jueves, 20 de diciembre de 2007

Corredores de sombra



Este libro, escrito por Agustín Fernández Paz, trata dunha rapaza chamada Clara que un día descobre un esquelete cun furado de bala no cráneo.

O esquelete aparece envolto nunha alfombra nun pazo que se estaba reformando. Clara ó descubrir o esquelete tivo a intriga de saber todo acerca dese asunto, pediulle ós seus amigos que lle axudasen porque senón ela sóa non ía dar resolto ese misterio sobre o dito esquelete. Os seus amigos axudáronlle a ela encantados porque a eles tamén lle gustaban os asuntos relacionados co misterio. Despois de tanto investigar conseguiron averiguar de quen era o dito esquelete pero se de verdade queredes saber de quen era o esquelete e o seu misterioso furado de bala no cráneo teredes que ler o libro.

O libro gustoume porque é bastante interesante e ten moito misterio en case todo o libro.

NOTA: 7

No hay comentarios: