jueves, 29 de abril de 2010

O Barroco

Nesta unidade imos empezar co visionado deste vídeo:

E logo con esta actividade de carácter xeral onde atoparedes información moi escueta e esencial sobre a literatura deste período. A continuación copia no teu caderno os principais temas e personaxes do teatro barroco que atoparás neste lugar e fai as actividades. Logo le este post e contesta no teu caderno ás seguintes preguntas:

a) Que é un corral de comedias?
b) Que é a 'cazuela'?
c) Cales son as características da 'comedia nueva'
d) Cita tres dramaturgos importantes do Barroco
e) Que pasou realmente en Fuenteovejuna?
f) Que se entende por ruptura da regra clásica das tres unidades?

E por último, para informarte do que era un corral de comedias podes ver o de Almagro ou neste vídeo:



Busca ti algún vídeo dunha representación actual nun corral de comedias.

jueves, 22 de abril de 2010

Caderno de agosto

A autora deste libro que lin é Alicia Vieira.
Trata dunha rapaza chamada Gloria que ten 15 anos. Escribía todos os días un diario no que contaba as cousas máis importantes que lle pasaban. A Gloria non lle gustaba nada estar moito tempo con súa nai porque sempre discutían por algo. Gloria tiña un irmán chamado Antonio, con quen vivía e mais con súa nai, porque seus pais estaban divorciados. Un día, a Gloria pareceulle moi raro que súa nai estivera cariñosa con eles, e sobre todo con ela, xa que se levaban mal. Súa nai estaba así con eles porque estaba namorada, pero non de seu pai, senón de outro home, Teotonio. A nai de Gloria invitouno un día á súa casa a tomar un café con eles. El foi e estiveron toda a tarde falando. Despois, Teotonio tivo que marchar. Gloria e Antonio tiñan un plan sobre súa nai e o seu namorado con súa tía Fátima. Un día a nai de Gloria invitou o seu namorado a cear e esa cea foi algo desastrosa, aínda que os rapaces marcharan ao cine con súa tía Fátima para deixalos sós. O pai deles preguntoulle a Fátima se era verdade que a súa ex-esposa tiña namorado e ela confirmoullo. Esa noticia sóuboa tamén a avoa de Gloria, que se asombrou moito.
De alí a uns días Teotonio deixou de ir á casa e era porque xa non saían xuntos. A avoa falou con el, pero non se solucionou nada. Unha noite Antonio e súa nai estaban vendo o telexornal coma de costume, ata que se lle estragou a televisión e tiveron que chamar ao veciño, que era técnico e aranxoulla. Desde ese día a nai dos rapaces volveu asubiar, que era sinal de que estaba contenta outra vez, todos estaban contentos. A súa nai dedicábase a escribir un libro con Arcanxo, un compañeiro da editorial, que o acabou e publicou. E dende entón, quen sabe se a nai dos rapaces volverá asubiar?
A nota que lle poño:8

jueves, 15 de abril de 2010

Ás de bolboreta

A autora deste libro chámase Rosa Aneiros.
Trata dunha muller que se chama Patricia, traballa nun bar e conta todo o que pasa alí.
Desta forma pode contar distintas historias e entre elas está a dun neno que esta co seu avó; a dun pai que non pode ver o seu fillo; a dunha musulmá que todos os días vai ao bar e espera onda o teléfono que a chamen; a dun rapaz que non pode estudar e vai traballar coidando uns anciáns.
Agora vouvos contar a historia que máis me gustou, que foi a do neno co seu avó.
A conversación que teñen todo o tempo é sobre que o neno veu de África e pídelle a seu avó que vaia vivir con el, pero o seu avó non pode porque vive nunha residencia de anciáns e o neno ve ese lugar como un lugar onde van os vellos antes de morrer. O rapaz tamen lle conta a historia de súa nai, que doou o seus órgaos despois de morrer e así salvou outras vidas.
Este libro aínda me gustou e doulle un 7.

Ollos de Auga

Este é un libro de Domingo Villar chamado "Ollos de Auga". Leo Caldas e Rafael Estevez son chamados para investigar a aparición dun cadáver na torre da illa de Toralla. A vítima, un saxofonista, estaba espida e só cunha toalla tapándolle a parte de abaixo do corpo. Chamabase Lois Reigosa. O cadáver tiña unha peculiaridade, tiña a parte abdominal e o pene de cor negra e cunha textura rugosa, como o coiro. A partir de aí, Leo Caldas descarta a opcion de suicidio e empeza a investigar que persoa cometeu o asasinato e con que tipo de produto. Mentras Estevez pensa que o saxofonista e homosexual, Leo Caldas convirte a amante do saxofonista na principal sospeitosa. Logo da inspección do apartamento, foron interrogar a señora da limpeza, que non esclareceu dúbida ningunha. Máis tarde, no laboratorio, o forense contoulles que a substancia que se usara para matar fora formaldehido, ou formol. Era unha substancia conservante que, introducida nun corpo vivo, facíao secar. Ese produto fora introducido no aparato reprodutor do saxofonista. Leo Caldas foi investigar aos Laboratorios Riofarma, propiedade dun amigo seu da infancia. Este informounos de que alí non se facía formol, senón que se abastecían grazas a un home de Vigo, que foron investigar despois. Así chegaron ata Dimas Zuriaga, dono duns laboratorios que traballan con formol. Leo Caldas descubre que este home tiña a Lois Reigosa como amante e que estaba sendo chantaxeado, polo que foi levado a comisaría. Con varias pescudas máis Leo e Rafael descobren que os verdadeiros asasinos son...
Se queres saber quen son, le o libro. A miña nota é un 8

martes, 13 de abril de 2010

D. Quijote


Sempre está ben empezar por un repaso do contexto socio-político da época. Daquela esta actividade pode sernos útil.
Para comezarmos a saber algo máis de Cervantes e de D. Quixote podemos comezar por aquí. E Se queres coñecer os personaxes, repara nesta actividade. E información sobre a obra, o autor e o contexto, aquí.
E para divertirse un pouco podes participar neste xogo.

E por último, entre as moitas webquests que atoparás, elixe unha que che guste