martes, 8 de enero de 2008

Pasión fútbol


Este libro trata de dous rapaces que querían conseguir cartos para comprar un aforo para ir ver os partidos dos Newcastle United. Pero non tiñan cartos suficientes. Entón decidiron ir roubar para conseguir os cartos aínda que a un dos dous non lle gustaba a idea e puxéronse a buscar polos descampados. Ó final da tarde xa estaba convencido e dirixíronse cara unha casa. Nesa casa non encontraron nada de valor, entón os dous decidiron ir roubar unha tenda e dirixíronse cara ela. Cando chegaron alí os dous estaban moi nerviosos e un deles estaba na porta buscando unha placa que puxera "pechado". Entón o outro dirixiuse ó dono e pideulle os cartos. Cando o rapaz se despistou o tendeiro tentou escapar pero o rapaz tirouse enriba. Se queredes saber o final do libro eu anímovos a ler o libro. O autor deste libro é: Jonathan Tulloch.




NOTA:8

No hay comentarios: