miércoles, 29 de octubre de 2008

O Inferno de Marta


O autor deste libro chámase Pasqual Alapont.
Marta era unha rapaza normal que tiña un mozo, pero o mozo decidiu cortar con ela porque se sentía moi agobiado. Marta sentiuse moi mal cando romperon e as súas amigas por non vela triste animárona a saír de festa para que se distraese pero alí coñeceu a Héctor que ía facer da súa vida un inferno pero ela como non o quería perder como lle pasara co seu outro mozo, perdoáballe todas as cousas que facía mal ata que Marta un día non aguantou máis e decidiu cortar con el, e el enfadouse moitísimo porque a quería ter manipulada e intentou acabar con ela.
Este libro gustoume e por iso doulle un 8.

¿Sobrevives?




O segundo libro que lin é de Fina Casalderrei.
O protagonista é Francisco Sánchez Loiro aínda que todos lle chaman Moli. Estuda na clase de 2º B. Con el tamén estudan Luís e Tito. O libro cóntanos todas as trasnadas que fan. Un día marcharon da clase de relixión e foron para outro instituto xogar á güija. Para poder xogar sen que ninguén os vira foron para o baño das rapazas, empezaron a invocar os mortos e todas esas cousas... Ata que pasaba por alí unha profesora e sentiunos falar. Entón entrou e viu que estaba alí Moli e mais o Luís.
Non só conta as trasnadas, senón o que lles pasa cando saen de festa. Por exemplo, nas festas da Peregrina, andara a golpes cuns mozos por culpa dunhas rapazas...
Conta tamén unha aventura moi curiosa que lles pasou aos dous nunha discoteca. Como estaba algo bébedo empezou a facer o tonto co seu amigo Tito. Entón apareceron uns homosexuais que querían ligar con eles. Cando se decataron marcharon rapidamente de alí.
O libro cóntanos cal foi a causa da morte da nai de Moli.
A nai tiña cancro aínda que Fran e a súa irmá Marianxo non o sabían. Moli empezou a sospeitalo cando un día veu do instituto e entrou no cuarto da nai para saudala. Ela estaba deitada na cama e no chan había unha perruca e ela non tiña pelo. De alí a uns días súa nai contoulle o que lle pasaba. Díxolle que tiña cancro e que non lle quedaba moito tempo de vida. De a alí a un tempo ela morreu. Fran non o quería crer. Ao principio nin sequera chorou. Para que non tiveran que estar alí vendo toda aquela xente, mandáronos para a casa dunha tía.
Un día ao vir da escola seu pai díxolle que fora para a tenda que alí ía ter unha sorpresa. Cando Fran chegou viu que había unha preciosa moto. Fran supuxo que era de alguén que estaba na tenda, ata que seu pai lle dixo que era del e entregoulle as chaves. Fran marchou todo contento para a casa. Cando estaba a piques de chegar Marianxo, seu pai mandouno que a fora buscar á tenda. Cando súa irmá viu chegar a Fran non o podía crer. E se queredes saber como lle foi a Fran e a Marianxo coa súa moto e moitas aventuras máis o único que tendes que facer é ler o libro.
Este libro está bastante ben. Recoméndollelo a todas esas persoas que lles gusten as aventuras. A miña nota é de un 7.

As flores radiactivas



O autor deste libro é Agustín Fernández Paz. Este é o segundo libro que leo. As persoaxes deste libro son Alba, Xavier, señor Mc Logan, Lois, Antía, Helena, Touriñán, Novoa.
Xavier e Alba son amigos, están esperando que cheguen os turistas para ensinarlle a cidade. Dentro de dez minutos chega un señor que ía de pesca e tiña un radiocasete para escoitar o xornal. Empezou o xornal e Alba estaba escoitando pero Xavier non. O xornal falaba dunha mancha brillante que estaba no mar. Desta mancha tiña moito medo o señor Mc Logan que lle dixo ao comandante Touriñán, pero el non tiña moito medo desta mancha e díxolle que non ía pasar nada que esta mancha non era tan importante. O señor Mc Logan díxolle ao soldado Novoa que collese doce soldados e que van ir coller mostras de auga de onde estaba a mancha. Os soldados estaban todos cun traxe branco como o dos astronautas. Novoa foi o primeiro que se tirou na auga e despois os otros soldados. Despois dun tempo moitos xornalistas foron a Santiago de Compostela porque pensaron que ía ser unha guerra mundial pero despois déronse conta que eran os resultados da mancha brillante . E no final deste libro Xavier e Alba intentan escapar dos xornalistas que estaban esperando aos dous amigos. E así acabouse o libro As flores radioactivas.
Doulle un 8.

