miércoles, 22 de abril de 2009

Do outro lado do espello

Este libro é de Jordi Sierra i Fabra e titúlase Do outro lado do espello. A protagonista chámase Marisa e é unha rapaza de uns dezaseis anos. Marisa ten un montón de complexos xa que todas as súas amigas teñen moito máis peito ca ela e todas teñen mozo agás ela. Marisa odiaba verse no espello porque só sentía noxo e vergoña do seu propio corpo. Aínda que por sorte tiña un bo apoio, Amalia, a súa mellor amiga que a apoiaba en todo. Marisa tamén tiña unha irmá chamada Chari. Chari era dous anos maior ca Marisa. A pesar de ser irmás eran moi distintas. A Chari gustáballe moito ir de festa e sempre estaba cos mozos. Un día Marisa coñeceu a Luís Enrique que era un rapaz que ía con ela ó instituto. El quería facer unha obra de teatro e pensara nela porque Luís Enrique cría que Marisa tiña todas as cualidades. Ó principio ela non o quería facer, dicía que tiña moita vergoña pero de alí a uns días e despois de comentarlle a proposta a Amalia decidiu dicirlle que si a Luís Enrique. Entón Marisa foi á aula do teatro onde ían ensaiar. Ó chegar alí Luís Enrique quedou moi abraiado xa que non contaba con Marisa. Luís presentoulle a todos os seus compañeiros e quen mellor lle caeu foi Fuensanta. Ó rematar a obra Luís díxolle que a quería acompañar ata a casa e así foi. Camiño a casa Luís díxolle se quedaban para maña xa que era fin de semana. Ó día seguinte Luís foi buscar a Marisa a casa e decidiron ir ó cine ver unhas película. No medio da película Luís púxolle o brazo por riba dos seus ombros e de alí a un pouco bicouna. Ela tamén o bicou aínda que ó saír arrepentiuse. Ó dia seguinte Marisa convidou a Amalia á súa casa xa que seus pais irían para a casa de súa tía Carolina. Cando chegaron á casa Amalia díxolle a Marisa se se podía duchar. Cando foron para a ducha Marisa foi con ela e mentres Amalia se duchaba ela non lle quitaba ollo. Ó rematar foron para a cama e Marisa sentiu algo moi raro pero non lle deu importancia. Ó día seguinte Luís convidouna a unha festa que facia un amigo...
Agora queredes saber que pasou nesa festa? Pois é moi sinxelo. SÓ tendes que ler o libro. Eu recoméndovolo a todos xa que a min gustoume moito e por iso a nota que eu lle dou é un 8.

No hay comentarios: