jueves, 20 de diciembre de 2007

O centro do labirinto


Este é o terceiro que lin. O seu autor é Agustín Fernández Paz.
Este libro tratra dunha muller chamada Sara que ten un fillo chamado David. Estes viven en Berlín. Sara é unha muller que viaxa moito por culpa do traballo. Este verán Sara tivo que viaxar a Compostela a ver uns petróglifos. David esta vez decidiu viaxar con ela e coñecer como era Compostela. Esta mañá saíu co seu aeuromóbil dar unha volta, pero nesa saída tivo un accidente. O seu aeuromóbil chocou contra unha árbore. A xente do vila máis cercano collérono e levárono para a súa casa, xa que este perdera o sentido. A súa nai tiña uns compañeiros de traballo chamados Walter e Frida e coa axuda destes mandou a policía na procura do seu fillo. David estaba todo o tempo custodiado por unha rapaza chamada Brenda. Pouco a pouco fóronse namorando. Sara estivo moito tempo roldando o lugar do accidente. Nunca conseguira probas para poder demostrar que o seu fillo tivera o accidente nesa zona. Sara encontrou o pendente que David levaba posto. Ela sempre lle contaba todo a Walter , pero este xunto con Frida querían facer desaparecer a Sara xa que crían que era unha boa oportunidade.
David e Brenda decidiron vivir xuntos, David foi aprendendo palabras daquel costume de vida xa que era moi distinta a súa. Sara enterouse do que lle querían facer os seus amigos e xunto con todo o mundo daquela vila sacaron e buscaron información para xustificar o porqué querían botar a xente das aldeas. Sara voltou para Berlín e David quedou alí con Brenda e este díxolle que se algún día tiña que marchar de alí voltaría se ela non marchaba con el.

Este libro gustoume porque trata de moitas cousas pero sobre todo de aventura.

Recoméndollo a todas as persoas que lle guste a aventura.

NOTA: 8

1 comentario:

probandoestacousa dijo...

OlAAAA!!!!!!! somos dous alumnos do CAP e estivemos vendo o voso blog. Nós tamén lemos O centro do labirinto e tamén nos gustou moito, como moitas obras de Agustín Fernández Paz, así que vos animamos a que sigades lendo moito e a que continuedes co blog. Un beixo