O brindo de ouro I. A chamada do brindo


O libro que estou lendo é de fantasía. O seu autor é Xose Manuel Marcos.
Selmo é un rapaz dunha aldea arxina, que é unha tribu da zona, que ten un lobo de amigo. Un día desperta para ir traballar ás montañas onde está seu pai, gardian do brindo (un instrumento que serve para avisar de ameazas inimigas). Ao chegar alí, fai o seu traballo normalmente ata que ve unha columna de fume moi estraña que viña do seu poboado. Asustado, el máis o seu lobo baixaron correndo monte abaixo para ver que ocorría. Ao chegar alí viron que o seu poboado era levado a forza polos inimigos e as casas estaban queimadas. Selmo meteuse na súa aldea para ver o seu estado, e acto seguido descubrírono. Escapou a través do monte, e xa se fixera de noite, chovia e tiña fame, pero gracias a iso coñeceu a Toimil, un ex-alobrí que vivía no monte. Máis adiante e nas memas circunstancias coñece a Oulego, un valeco marxinado. No seu camiño descobren a un poboado de arxinas de Mogoxe, famentos e sen enerxía. Ese poboado contaralles a historia da maldición do Brindo de Ouro, e que por iso o tiñan vixiado constantemente. Despois diso marcharon en busca do Brindo, e no seu camiño toparon un campamento inimigo e trataron de rodealo, pero a néboa facíallo imposible, así que atáronse unha corda entre eles e proseguiron o seu camiño, ata que, un tropezón de Toimil fixo que os descubriran e lles lanzaran frechas.
Máis tarde chegaron a unha fervenza, e Oulego botoulle un emplasto a Selmo, porque unha frecha o alcanzara, e despois durmiron. Ao despertar era pola mañá e deslumbraba o sol, así que decidiron saír e viron que estaban nun lugar moi bonito, así que concordaron en adentrarse nel. No camiño toparon colmeas de mel. O grupo tiña moita fame, pero o mel sería de alguén e non o colleron por iso. Quedáronse alí un pouco e sentiron rebulir uns matorrais detrás deles. Puxéronse en estado de alerta e berraron para que saíra quen estivera alí, e de golpe saíulles un oso gris, atraído polo cheiro do mel. Eles asustáronse e recuaron cara un muro que estaba alí, pensando que os comerían, pero escoitouse un zumbido no aire e unha pedra impactou no oso, facéndoo recuar. Un segundo zumbido e outra pedra impactou no oso. Esta arrincoulle un anaco de pelo e pel, facendo que o oso recuara ao mesmo tempo que se enfurecía, pero antes de que ocorrera nada, soou un silbato e un enxame de abellas atacou ao oso gris. Neste caso o oso caeu rendido e retorcíase no chan. Mentres isto ocorría un home saíu de detrás dun matorral cun silbato colgado no pescozo, saudounos e todos se levantaron excepto Oulego que estaba encaramado a un carballo, temblando e pálido.
Ese home doulle a benvida a Abellonenia. O grupo doulle as grazas ao home que os salvara e dixéronlle que lle axudarían en todo o que fora, así que o home deulles unhas ferramentas e díxolles que lle axudaran a arranxar unhas cousas. Mentres traballaban oíron cantigas, e tres mozas chegaban ata onde estaban eles. Oribio (o home que lles axudou) díxolles que eran as súas fillas. Selmo fixouse especialmente nunha. Despois dunha cea o grupo marchou en busca do brindo. Despois refuxiáronse nunha palloza porque chovía, e mentres durmían, Toimil despertouse de golpe e veu a Lucenza, unha criatura dun Lago que o quería convencer de marchar con ela, pero non o conseguiu.
Despois marcharon e pasaron por outros lugares ata chegar a onde estaba Mardul (o inimigo) e o Brindo de ouro. Conseguirano? Se o queres saber le o libro.
Gustoume moito 8/10

miércoles, 8 de octubre de 2008

Matilda

O autor deste libro chámase Roald Dahl e escribiu a historia dunha nena que se chama Matilda.
Matilda era unha rapaza de catro anos e tiña un irmán que se chamaba Michael. Os pais de Matilda eran moi afeccionados a ver a televisión pero a ela non lle entusiasmaba mirar para ela, porque ela prefería ler os contos e revistas que atopaba pola casa, ao final acabounos de ler todos os que había na casa. Un día pediulle a seu pai que se podía comprar un libro e seu pai todo anoxado díxolle que os libros non servían para nada e que era moito mellor a televisión. Entón Matilda decidiu ir á biblioteca pública mentras que seu pai ía traballar e súa nai ía ó bingo e seu irmán ía xogar por aí. Cando Matilda chegou preguntoulle a unha muller onde se atopaban os libros infantís e ela indicoulle onde estaban e Matilda foi empezando a lelos un por un cada día ata que acabou os de infantil e pediulle á bibliotecaria se lle podía aconsellar algún libro para maiores que os outros xa os lera e entón ela doulle un libro e díxolle a bibliotecaria que os podía levar para a casa e entón ela non volvía á biblioteca todos os días, só cando ía para devolvelos. Un día estaba Matilda no comedor lendo un libro e seu pai mandoulle que mirase para a televisión e deixase o libro que non valía para nada e como Matilda non lle fixo caso, seu pai colleulle o libro e rachoullo e díxolle que agora ía ter que pagalo coa súa paga.

Matilda empezou a ir ao colexio aos 5 anos e medio cando o normal era aos 4 e medio ou 5 pero como na súa casa ninguén se preocupaba por ela pois foi máis tarde. Cando chegou o colexio presentouse a súa profesora a señorita Jenni Honei. A profesora empezou a preguntarlle cousas ós alumnos e decatouse de que Matilda sabía moitísimo e decidiu ir falar coa directora para dicirlle que Matilda era moi lista e que había que pasala a un curso superior, e a directora dixo que o quería ela era desfacerse da rapaza que xa lle dixera o seu pai que era unha traste e que había que tela vixiada así que quedábase nese curso.
Como seus pais a trataban tan mal decidiu facerlle unha trasnada para poder vingarse, o que fixo foi o seguinte: colleu o bote do tinte de súa nai de loiro platino e botoullo ao bote do champú de seu pai e cando seu pai lavou a cabeza quedoulle como se non lavase a cabeza en moitísimo tempo.
Un día cando estaban no recreo Matilda máis a súa amiga, e foi a xunto delas unha rapaza de sexto e contoulle que había un armario moi estreitiño onde só podían estar de pé e non te podías apoiar porque as paredes do armario estaban cheas de agullas e a alumna de sexto estivo alí dúas veces e un día enteiro. Cando acabou de falar a alumna de sexto elas presenciaron como a directora colleu a unha rapaza polas coletas e a lanzou polo aire porque tiña o pelo moi longo. A directora trataba moi mal a todos os alumnos. Matilda e a señorita Honei levábanse moi ben e un día a señorita contoulle a súa historia e díxolle que a directora quedárase con todas as súas cousas.

Matilda cos poderes que tiña cos ollos axudoulle á señorita a recuperar todo o que tiña. Un día Matilda volvía da casa da señorita Honei e seus pais estaban recollendo todo para se marchar porque a policía descubriu que era un estafador e marchaban do país, e Matida pediulle a señorita Honei se podÍa quedar con ela e díxolle que si e quedaron xuntas e seus pais marcharon.
Este libro non me gustou porque me parece aburrido así que póñolle un 3.

A quinta do 2008-2010

De novo ou de vello. De volta. Outra quinta máis. Dous anos máis nos esperan. Esperamos. Sete máis: Iria, Raquel, Alba, Jonatan, David, Dani e Marius. Vémonos por aquí. Todos: os de Valga, os de Silleda, os de Guadalix, os de Puebla de Sanabria e os amigos búlgaros.
Para comezar con ánimo, aquí tedes un vídeo de DJ Son1c co seu famoso "A festa non vai parar" ao cal tivemos oportunidade de escoitar no centro a finais do pasado curso.

