto: Trata dun home que crea o seu propio idioma cambiándolle os nomes a todo.

3º conto: Trata dun home que contaba historias e un dia dixo que existía un novo continente pero niguén o creu, pero o rei mandou un home mirar se era certo e asi foi.

4º conto: Trata dun home que era inventor e vivía afastado do resto do mundo, e tanto se concentrou nun invento que botou moitos anos encerrado sen saír da súa casa; cando chegou á cidade para mostrar o seu invento que era unha televisión xa existía e quedou impresiondo como avanzara todo.

5º conto: Trata dun home que tiña moita memoria e estaba todos os días na estación de tren e sabía todo sobre eles, a que hora marchaban, cal era o seu destino, as súas deviacións, etc. Un día chegou a traballar un home novo na estación que tiña o que sabía nos libros e entón enfadouse e marchou e púxose a contar escalóns, porque iso non viña nos libros.

6º conto: Trata dun home que so falaba do seu tio Iódok cando lle pedian que contase unha historia falaba de Iódok e asi sempre asta que so lle quedou esa palabra.

7º conto: Trata dun home que non quería saber nada e encerrouse na habitación para non saber nada ata que a súa muller lle dixo que non sabía nada porque aínda non sabía falar chinés, entón o home pensou e despois de moito pensar púxose a estudar chinés.
NOTA: 7

viernes, 25 de febrero de 2011

El grito de la grulla


Editorial Edelvives. Autor: Samuel Alonso Omeñaca


Este libro conta a historia dun neno, Junichiro, e da súa familia que sufriu unha terrible experiencia, que foi a guerra en Xapón. O seu pai é piloto, e o neno quere ser coma el. O seu pai tamén lle mandaba cartas a el e a súa nai. O libro tamén nos fala das grullas que representan o amor, a amizade, a esperanza...


Nota:6

Os MegaToxos e o aprendiz de druída


Editorial A Nosa Terra. Autor:Anxo Fariña.


Este libro cóntanos a historia de catro rapaces, Ninfa, Faísca, Lúa e Ruxe. Son uns rapeces que entran novos na escola, pero teñen un inesperado accidente, no que eles e mais a profesora Larafuzas pícanse cun toxo mutante, e isto fai que os cinco desenvolvan unha especie de poderes sobrenaturais. E aquí comezan as súas aventuras na procura do toxo, para atopar un antídoto para volveren a ser eles mesmos. Conseguirano???
NOTA: 7

jueves, 24 de febrero de 2011

Jugar con fuego


O autor é Henning Mankell, da editorial Siruela




Este libro é a segunda parte de El secreto del fuego.




Agora segue a contar a historia de Sofía,unha nena africana que tivo un accidente cunha mina no que ela quedou sen as dúas pernas e súa irmá María morreu. Neste libro séguenos a contar todos os sufrimentos e alegrías da rapaza como a terrible enfermidade que contrae a súa irmá maior, Rosa, que ten dezasete anos, cóntanos como colle a enfermidade e o seu proceso ata o fin, tamén cóntanos o primeiro amor de Sofía, un rapaz descoñecido...


NOTA: 9

Contos de maxia III


Os autores son Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro.

Editorial Xerais.




Este libro ten catro contos: no primeiro trata de que abandoan ao fillo por un río e por circuntancias casa coa súa irmá. No segundo trata de dous amgos inseparables; un morre e o outro non é capaz de superalo. N o terceiro unha familia moi pobre ten un fillo e ninguen quere ser o padriño. O final é a morte e por circunstancias a morte fai que o afillado...No cuarto trata de dous irmás que un decide marxar a coñecer mundo e dille o outro que cando...



NOTA: 6

O carteiro de Bagdag


Editorial Tambre, escrito polo autor Marcos S. Calveiro.

É unha historia dun neno de Bagdag chamado Abdulwaid que vive con seus pais, o pai é carteiro e arrisca todos os días a súa vida para entregar as cartas, posto que están en guerra; el non pode saír da casa porque é moi perigoso e tampouco xogar co seu amigo Ahmet xa que é doutra raza e os pais non os deixan... A guerra é insoportable, todos os días se levanta escoitando bombas, con olor a pólvora e o ruído das ambulancias, as árbores xa non medran e todo está triste. Un día o pai chegou ferido á casa, encontrábase moi mal, a nai foi a ver se lle conseguía algunha medicina, mentres el queda coidando o pai, quen lle pide un favor para que o cumpra, prométello e decide facelo para que se salve.......


NOTA: 7

miércoles, 23 de febrero de 2011

Contos de parvos e pillos II


Editorial:Xerais, escrito por Xosé Miranda e Antonio Reigosa



Este libro é a continuación de Contos de parvos e pillos I, un libro moi gracioso, con historias todavía máis disparatadas que na primeira parte.



Nota:7

martes, 22 de febrero de 2011

A paixón de Alexandra


Editorial Xerais. Autor: Xulio Ricardo Trigo


Esta historia trata dunha rapaza á que lle gusta a lectura e a música de Bjork, que é unha cantante.

Entabla amizade cunha compañeira de clase. Isto levaríaa descubrir en internet un espazo de persoas que liberan libros, a través disto entran en contacto cun personaxe que deixa libros nos cafés...


Nota: 7

domingo, 20 de febrero de 2011

A abella abesullona



Editorial Galaxia. Autor: Manuel Janeiro Casal.









