jueves, 31 de marzo de 2011

Menú de enganos





O autor é Manuel Núñez Singala, editorial Galaxía





Este libro é moi curioso porque está dividido como se fose unha carta de comidas .Gustoume a sobremesa porque conta contos pequeniños sobre vellos e a súa morte...





NOTA: 6

A Cidade Dos Desexos


Autor:Agustin Fernández Paz Editorial: Xerais


Trata duns catro rapazes que son amigos e sempre ían ao parque para quedar xuntos pero como era inverno e chovía tiñan un baixo que estaba abandonado que lle chamaban "o refuxo". Un día cando ían para alí atopáronse con algo moi diferente: o refuxo estaba en reformas. Eles ían día tras día mirar que ían facer co seu refuxo, despois de días de espera acabaron de reformalo. Eles só vían unha placa que poñia C.I.P.F pero non vían entrar a ninguén, entón decidiron entrar eles pero só habia unha muller. Preguntáronlle para que servía ese sitio e ela contestoulle que para cumprir desexos, despois ían todos os días alí e fixéronse amigos dela; entón ela un día díxolle que lle ía cumprir tres desexos...


NOTA: 5

miércoles, 30 de marzo de 2011

O Carteiro de Bagdad


Escrito por Marcos S. Calveiro; editorial Tambre



Este libro trata sobre unha familia que vive en Bagdad. O home chamado Ibrahim traballaba de carteiro, naquel momento estaban en guerra e Ibrahim sufrira un accidente de moto. Ao sufrir o accidente pídelle ao seu fillo, Adbulwahid, que tiña que entregar unha carta. Consegue o enderezo grazas ao primo dun amigo seu. Ao chegar á casa era un home de avanzada idade, e na carta estaban as sementes da árbore da vida....


Nota:6

jueves, 17 de marzo de 2011

O carteiro de Bagdag


Este libro escribiuno Marcos Calveiro; editado pola editorial Tambre


Trata dunha familia sunita que vive as aforas da cidade de Bagdag, o pai era carteiro e a nai coidaba do rapaz. O home un día sufriu un accidente no seu traballo, caeu da motocicleta. Ao caer da motocicleta quedou bastante magullado, o que lle impediu facer o seu traballo, por iso lle encargou o seu fillo a tarefa de entregar unha carta. O rapaz para facer o traballo pediulle a un amigo que o axudara.

Made in Galiza

Autor: Sechu Sende. Editorial: Galaxia
Este libro narra unha serie de relatos curtos nos que en case todos eles se critica as persoas que sendo Galegas desprecian o galego ou aqueloutras que pensan que para educar os seus fillos é mellor facelo en castelán.


NOTA: 7

O home que plantaba árbores


Editorial: Galaxia. Autor: Jean Giono


Había unha vez un home que vivía só na súa aldea . Dedicábase a escoller landras e sementes de árbores para plantalos todos os días. Co tempo a aldea abandonada foi recobrando vida e empezou a vir xente........


NOTA: 5

A expedición do Pacífico


A autora é Marilar Alexandre. Editorial Xerais



Trata dunha expedición que tardaban tres anos en volver á casa. Emilia era unha rapaza de once anos que soñaba con ir á expedición pero naquel momento as mulleres non podían ir a ningún lado. Ela meteuse no camarote de seu irmán. Descubreuna e convenceuno para que fose con el. Ela namorouse de Diego, amigo de seu irmán. Uns días despois houbo unha tormenta e Diego salvouna de caer pola borda. Durante a travesía pasáronlle moitos imconvenientes porque os do goberno decidiron non gastar máis cartos na expedición pero a pesar diso decidiron continuar. Despois de rematar a expedición eran moi poucos os que sobreviviron, en agradecemento fixéronlle unha cea. A filla do gobernador besou a Emilia e ela contoulle a súa historia, a nena mandou que lle fixeran un vestido para a súa presentación. Diego sabía que era unha rapaza pero...


NOTA: 3

O carteiro de Bagdad


Editorial: Tambre; Autor: Marcos Calveiro


Trata dun neno de 11 anos que vive con seu pai (Ibrahim); este traballa como carteiro e reparte as cartas cunha motocicleta; a nai (Fatiha) vive nun barrio chamado Carrada situado en Bagdad, o neno non podía ir á escola e a nai non saía da casa debido a que o único día que non botaban bombas eran os venres.

O pai cada día arrisca a súa vida para repartir as cartas. Cando o pai chega de repartilas o neno pregúntalle cousas, entre elas de onde veñen as cartas que reparte cada día. Como están en guerra o neno non pode acompañar a seu pai a rezar, porque é moi arriscado. O neno de alí a uns días encontra limpando a súa nai unhas manchas de sangue na parede. Ela cálmao, pero el xa hai moito que non lle ve a cara a súa nai. O pai cóntalle que queimaron os libros das bibliotecas, el ten un accidente....



NOTA:6

O carteiro de Bagdad


Autor: Marcos Calveiro. Editorial: Tambre



Este libro narra o día a día dun carteiro en Bagdag e mais da súa familia. Este carteiro realizaba o seu traballo en motocicleta ata que un desgraciado dia sofre un acidente e lle encarga ao seu fillo que lle leve unha inportante carta a un señor. Este, coa axuda do seu mellor amigo e mais co primo deste, intentarán levar o sobre ao seu destino.



Nota: 7

martes, 15 de marzo de 2011

Tristes Armas


Editorial: Xerais, Autora: Marina Mayoral.



Trata dunha parella que debido a Guerra Civil Española, teñen que mandar as súas fillas (Rosa e Harminía) para Rusia, onde fan novos amigos e estudan ata que se fan unhas mulleres de ben, a nai (Carmen) é enfermeira e traballa coidando os feridos procedentes da guerra, o pai (Miguel) traballa como soldado; el morre na guerra por salvar a un amigo seu da infancia que estaba no bando oposto, o cal tamén morre xunto coa súa filla ao intentar fuxir.

Carmen marcha de España e tempo despois empeza a traballar de criada nunha oficina, o seu xefe namórase dela, debido a unha serie de circunstancias ela acaba casando con el. Harmonía namórase dun neno e el tamén dela. As nenas conseguirán voltar para Galicia? Triunfará o amor de Harmonía? Que sucederá con Rosa?...



NOTA:7

sábado, 12 de marzo de 2011

A casiña azul


Editorial: Galaxia; Autora: Sandra Comino



Trata dunha nena chamada Cintia que foi abandonada pola súa nai e maltratada polo seu pai. Coas únicas persoas que conta é coa súa avoa materna, Pina, e co seu mellor amigo, Bruno.

Bruno e Cintia frecuentan moito a casa abandoada porque queren descubrir o segredo que agocha no seu interior. Un día chegaron uns homes que lle colgaron un cartel que dicía que a casa estaba en venda.

Varios días despois, Bruno decídese a pedirlle a Cintia que vaia con el ao baile da vila, que se celebra para celebrar o cambio da cor da casa. Cintia despois de escoitar a lenda na radio coma todas as noites, saíu coa bicicleta e veu como unha señora que saía da radio lle caera unha chave, ela colleuna e entrou, e alí veu unha historia dunha rapaza que se namoraba dun branco, pero non podía casar con el porque ela lle prometera a seu pai que nunca casaría cun branco. Cintia e Bruno deciden ir á casa azul... ¿Que pasara alí? ¿ Como acabará a vida de Cintia?...
NOTA:8´75

viernes, 11 de marzo de 2011

Matilda


Autor: Roald Dahl. Editorial: Alfaguara



Matilda era unha nena que vivía con seus pais e seu irmán. Os pais tratábana moi mal, insultándoa todo o día . O pai traballaba de vendedor de coches. A nai todas as tardes marchaba xogar ao bingo e Matilda ía para a biblioteca; pasaba horas lendo libros e a señora Selphes quedaba abraiada cunha nena tan pequena que ía soa e sabía ler dese modo. Un día cansouse de que os pais a insultaran sempre e empezou a pagarllas dunha forma moi especial, desaparecíanlle cousas, aparecían outras, mesturaba produtos, ect. Cando empezou o colexio xa tiña 6 anos e medio e cando a señorita Honey empezou a preguntarlle o que sabían, decatouse de que a nena era superdotada. A señorita Honey foi falar coa directora pero non lle fixo caso ningún.

A directora era moi mala cos nenos e facíalles un exame semanal. A amiga de Matilda meteulle unha salamandra no vaso. A directora botoulle a culpa a Matilda e ela púxose moi alterada. A nena foi a casa de Honey e enterouse que a directora era a tía que a maltrataba de pequena. Cando foi o exame semanal co poder que tiña a nena escribiu no encerado...


NOTA: 10

O home que plantaba árbores


Autor: Jean Giono. Editorial: Galaxia



Eliazar Bouffier era un home xove o cal dicidiu vivir unha aventura; foise coa súa mochila polo mundo ata atopar unha aldea onde coñeceu a un home que o invitou a quedarse na súa casa.

Aquel home todos os dias collia 100 landras e as plantaba, cando Eliazar lle preguntou porque facía iso todos os días el contestou que o facia porque...


Nota: 3

jueves, 10 de marzo de 2011

Tonecho de Rebordechao



O autor é Breogán Riveiro; publicado na editorial Galaxia.




Este libro trata dun neno chamado Tonecho, que vivía nun lugar chamado Rebordechao, ía ao colexio, e con que mellor se levaba era con Kevin, un gordecho comellón; os dous estaban namorados da profesora. A Toneño sempre lle ocorría algunha historía como cando se metía nas casas abandoadas a cotillear e un día levou un susto, pero esa no foi a peor senón un día que foi pasear ao monte co seu can o Langrán e sempre ía ata un castiñeiro seco pero ese día a curiosidade fixo que seguise polo camiño, nun montiño máis adiante sorprendeuno unha ......


NOTA:7

Oposiciones a bruja y otros cuentos


Autor: José Antonio del Cañizo. Editorial Anaya



Este libro trata de cinco contos. O primeiro conto trata de que a un rapaz lle suceden cousas estrañas e resulta que é unha meiga dende... O segundo trata de que un rei trae un tesouro e mándalle a un arquitecto construír un soto do que só el soubese o código. O rei mandou matar o arquitecto pero del... O terceiro trata dunha princesa moi obediente que un día cansou e... O cuarto trata dun home que fai inventos pero que tarda doce anos... O quinto trata de que a Terra quere entrar na galaxia e...




NOTA:5

A casiña azul


Editorial: Galaxia. Autora: Sandra Comino


Este libro trata dunha rapaza que vive con seu pai , pero el maltrátaa e sempre acababa recurrindo a súa avoa .
Un día ela e mais o seu amigo van acudir a unha festa, e nesa festa prodúcese o cambio de cor dunha casiña, Cintia e mais o seu amigo Bruno intentarán descubrir porque se produce ese cambio...
NOTA:8

Matilda


Edición Alfaguara, escrito por Roald Dahl



Este libro trata sobre unha rapaza de cinco anos que é superdotada, os seus pais tratábana mal, o seu pai era estafador, vendía coches trucados moi caros e a súa nai non facía nada, gastaba os cartos. Matilda ía a unha escola onde había unha directora que era moi mala chamada Trunchbull, que castigaba aos rapaces meténdoos nunha gaiola, e daba moito medo a todos os da escola. Matilda un día foi á casa da señora Trunchbull coa súa profesora a señorita Honey.
NOTA:7

miércoles, 9 de marzo de 2011

Abella abesullona


Editorial: Galaxia; Autor: Manuel Janeiro Casal



Trata dunha abella que tiña un problema porque na súa colmea non atopaban mel para poder pasar o inverno. A raíña mandouna ir buscar flores, entón ela foi preguntando a outros insectos para ver onde podía atopalas, ata que un insecto lle dixo onde, ela regresou á colmea e comentoullo á raíña, dende ese día as cousas para a abella abesullona cambiaron. ¿ A que se debería? ...


NOTA:7

martes, 8 de marzo de 2011

Matilda


Edicions Alfaguara; escrito por Roald Dahl


Este libro trata dunha nena que é despreciada polos pais por ser moi lista, pero a súa profesora si admite que ten moita intelixencia, ata que un día descobre que ten poderes de mover as cousas coa mente, a súa directora a señora Trunchbull era moi mala, castigaba aos nenos nunha gaiola e insultábaos; á súa vez ela era a tía da señorita Honey. Un día Matilda e mais a súa profesora decidiron ir darlle un escarmento á casa da directora que era a casa do pai da señorita Honey; ela quería recuperala e ao final deuna recuperado grazas á axuda de Matilda, ao día seguinte os pais de Matilda escapaban porque eran perseguidos pola policía por vender coches en mal estado.