O diario doutra maniatica

O meu primeiro libro que lin foi escrito por Ann McPherson e Aidan Macfarlane. A protagonista do libro chámase Susie e ten 16 anos. Cóntanos todas as cousas que lle preocupan, fálanos do amor, da morte, da anorexia e a bulimia, das drogas, do sexo, da sida... Tamén nos conta algunhas das cousas que lle preocupan ao seu irmán Peter Payne. O libro ensínanos algunha das reportaxes que publicou Peter no xornal escolar, algún folleto e incluso as cartas que lle escribia á súa amiga Charlotte que vivía en Francia. Cóntanos tamén os problemas que teñen algunhas das súas amigas, como sobrevivir nun romance de verán, e unha traxedia moi triste, o pai dun dos amigos do seu irmán morre no traballo dun infarto. Ponnos tamén cuestionarios sobre a vida sa e comentarios sobre a comida e a saúde no instituto.

O libro está bastante ben, a min gustoume moito aínda que me costou moito resumilo porque cada capitulo trataba de algo distinto.
A miña nota é de un 6.

Cartas de Inverno


O autor deste libro é Agustín Fernández Paz. Este é o primeiro libro que leo.En Cartas de inverno fálase destes personaxes: Xavier, Tareixa, Adrián e Laura .
Xavier e Tareixa son irmáns, Adrián é o noivo de Laura, Xavier e Adrián son amigos.Os dous estiveron moito tempo en Galicia, despois Adrián marcha a Berlín en Alemaña para estudar pintura. Xavier queda en Galicia (Santiago de Compostela) para estudar Filosofía . Adrián compra un piso en Berlín e queda moito tempo enviando cartas a Xavier .Os dous amigos estan falando por cartas, despois dun tempo Xavier non lle contesta as cartas que seguía enviándolle Adrián. E ao final do libro desapareceron os dous. Queda só Tareixa que vai á policía para denunciar que desapareceron os dous amigos e despois Tareixa sobe no coche e marcha. Así se acabou o libro Cartas de inverno. Doulle un 7


Ideas de bombeiro



Este é o primeiro libro que leo na vida. O seu autor é Andreu Martín.

Este libro trata dunha familia que ía ir de vacacións. Entrementres uns ladróns quérenlle invadir a casa para atracar un banco que tiñan xusto ao lado da parede do soto.

Un día de verán os pais de Guillerme decidiron ir de vacacións a Austria, pero Guillerme tiña que aprobar todo no colexio para poder ir. Guillerme, que non quería ir para poder estar con Carmele, dixo que ía suspender todo.

Cando Guillerme chegou á casa, seus pais xa tiñan as maletas feitas para marcharen de viaxe, pero Guillerme díxolles que el non podía ir porque suspendera todo na escola e eles non lle deixaban. Entón seus pais todos anoxados dixéronlle que este ano non había vacacións para el nin para eles, e quedaron todos na casa.

De alí a uns días chegáronlle os ladróns á casa pensando que non había ninguén. Pero levaron a sorpresa de atopar con Guillerme e con seus pais.

Os ladróns, todos sorprendidos, dixéronlle por que estaban na casa e non en Austria.

Eles dixéronlles que a eles non lles importaba nin lles deixaba de importar.

Entón os ladróns colleron a Guille e a seus pais e leváronos para o soto, dicíndolles que ían roubar o banco que tiñan ao lado da súa casa e éralles máis fácil roubar a través da parede do seu soto. De alí a unhas cantas horas empeza a soar o teléfono, os ladróns foron ver o número e viron que era unha tal Carmele.

Guille díxolles que era a súa mellor amiga e que seu pai era policía. Os ladróns dixéronlle a Guille que contestara e que lle dixera que non viñera para aquí. Pero Carmele como era tan testaruda díxolle que ía ir puxese como se puxese. Os ladróns mandáronlle dicir a Guille que lle dixera que eran médicos e que non fose porque estaban todos contaxiados por unha epidemia e para que non se contaxiara ela tamén.

