martes, 8 de enero de 2008

Raquel




A autora deste libro é Isabel Clara Simó.
Este libro trata sobre unha rapaza que conta sucesos da súa vida nun diario. Nel conta diversos acontecementos que lle sucederon durante o curso, algúns bos e outros malos.
Raquel tivo un momento no que o pasou realmente mal porque cando a súa mellor amiga enfermou gravemente de cáncer tivérona que levar a outro país para que a intentasen curar. Raquel dende que a súa amiga marchara apenas sabía nada dela e iso que lle mandaba cartas porque a estrañaba moito. Ata que un día enterouse de que a súa amiga volvera á vila, pero ela non a avisara. Ós poucos días Raquel entérase de que a súa amiga empeorara de repente, e morrera. Raquel pasouno realmente mal, pero co tempo foise recuperando e seguindo coa súa vida.
Raquel conta tamén no seu diario que se sente contra gusto co seu aspecto físico e intenta buscar unha solución ó seu problema...
A relación entre os seus pais cada vez empeora, ata tal punto que deciden separarse, porque o pai de Raquel enamorouse doutra muller. Isto a Raquel e a súa nai afectoulles moito. Unha vez separados, Raquel decidiu quedar coa súa nai pero o seu irmán preferíu ir co seu pai.
Finalmente Raquel a causa da separación dos seus pais tense que poñer a traballar, para axudarlle a súa nai cos gastos e pagar os seus estudos. Pero isto non lle importaba porque tiña o apoio do seu gran amor, Oriol.


Nota:7
O motivo de que lle poño esta nota é porque é un libro bastante bonito que nos fai ver como é a vida realmente para algunhas persoas e mirar igualmente pase o que pase cara adiante, e por isto mesmo aconsellovos que o leades.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

olaaa

Anónimo dijo...

olaaa