NOTA:9

lunes, 7 de marzo de 2011

A abella abesullona



Autor: Manuel Janeiro. Editorial: Galaxia





O conto trata dunha abella que lle chaman "Abesullona", era verán e non había moitas flores para coller o polen, así que a raíña mandouna explorar e ver se encontraba flores porque se non ían pasar un inverno moi malo, a Abesullona saíu en busca de flores e íalle preguntando a todo animal que vía a ver se sabían onde as había pero todos lle dicían o mesmo; cando ía caendo a noite atopouse cunha abella solitaria, fixerónse moi amigas, e ata durmeu na súa casa, ao día seguinte moi cedo a Abesullona saíu á procura de flores, cando se atopou cun saltón que lle dixo onde atopalas; cando ía de volta á colmea ía cavilando a ver que facía, se ir para a colmea ou quedar coa amiga.
NOTA: 6

domingo, 6 de marzo de 2011

Os Megatoxos e o aprendiz de druída


O autor é Anxo Fariña ; publicado na editorial A nosaTerra


Este libro conta a historia de catro nenos que son picados por un toxo mutante e teñen poderes sobrenaturais. Faísca ten o poder do lume, Ruxe o de converterse en animal, Nínfa o poder de facer crecer as plantas e Lúa de facer conxuros. A profesora amaña para que fagan un traballo todos xuntos e mándaos ao pasado para que atrapen o toxo mutante... Ao chegar encóntranse con outros problemas que terán que solucionar e non lles será nada doado....



NOTA:7

viernes, 4 de marzo de 2011

O home que plantaba árbores.


Editorial: Galaxia. Autor: Jean Giono.
Trata dun home chamado Eleazar Bouffier que plantaba sementes para facer unha paisaxe natural na cal houbera vida, unha vez chegou un turista a súa casa e deulle de comer e un lugar onde poder durmir. O turista observaba con curiosidade o que Eleazar facía coas abelás: separaba as grandes das pequenas e despois poñíaas a remollo. O turista despois duns días marchou pero viña visitalo a miúdo para ver as árbores... De alí a un tempo Eleazar morreu deixando unha bela paisaxe... ¿pero que pasará agora coa paisaxe? ¿quen a coidará?



NOTA:3

jueves, 3 de marzo de 2011

Os Megatoxos



Editorial: A Nosa Terra. Escrito por Anxo Fariña








Este libro trata sobre uns rapaces con poderes que se coñecen ao empezar o curso escolar. A súa profesora, Larafuzas, mándalles un traballo que é ir ao pasado a buscar un toxo mutante, pero axudan ao druida Gael a vencer a un monstro chamado Drunxel, mentres as dúas rapazas buscaban polo toxo....
NOTA: 7

Menú de enganos


Autor: Manuel Nuñez Editorial: Galaxia


Este libro narra unhas vinte historias divertidas. A min persoalmente gustoume. Nestas historias o que principalmente predomina é o engano, o cal está presente en todas as historias deste libro.


NOTA: 6

Os Megatoxos e o aprendiz de druída



Editorial: A Nosa Terra, escrito por Anxo Fariña





Esta historia trata duns rapaces que adquiren uns poderes tras tocar un toxo mutante que se teletransporta no tempo, os nenos deciden ir buscalo pero un aprendiz de druída fai unha apócema cunha rama do toxo e aparécelle un monstro, os rapaces derrótano, pero non conseguen coller o toxo, despois volven...
NOTA: 7

miércoles, 2 de marzo de 2011

Os megatoxos


O autor é Anxo Fariño; a editorial A Nosa Terra






Este libro trata de catro rapaces e unha profesora que trasladan un toxo que está dentro dunha vidreira e por mala sorte caeulles e rompe. Picáronse e a partir de aí aparecéronlles poderes. A profesora construíu un aparello para transportarse no tempo. Cando van coller o toxo encóntrase cun aprendíz de druída que fixo unha apócema pero equivocouse e...




NOTA: 10

martes, 1 de marzo de 2011

Os megatoxos E o aprendiz de druida


Autor: Anxo Fariña Editorial: A nosa terra



Trata dun grupo de rapaces mais unha profesora que adquiren poderes sobrenaturais tras picarse cun toxo máxico. A profesora un día mándaos a unha viaxe ao pasado para recuperar o toxo pero alí en vez do toxo con quen se atopan e cun diaño que os quere destruír.
Nota: 6

Os Megatoxos


Editorial: A Nosa Terra. Autor: Anxo Fariña



Este libro trata de cinco alumnos que chegan novos ao colexio, e no laboratorio do centro pícanse cun toxo que a profesora tiña. Ese toxo non era un toxo calquera, era un toxo mutante o cal lle deu unha serie de reaccións e poderes aos rapaces e incluso á profesora.

Entón necesitan viaxar ao pasado en busca do toxo, e farano a través dunha máquina que a profesora lles proporcionou. Unha vez alí suceden cousas moi estrañas, como: combates cun monstro chamado Drúnxel, expóñense á morte... e o peor, ¿como conseguirán volver á casa se non saben como utilizar a máquina para regresar ao futuro?...


NOTA:9