Ela díxolle que ía ir igual e ía ir xusto naquel momento.
Cando chegou alí, abreulle Guille a porta, ela tan pronto o veu doulle un bico na meixela.Os ladróns collérona e levárona para o soto.

A ela o que lle parecía raro era ver uns médicos con ferramentas furando nunha parede. Guillerme intentou dicirlle o que pasaba do revés pero ela non se dou conta de nada, só de que non eran policías. Ela preguntoulle a eles que facían uns médicos con pistola, e, eles, dixéronlle que eran médicos do exército.

Eles dixéronlle a Carmele que tiña que marchar de alí para que non se contaxiara ela tamén. Pero ela díxolle que xa era tarde para marchar porque xa estaba contaxiada, e se querían que marchasen tiñan que facerlle unhas análises que demostraran que non estaba contaxiada.

Un dos ladróns, o que estaba vixiando a Guillerme e a Carmele, marchou á farmacia por agullas e tubos para quitar sangue. Mentres Guille díxolle a Carmele o que pasaba.

Cando chegou o ladrón da farmacia trouxo a outro home. Estes colleron a Guillerme e levárono para un cuarto á parte, mentres que a Carmele deixárona alí sentada. Un dos ladróns tiña un cordel na man que ía dar ao soto onde estaba atado a unha pistola apuntando aos pais de Guillerme. Cando a pistola se disparaba, a nai de Guillerme rompía a rir cos nervios.

Os ladróns dixeron que tiñan que tirar a parede con dinamita e facíanlle falla uns tapóns para as orellas. Guillerme díxolles que ía por eles arriba. Cando subeu, veu a Carmele alí. El díxolle ao revés que o agardara no baño, e ela, alá foi.

De alí a un pouco entrou tamén Guillerme, e, meteuse na ducha.
Alí estiveron un pouco pensando un plan para escapar. Unha vez que o tiñan pensado decidírono poñer en práctica, pero non saíu como planearan.

Ao final os ladróns quixeron rebentar a parede pero era de criptonita e non foron capaces, pero, co ruído que fixo botaron a correr e marcharon.

