viernes, 19 de junio de 2009

Good morning, Galicia



Non corren bos tempos para a nosa lingua. Incomprensiblemente, en pleno século XXI estásenos cuestionando o dereito a coñecela. Logo virá o de usala. Nas vosas mans e na vosa intelixencia, alumnas e alumnos de Forcarei, está unha parte do futuro dunha lingua que empregades acotío porque, como di o poeta Carlos Negro, vós nos vos avergoñades do cheiro a esterco dos vosos avós. Lembrade que Sócrates, un sabio da antigüidade grega, dicía que só hai un gran ben, o coñecemento; e só hai un gran mal, a ignorancia. Lamentablemente, hai moito xente en Galicia disposta a gabarse da súa ignorancia.
Se queres saber por que coñecer linguas é saber máis, clica aquí.



Déixovos o meu agasallo virtual para todos. Déixovos esta fermosa canción de Mercedes Peón que nos visitará en breve ao insituto.



E tamén este poema de Celso Emilio versionado por Dios ke te crew.




O meu agasallo para...

A este compañeiro eu poderíalle regalar moitas cousas porque coñezo moi ben os seus gustos, e entre as cousas que lle gustan poderíalle regalar un Honda Civic, porque pronto quitará o carné e xa lle fará falta, 1000 mulleres, roupa, cartos...
Calquera desas cousas lle gustaría, pero, como non son rica, case que lle regalaría un pak de calcetíns do 3 por 1 e xa quedaría servido para o que queda de ano.

O meu agasallo para....

O meu agasallo son uns pendentes de cor laranxa fosforito.
Eu fágolle este agasallo porque ela colecciona pendentes, e gústanlle moito, e regálollos de cor laranxa porque sei que desa cor non hai moitos, por non dicir que non hai ningún.
Se non lle gustan síntoo moito, pero eu fíxenllo con toda a mellor intención do mundo.
Pero se unha persoa fai unha colección de algo, é porque lle gusta esa cousa.

O meu agasallo para...

Ao meu compañeiro gústalle moito probar cousas novas e andar en quad.
A el gústalle construír carrilanas e andar nelas. Hai dous meses que el máis un amigo seu fixeron unha carrilana e puxéronlle ventás e todo.
Os seu pais dixéronlle que quitara o título da ESO e que lle compraban un quad novo. Pero creo que lle vai gustar o meu regalo para o seu cumpreanos.
E tamén lle vou comprar un coche de xoguete porque sempre está na clase xogando con cochitos.

O meu agasollo para ....


O meu amigo invisible é unha persoa boa, alegre e de fácil amizade con el, xa que, sabe algo de case todo pero do que máis é de tecnoloxías porque el é un fanático destas e dos videoxogos. O agasallo que para min é perfecto para el é, unha viaxe as industrias máis importates de ordenadores e consolas. Para que por un día se poida sentir como un dos creadores destas empresas.

O meu agasallo para...


O agasallo que eu lle regalaría a esa persoa sería un quit de maquillaxe cun espello e cun peite porque é unha persoa que lle gusta estar guapa, aínda que xa o é. O quit tería que ter un quit pequeno que se poidese levar a onde quixese.Tamén lle regalaría un vale para que puidese ir bailar clases de hip hop.

O meu agasallo para...


A persoa á que eu lle fago o regalo é a ...
Esa persoa fisicamente é de estatura media, delgada, co pelo castaño e cos ollos marróns.
Esa persoa personalmente é unha persoa encantadora, se tes algun problema ela sempre estara alí aínda que ten un pequeno defecto por iso creo que o mellor regalo que podería ter é unha cremalleira. Non porque ande con elas rotas, non non, por iso non. Son outro tipo de cremalleiras que por desgraza non se inventaron ou iso creo. Pero cando se inventen máis dun a de ter que compralas para eles mesmos ou incluso para regalar como no meu caso. A cremalleira da que vos falo é unha cremalleira un tanto especial. É unha cremalleira para a boca xa que non cala nin debaixo da auga.

O meu agasallo virtual para ....



Pois, para empezar, dicir que a quen me tocou lle gusta internet. Entón está máis que claro que o seu agasallo sería un ordenador, para que se poida conectar.
Pero despois pensei, e deime conta de que tamén lle vai o fútbol moito, e matinei que tamén lle podería gustar un balón ou unha equipación.
Tamén o Tennis lle encanta, así que unha raqueta tampouco estaría mal. O que eu teño agora mismo é un dilema. Non sei que agasallarlle. As tres cousas lle gustan.
Así que optei polo máis facil. En lugar de ter que escoller entre as 3 cousas, voulle agasallar un ordenador con dous xogos instalados, un de futbol e un de tennis.

domingo, 14 de junio de 2009

O amigo invisible



Rematando o curso estivemos traballando cos textos argumentativos. E agora, como remate de curso, imos aproveitar esta ocasión para facer a actividade do "Amigo invisible". Despois do sorteo, deberás facerlle un regalo virtual -podes poñer na entrada unha foto ou un vídeo- para o compañeiro/a da clase que che tocara. Agora ben, debes argumentar correctamente por que razóns decidiches facerlle ese regalo. E logo a ver se adivinades quen vos fixo ese regalo.

viernes, 12 de junio de 2009

Mutacións xenéticas

A outora deste libro chámase Fina Casalderey.
Esta historía comeza cun rapaz que ten que ir visitar a seu avó porque o obrigan seus pais. Cando chega onda seu avó todo lle parece moi estraño pero ó final acáballe parecendo todo do máis normal. Cando xa se levaban moi ben seu avó desaparece e el búscao por mar e terre con axuda dun amigo do seu avó.
Cando por fin o atoparon seu avó contoulle porque o tiñan secuestrado.
Se queres saber porque o tiñan secuestrado só che queda ler o libro.
Este libro está bastante ben e doulle un 7.