Este libro conta a historia dunha abella que tiña un problema porque na súa colmea non atopaban mel para poder pasar o inverno. A raíña mandouna ir buscar flores, entón ela foi preguntando a outros insectos onde podería encontrar flores. A partir diso a abella vivirá novas emocións e coñecerá a alguén que lle cambiará a vida.






NOTA: 7

jueves, 17 de febrero de 2011

O home que plantaba árbores


O autor deste libro é Jean Giano; publicado na editorial Galaxia.



Este libro trata sobre un home que vai de vacacións a unha terra erma, onde coñece a un pastor, chamado Eleazar Bouffier, que co tempo descobre que selecionaba cen landras para ir plantando e dedicando a plantar novas especies de árbores e máis cantidade, as primeiras árbores ían crecendo... De alí a uns anos voltou a ver como lle ía o señor e descubriu algo moi fermoso....
NOTA: 5

miércoles, 16 de febrero de 2011

Silencio no corazón



Editorial: Galaxia. Autor:Jaume Cela








Este libro trata sobre como viven a guerra civil dous rapaces de aldea duns trece anos. Narra as grandes traxedias que nesta época se suceden sen que eles renuncien os seus soños.
NOTA: 7

martes, 15 de febrero de 2011

No Corazon do Bosque


Editorial: Anaya. Escrito por Agustín Fernández Paz


Este libro vai dunha nena que vai a unha excursion e un trasno se lle mete na mochila e pola noite a nena dáse conta del e ao cabo do tempo o trasno e mais ela fanse amigos, pasan moito tempo xuntos e ata o leva á escola para que lle axudara cun neno moi pesado que se metía con ela; ao final todo volve a ser normal. Un día atopase cunha trasniña e.....
NOTA:6

domingo, 13 de febrero de 2011

Cando petan na porta pola noite


Este libro é de Xabier Docampo e da editorial Xerais


Este libro consta de catro contos que non está ningún relacionado, só nos tres primeiros coa morte despois non teñen relación ningunha .


NOTA: 6

sábado, 12 de febrero de 2011

Cando petan na porte pola noite


Publicado pola editorial Xerais. Escrito por Xabier P. do Campo






Trata de catro historias relacionadas con relatos de terror que están moi ben.




Nota:7

jueves, 10 de febrero de 2011

Cando petan na porta pola noite



Publicado por edicións Xerais. Escrito por Xabier P. Docampo.



Trata de catro historias relacionadas con relatos de terror.
NOTA:6

A abella abesullona


Editorial: Galaxia. Autor: Manuel Janeiro.


Este libro trata dunha abella que na súa colmea non atOpaban flores, por iso mandárona a buscalas. Polo camiño vaille preguntando a moitos insectos se saben onde atopalas, ata que un deles lle di onde están. A abella vaillo contar ás demais. E ao final vaise a vivir cunha abella que coñece.



NOTA:4,5


O diario vermello de Carlota


Editorial Galaxia. Autora: Gemma Lienas

Trata dunha adolescente chamada Carlota, que decide facer un diario no cal fala sobre a sexualidade e as súas experiencias.

Ela está moi confundida no tema do amor, por unha parte está Flanagan, un chico que coñeceu na estación o día que lle roubaron o moedeiro, el tamén escribe un diario vermello coas súas experiencias, xa que lle pareceu moi interesante a idea de Carlota. Flanagan foi co que experimentou as súas primeiras relacions sexuais.

Por outra parte está Koret, que é un chico tres anos maior ca ela.

Carlota ten que decidir con cal quere quedar e con quen vai finalizar o seu diario vermello que ten moitos temas: Como conseguir mellores relacións sexuais ata embarazos non desexados...


NOTA: 8,75

A toupiña cegarata


Publicado pola editorial Galaxia, a autora é Ánxela Gracián.


A toupiña cegarata chamábase Veluciña, quen era moi forte e valente, que vivía coa súa familia na finca de Paco; pero este rexeitábaas e mercou un can para que acabase con elas. Comezaron a xurdir diferenzas entre elas posto que a protagonista consideraba que había un traidor entre elas.
NOTA: 10

martes, 8 de febrero de 2011

No corazón do bosque


De Agustín Fernández Paz, publicado pola editorial Anaya



Este libro trata dunha nena chamada Raquel que vai de excursión ao bosque. Mentres tiña a mochila no chan metéuselle un trasno. Fixéronse moi amigos. Todas as noite contábanse historias. A nena estaba moi triste porque un rapaz da súa mesa metíase con ela. O trasno decidiu ir con ela para axudala. Dende aquela a nena foi moi feliz ata que...
NOTA: 9

domingo, 6 de febrero de 2011

Contos de parvos e pillos I


Do colectivo "Cabalo Buligán" e publicado pola editorial Xerais.


Este libro consta de varias historias inspiradas en todas as épocas, dende a antigüidade ata historias fantásticas; os protagonistas destes contos teñen en común que todos fan accións disparatadas.


NOTA: 7

viernes, 4 de febrero de 2011

Das cousas de Ramon Lamote


Publicado por edicións SM, foi Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil. O seu autor é Paco Martín

Este libro conta moitas historias que teñen en común o protagonista que se chama Ramon Lamote; fan cousas moi divertidas e irreais.



Nota: 7

martes, 1 de febrero de 2011

Cando petan na porta pola noite


Libro de Xabier Docampo publicado pola editorial Xerais.


Este libro consta de varios contos que teñen en común o fantástico, a morte, o destino...
NOTA: 6