Nota:6

A casa da luz



Este é o primeiro libro que lin. O autor deste é Xabier P. Docampo. Este libro trata dunha rapaza moi traste que quere descubrir as cousas por si soa. Ten catro amigos (Álvaro, Alba, Aida e Anxo) cos que está a facer unha cabana detrás da igrexa. Un día cando a estaban a construír apareceu "Pumariño". É un home duns setenta anos que non fala e só se comunica por debuxos, que lles axudou aos rapaces a construír a cabana. Ao día seguinte houbo un roubo dun santo en Eiravella. Todo o mundo lle botaba as culpas ao Pumariño e por iso foron tras del escorrentándoo do lugar.
Ao cabo duns días os rapaces cando estaban na cabana déronse conta de que o Pumariño non aparecera polo lugar nuns cantos días. Ao día seguinte os rapaces xuntáronse todos e decidiron ir á casa deste. Cando chegaron á súa casa berraron desde a cancela, pero el non aparecía, entraron ata a porta e alí petaron. El saíu, e cando os viu invitounos a pasar. Os rapaces cando entraron quedaron moi abraiados por todo o que topara este home escaravellando nos valados. Antes de que marchasen os rapaces el saíu fóra, levantou unha pedra e sacou o santo que estaba desaparecido. Dous días despois pola tarde volveron ata a casa do home. Este cando os viu saiu da casa e díxolle que o seguiran. Todos foron tras del por un camiño estreito ata chegar a unha casa de dúas plantas moi bonita. O Pumariño sacou unha gran chave do peto para abrila. Alí dentro el ensinoulle a casa, ata chegar a un cuarto grande onde había moitos cadros.
Alí o Pumariño deulle a volta aos cadros e coa mesma entrou nun deles. Os rapaces puxéronse nerviosos porque non sabían onde ía. Ao cabo dun pouco o Pumariño apareceu do cadro rindo. El díxolle a Alicia que se metera nun cadro, e ela meteuse nun cadro dunha mazá. Cando estaba dentro ollou para a mazá e deulle un bocado pola parte verde. Ao saír ela explicou o que pasaba dentro dos cadros.
Como viron que Alicia saíu do cadro ben, Álvaro meteuse noutro dunha fraga. Alí el subeu ata o alto dunha montaña. Cando mirou o reloxo deuse conta de que xa era tarde e saíu do cadro. Cando estaba fóra todos lle peguntaron que tal lle fora no cadro. Anxo como tamén quería entrar nun levantouse e foi ata unha esquina onde había moitos cadros. Alí escolleu un cadro dun rapaz xogando a un videoxogo. Cando entrou viu que dous homes coas pernas tortas e con espadas o perseguían. Subiu ata unha terraza que non tiña saída. Os homes achegáronse a el. cando estaban preto, Anxo agachouse e un dos homes bateulle o outro na cabeza. O rapaz escapou, viu unha porta e entrou. Alí dentro había un can moi fero que se botaba a el. Cando quixo saír da habitación atopouse con que a porta estaba pechada. Mirou para unha pata do can e viu que estaba alí a chave para abrir a porta. Mirou nun curruncho un pao, e con este arreoulle na ao cabeza o can. Colleu a chave e saíu do cadro. Fóra estaban os seus amigos para marchar. Os rapaces dixéronlle ao Pumariño que ían volver ao día seguinte. Ao outro día chegaron a casa del, comezaron a camiñar todos xuntos, pero esta vez foron por outro camiño que foi dar por detrás da casa. Cando entraron estes só viron un cadro grande pegado á parede. Entraron nel todos xuntos. Alí viron unha chea de columnas que ían dar á ladeira da montaña. Alí viron unha aldea que era coma na realidade. Había persoas. Cando se deron conta viron dous gardas de seguridade que lle preguntaron os seus datos persoais. Estes foron listos e déronllos falsos. Os gardas dixéronlle que debían respectar unhas normas que lle comentaron. Os gardas leváronos á cidade. Alí todos os amigos visitaron os monumentos que tiñan. Ao acabar achegáronse a unha taberna onde había tres rapaces. Alicia aínda que non podía púxose a falar con eles. Ao acabar de falar o pai chamou polos rapaces.
O Pumariño escoitou unha voz que chamaba por el. Entraron todos dentro da taberna. Alí viron a un home de longas barbas que o coñecía. Por sorpresa era o Señor Duarte, o autor de todos os cadros. Puxéronse a falar da torre, os rapaces miraron cara ela e nun descoido viron unha cousa que brillaba. O Pumariño tamén o viu. Era o pucheiro que tanto buscaba. Todo o mundo miraba como o Pumariño escaravellaba na parede da torre. Este acto atraeu os gardas que arrestaron a todos os rapaces menos a Alicia que se escondeu. Os gardas leváronos á torre. Alí meteron os rapaces nunha cela e o pintor noutra. Cando marcharon os gardas apareceu Alicia para sacalos de alí. Cando todos estaban fóra das celas, Alicia dixo que tiñan que buscar o Pumariño. Estes entraron nunha porta que ía dar a unha chea de escaleiras. Os nosos amigos dividíronse e cando se deron conta viron que Álvaro e Aida baixaban a todo dar con dous gardas detrás. Cando se desfixeron dos gardas foron ata onde o pintor, para que lle dixera por onde subira o Pumariño. Alicia subiu e entrou nunha porta que daba a unha sala cunha mesa no medio rodeada de cadeiras. Nesta sala había unhas portas que foi abrindo. Na primeira apareceulle un garda, na segunda aparecéronlle dous gardas, a terceira xa non a abreu porque tiña medo de que lle apareceran máis gardas, a cuarta abreuna despacio e con coidado pero nesa porta non había nada.
Despois todo o mundo saíu fóra da torre e cando estaban alí chamaron o Pumariño. Este saíu de onde estaba agochado. O pintor díxolle unha cousa e o Pumariño arreoulle na cabeza co pucheiro fecendo saltar todas as moedas polos aires.
Ata aquí vos podo contar, se queredes saber o que posou ao final terédelo que ler. Eu recoméndovolo.
A miña nota é un 6.

