jueves, 20 de diciembre de 2007

Mutacións Xenéticas










O libro que eu lin titúlase Mutacións Xenéticas e a sua autora é Fina Casalderrey. Este libro trata de que un rapaz que se chama Hadrian e vive en Londres vai pasar as vacacións co seu avó que vive en Galicia, concretamente en Fisterra.
Os pais do rapaz ían ir de lúa de mel e como non tiñan con quen deixar ó rapaz mandárono co seu avó. O rapaz pensaba para si que todo o que estudiara non lle valera para nada porque agora íano mandar co avó e alí íase aburrir moito.
Ó día seguinte que lle deron as notas ó rapaz os pais acompañaron a Hadrian ó aeroporto e Hadrián nunca montara en avión. Cando chegou a Santiago buscou polo avó pero non o atopou e foi para o bar do aeroporto. Acordouse da equipaxe pero cando foi collela xa non estaba. Regresou ó bar e alí viu a un señor que non tiña moi boas pintas pero tiña a súa equipaxe. Preguntoulle se era Manuel e el respondeulle que si. Hadrian montou no seu coche e cruzaron moitas aldeas e moitas montañas. Chegaron a unha casa que era moi vella. O avó parou e baixou do coche. Abreu as portas do garaxe e meteu alí o coche. Baixaron por un corredor que estaba ás escuras e chegaron a unha parte na que había un aparello que ía por debaixo da auga. O avó díxolle que estivera tranquilo que el fixera un túnel especial para que o aparello non rozara contra as paredes para non rompelas. Hadrián miraba para os lados e vía os peixes e as plantas que había debaixo da auga. Chegaron ata a vivenda e era como unha especie de cova, só que tiña mobles, luz e ademais estábase quente aínda que polas paredes caía auga do mar que estaba fría. O avó de Hadrián era un científico moi importante que estaba traballando nun traballo que cambiaría a vida do mundo. El dixera que estaba retirado para que os periodistas o deixaran en paz. En Fisterra toda a xente pensaba que era un campesiño que vivía no medio do monte porque estaba algo tolo. O avó díxolle a Hadrián que se tumbase a descansar xa que mañá lle tiña que ensinar unha cousa moi importante. Ó día seguinte o avó non estaba na casa e Hadrián saíu pola porta pola que o avó lle dixera que esa porta non podía ir só. Hadrián saíu e foi por unha cova e chegou ata o que parecía un pequeno laboratorio. Cando entrou alí había unha gran serpe e Hadrián quedouse quieto. Cando a serpe o ía picar Hadrián gritoulle que parase e a serpe marchou. Hadrián botou a correr para a casa pero con tantos nervios perdeuse e comezou a berrar. O avó ó escoitalo chamaba por el pero non o vía. Hadrián chegou á casa e o avó estábao esperando á porta da casa pero non lle dixo nada. Hadrián preguntoulle que facía con eses animais e entón o avó díxolle que estivera os cinco últimos anos experimentando con todo tipo de animais e lograra amaestralos e agora non farían falta os robots e consumiríase moita menos enerxía. O avó pensaba vender os animais a África para que a xente non traballase tanto. O avó dixéralle a Hadrián que en Fisterra só tiña un amigo de confianza e que vivía nun barco. O avó díxolle a Hadrián que ía facer a compra e que volvía nunha hora máis ou menos. Hadrián esperou toda a tarde e toda a noite pero non aparecía e entón saíu en busca do avó e na praza da vila estaba o coche del coas chaves tiradas ó lado da roda do coche. Hadrián acordouse do que lle dixera o avó e foi onda o seu amigo. Os dous empezaron a buscalo por toda Fisterra pero non o atoparon.

Se queredes saber como atoparon o avó só tedes que ler o libro. E este libro está moi ben porque contén moitas aventuras e ademais é un libro que contén moita intriga porque non se sabe o que vai pasar co avó ata que remata o libro.

NOTA:9

No hay comentarios: