sábado, 30 de octubre de 2010

Cando petan na porta pola noite


O autor deste libro publicado pola editorial Xerais é Xabier P. Docampo.

O libro ten tres historias diferentes, o cal fai que me guste máis pola súa oferta variada. Sempre cabe a posibilidade de que se un relato non che gusta, que che gusten os outros. Pero neste caso gustáronme os tres, porque son fantásticos e por como están escritos, sobre todo o primeiro, por iso de ter un dobre e ter que pagar as consecuencias.


NOTA: 7

jueves, 28 de octubre de 2010

A verdadeira historia do burro Feldespato


O autor deste libro publicado por Galaxia é Xerardo Quintiá.

Este libro trata dun burro chamado Feldespato que se perdeu polo mundo e chegou a un barrio chamado Setelúas, onde coñeceu unha bruxa chamada Marica Pendella, quen o acolleu na súa casa. A bruxa durmía cen anos seguidos debido a un conxuro mal establecido. Mentres ela durmía o burro aprendeu a ler, a escribir e a falar, ata de que tanto pensar decatouse de que namorara de Marica. Como era un burro listo non tiña amigos, polo que decidiu ir percorrer mundo. Á volta escribiulle un poema á súa amada.
E ata que lla puido recitar non parou.


NOTA: 6

domingo, 24 de octubre de 2010

O Principiño


O autor deste libro é Antoine de Saint-Exupéry.

Era un neno ao que lle gustaba debuxar, pero os maiores prohibíronllo. De maior fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría no Sáhara, pero non lle quedaba auga máis que para 8 días. Ao espertar sorprendeuse ao ver un rapaciño diante del, xa que estaba a moita distancia de calquera lugar habitado. O neno, o principiño, pedíalle debuxos que el non sabía facer nun principio e foino coñecendo mellor.



NOTA: 7

jueves, 21 de octubre de 2010

A casiña azul



Este libro é de Sandra Camino.

O libro conta a historia dunha rapaza que é abandoada pola súa nai e maltratada polo seu pai; a única persoa que a quere é a súa avoa materna.
O libro gustoume moito, porque ten moito sentimento. Ademais, gustáronme moito as historias de amor, e non só porque poidan ter ou non un final feliz senón polas sensacións que transmite.



NOTA: 8

miércoles, 20 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Unha nena chamada Matilda é superdotada, aínda que ten un familia superanomal que non só non lle fai caso senón que non a quere nin a coida nin a mima como se debe amar un fillo. Buscándose a vida soa, aprende a ler a vai á biblioteca, de xeito que cando comeza o colexio ten lidos máis libros que a propia profesora, que vén sendo unha moza encantadora que deseguida apreciará a súa intelixencia en contra da malvada directora, de quen conseguirán vingarse como é debido.

Ao rematar de ler o libro vimos o filme: este é moi gracioso pero un pouco esaxerado. Paseino mellor lendo o libro.

NOTA: 7

VANESA a este libro dálle un 9,75.


martes, 19 de octubre de 2010

Matilda

O autor deste libro publicado en galego por Alfaguara é Roald Dahl.

Matilda é unha nena de oito anos, superdotada, que é tratada mal pola súa propia familia. Aprende a ler soa, mirando os xornais do pai. Logo vai todas as tardes á biblioteca a ler, e devora absolutamente todos os libros que lle poñan diante.
O pai de Matilda dedícase a vender coches estafando á xente. A Matilda non lle gusta esta actitude e víngase do pai, polos malos tratos e por mala persoa, de diferentes xeitos.
Cando Matilda comeza o colexio, a súa profesora percátase de que a rapaza é extraordinaria. Fala coa directora para cambiala para un curso superior, pero esta resulta ser unha bruxa mala que só pensa mal dos nenos e nenas do colexio.
A nena e a profesora fanse moi amigas e pasan tardes xuntas; así Matilda descobre a verdadeira vida da profesora e da directora e decide intervir.
E xa non vos conto máis.
Matilda é un libro moi divertido que nos fai rir e cavilar en que ser superdotado tampouco é unha opción moi boa. Gustoume moito o final. Se a comparo coa película, terei que engadir que me gustou máis o libro, a película é un pouco fantástica de máis.


NOTA: 7

sábado, 16 de octubre de 2010

Olga e o dinosauro

O autor deste libro publicado pola editorial Galaxia é Breogán Riveiro.


Trata dunha nena que se chama Olga a quen un día lle sae un dinosaurio sabichón que fala. Este díxolle que se non sabía por onde se saía e ela contestoulle que nunca vira a ninguén saír de alí, do seu armario. Como non deron con ningunha porta, acabaron tendo fame. Logo saíron á rúa e chegaron a un parque onde había un neno moi malo, polo que o dinosaurio comeuno, pero Olga mandou que o escupise. Cando volveron para a casa, prenderon a tele, onde botaban un documental sobre o camiño de Santiago, o que fixo cavilar ao dinausario.


NOTA: 6

viernes, 15 de octubre de 2010

Voces de vacas


O autor deste libro é Xavier López Rodríguez


O libro trata da vida dunha vaca, a Dourada, cando xa é maior. Ao seu arredor, comparten "casa" con ela outras vacas, personificadas e con voz propia. Páxina a páxina imos sabendo das súas debilidades e virtudes, da axuda que lles ofrece a Dourada como "alma mater".


NOTA: 3

viernes, 1 de octubre de 2010

Premio

A finais de maio presentamos o Proxecto 7+1 integrado polos blogues setemaisun e linguademontes aos V Premios da Fundación Impuls. Estes dous blogues estaban xestionados e realizados basicamente polo alumnado de PDC. En xullo, recibimos a noticia de que foran merecedores do II Premio Talita-Impuls, como boa experiencia docente de integración das TIC na aula para alumnos con Necesidades Educativas Especiais.
Daquela queremos deixar constancia do noso agradecemento a quen así o estimou. Para nós foi tamén un gran impulso e a confirmación de que traballabamos nunha liña que tamén outros pensaban axeitada.
E como coordinador, tan só compartilo con elas e con eles: con Alba, Dani B., Dani S., David, Guille, Iria, Iván, Jónatan, Lucía Leticia, Lucía, Marius, Ramón, Raquel e Santi. Grazas por aprendermos xuntos e por tantos sorrisos nestes tres últimos anos. E tamén a Marta (compañeira do ámbito científico) e Adriana (orientadora), por compartir as mesmas ideas.
Así mesmo, gustaríame recoñecer o traballo de moitas blogueiras e blogueiros en lingua galega agrupados en normalizagaliza. Non poucas veces nos deron ideas para mellorar o noso traballo.
E por último sinalar que, aínda que circunstancias laborais me afastan temporalmente deste proxecto, estou seguro de que vai seguir incluso con máis forza e con novas ideas.