Deixámosvos con imaxes da rodaxe da película


Diario dun xove maniático


Este é o meu primeiro libro do curso, unha guía para os adolescentes escrita por Aidan Macfarlane & Ann Macpherson.
Pete Payne é un adolescente hipocondríaco. Ten 14 anos e vive no Reino Unido, con seus pais e dúas irmás. Durante un ano escribe todo o que lle pasa nun diario, cousas como os seus amores e amizades, así como o que descobre medicamente, xa que é un maniatico da saúde. Así, este libro recolle temas como o acne, o alcohol, as drogas, o sexo, as dietas, os accidentes e mais...
O libro está bastante ben, axuda bastante e tamén informa.
Doulle un 8/10

Una luz en la marisma

Este é o primeiro libro que leo neste curso. O seu autor é Xabier Alfaya.
Trata dun rapaz que se chama Gabriel e vive coa súa familia e a súas criadas. O rapaz que estaba enfermo na súa habitación soía mirar pola ventá co catalexo que era de seu avó. Un día viu unha muller ir por un lado da rúa e un home polo outro lado.
A muller atravesou para o outro lado da rúa e foise con el para outro sitio polo que o rapaz xa non lograba ver nada co seu catalexo. De alí a un rato volveron pero cada quen polo seu lado. Cando pasaron unhas horas ,pasou un home que era vagabundo chamado Solapo que ía pola rúa cara a marisma e de alí a pouco tempo Solapo saíu da marisma. Ao día seguinte na vila falábase de que había unha muller medio espida preto da marisma. Dende o balcón da casa do rapaz víase a garda civil na marisma observando e sacándolle fotos á muller asasinada. A nai de Gabriel mandouno ir para o seu cuarto para que non vise o que acontecía na marisma. Cando era a hora da cea estaban todos na mesa e todos calados. Ao día seguinte ,com0 culparan a Solapo do crime ,o rapaz non o cría ,el contoullo á súa irmá África que ela tampouco non o cría. Cando o pai o soubo foron ver as pegadas do coche que estaban marcadas na marisma. O seu pai falou co axente para que as fosen analizar ,pero o axente cando foi ,só dixo que fora perder o tempo porque o día anterior borráranse as pegadas.
Gabriel quería que se soubese toda a verdade sobre Solapo porque el sabía que el non era o culpable do crime. El non podía saber nada do que pasaba porque estaba enfermo na habitación ,pero o avogado un día chamouno por teléfono para contarlle que marchaba porque non atopaba pistas suficientes para defendelo. O rapaz tivo unha idea. Decidiu falar co seu mellor amigo Pucho ,porque el coñecía a Farauteira; ela era a muller á que Solapo visitaba moito. Gabriel pensou que ela podía testificar no xuíz.
El díxolle á criada Ramona que fose falar con el para que viñese á súa casa que quería falar con el . Ao día seguinte ,Pucho xustamente veu visitalo para falar con el. Contoulle todo o que lle pasaba a Solapo ,pero Pucho non quería axudarlle porque Solapo fixéralle cousas que lle desagradaban. Gabriel díxolle que necesitaba que lle axudara porque el non merecía ir para o cárcere sen ter a culpa. Pucho sentía que si que tiña que axudarlle. Entón eles axudáronlle e quedaron para o día seguinte para ir falar coa Farauteira. Á mañá seguinte foron á súa casa e ela recibiu a Pucho e Gabriel quedou fóra agardando. Cando lle contou o que pasaba ,tamén decidiu axudarlle e quedaron para ir ao xuízo para declarar. O día que chegou o xuízo de Solapo ,só foron declarar a favor de Solapo tres persoas ,pero bastou para que se soubese a verdade. O culpable do asasinato desa muller fora un home que a deixara embarazada e el non quería que a súa muller o soubese. Á fin todo o asunto estaba aclarado ,Solapo podía andar con liberdade coa Farauteira ,porque eran mozos de novos e os fillos que tiña a Farauteira eran deles dous ,e o rapaz xa estaba san e podía ir ao colexio.

A miña opinión: Pareceume un pouco bonito e interesante porque che aprende a que os erros que cometes se poden resolver con moito esforzo.

Nota:7