lunes, 29 de octubre de 2007

Camila


Este curso comecei lendo un libro en castelán titulado "Camila" de Madeleine L'Engle.

Este libro trata dunha rapaza chamada Camila que vive cos seus pais. Pouco a pouco Camila foise dando conta de que a súa nai lles estaba ocultando algo. Camila non entendía por que Jacques estaba todos os días na súa casa. A súa nai contáballe unha trola cada día ata que Camila os descubreu bicándose. A nai tratou de arranxar isto para que a filla non lle contase nada a seu pai. Deuse conta de que a relación dos seus pais non ía por bo camiño, así que ela despois do colexio marchaba para a súa casa coa súa mellor amiga. Luisa contáballe os problemas que tiña na súa casa pero Camila evitaba sacar comentarios sobre a súa vida, aínda que Luisa llo preguntaba. Unha tarde Camila coñeceu a Frank, que era o irmán de Luisa. Esta sentiu ciúmes do seu irmán por mor de que lle quitase a súa mellor amiga. Co paso do tempo comezaron a saír moito xuntos ata que un día Frank contoulle a Camila que tiña que marchar porque os seus pais se separaban e el ía co seu pai. Entón ela contoulle que ela tamén se tiña que ir porque os seus pais marchaban para Francia para recuperar o seu matrimonio. E asi ocorreu, Frank marchou sen despedirse dela aínda que lle deixou a súa irmán unha carta contandolle o motivo polo que non se despedida.

A miña opinión persoal é que este libro está moi ben aínda que ten un final que non me gusta porque Frank non acaba quedando con Camila.

NOTA: 7

3 comentarios:

Lucía dijo...

Ola! Somos Rosa e Lucía, alumnas do CAP, e estamos mirando o voso blog. Parécenos q está moi traballado e animámosvos para q sigades lendo e publicando. Aquí tedes unhas fans que vos escribirán de vez en cando.

P. D. Lucía Doval: O martes xa nos vemos!

Un saúdo e ata outra!!! :-)

Lucía dijo...

Ola! Somos Rosa e Lucía, alumnas do CAP desde Santiago. Estamos mirando o voso blog, e parécenos q está moi traballado. Animámosvos a que sigades lendo e publicando nel, q aquí tedes dúas fans que vos escribirán de vez en cando.

P. D. Lucía: O martes xa nos vemos!

Un saúdo e ata outra!!!! :-)

Lucía dijo...

ola! somos Rosa e Lucía, alumnas do CAP e estamos vendo o voso blog e parécenos moi interesante. Está moi traballado, dámosvos moitos ánimos para que sigades escribindo nel.

P. D. Lucía: O martes xa vos vexo.

Ata outra! :-)