martes, 27 de octubre de 2009

A historia. Primeiras civilizacións: Roma


Xa sabedes que nós somos, en boa medida, heredeiros da civilización romana. Para repasar algúns dos contidos traballados na aula, podedes facer esta actividade. Tes máis posibilidades aquí. E que vos parece esta caza do tesouro?

Non scholae sed vitae discimus (Séneca)




lunes, 26 de octubre de 2009

Leonel

O autor deste libro chamase Antón Cortizas. Este libro trata dun rapaz que non aprobou o curso e súa nai decidiu mandalo para casa dos seus avós. Un día pola mañá súa nai despertou e díxolle ao rapaz que o ía mandar de vacacións. O rapaz non quería ir porque nin sequera coñecía aos seus avos. Só os vira nas fotos de súa nai. O fillo colleu a maleta e subiu no tren que ía para a casa dos seus avós. Cando ía no tren, empezou a pensar que estas vacacións serían as peores da súa vida. Cando chegou, xa o estaba esperando o seu avó e un veciño na estación do tren. O veciño subiu no coche e díxolles aos dous que subisen tamén, que ía arrancar. O avó do rapaz díxolle que eles querían ir andando porque o vello queríalle ensinar moitas cousas ao seu neto, que nunca fora a esa aldea e polo tanto nunca vira esas cousas que había aí.
Antes de que chegasen á casa atopáronse co veciño que ía ir en busca deles. Ao chegar á casa, o rapaz estaba aburrido das hitorias que lle contara o seu avó. O vello estáballe mareando a cabeza todo o tempo con historias e contos. O seu avó díxolle que non se preocupase por que non ía estar só, xa que o veciño tiña unha neta da súa idade. Se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 9. Gustoume moito.

lunes, 19 de octubre de 2009

A historia. Primeiras civilizacións: Grecia

E agora, as dúas civilizacións que constitúen os alicerces da nosa: Grecia e Roma. A política. A ciencia. A arte e a literatura.
Primeiro imos con Grecia. E para empezar, reparade neste mapa conceptual sobre a civilización grega. E logo continúa con esta actividade e sigue con esta manchea delas. Remataremos cunha webquest sobre os xogos olímpicos.
Para axudarche quédache este ppt:

A historia. As primeiras civilizacións: Mesopotamia e Exipto

Despois de adicármolle unhas sesións á Prehistoria, tócalle agora ás primeiras civilizacións. Á Mesopotamia de Nínive, de Ur ou de Babilonia; á Mesopotamia dos pictogramas e á Mesopotamia dos zigurats. E tamén a Exipto: os segredos das pirámides, os faraóns, as momias, o xuízo dos mortos e os xeroglíficos. E o Nilo.
Para facervos a cousa más entretida aquí vos deixo algúns enlaces. Para Mesopotamia e Exipto podes realizar esta actividade. Enlázovos información sobre Mesopotamia e Exipto de interese.


jueves, 15 de octubre de 2009

Xuntos mais nada

A autora deste libro chámase Anna Gavalda.
No capitulo primeiro deste libro, comeza falando Paulette que ten que ir ao hostital por que se esvaece.
Alí vaina ver o seu neto Franck. El xa está moi canso de que a súa avoa non recoñeza o seu esforzo de ir todos os dias a vela pero ao final compréndeo.
Por outra banda, o compañeiro de piso de Franck mete na súa casa a unha rapaza chamada Camille e a el amólalle moito.
No segundo capítulo fálase de que Frank e Camille xa se comezan a levar ben; pero, con todo iso, aínda hai tensión.
Despois chegan as vacacións de nadal e Philibert marcha xunto da súa familia e quedan eles dous sós.
Fanck e Camille xa se levan bastante ben e el pídelle a Camille se o día de fin de ano pode ir botarlle unha man ao restaurante onde traballa e ela acepta.
Alí no restaurante todo foi moi ben e iso axudou a que a súa relación mellorase.
Un día Camille foi con el por aí e dende esa vez comezaron a contarse cousas das súas vidas e a levarse moi ben.
El empezou a axudarlle a que engordase para que se puxese máis guapa e ao final conseguiuno.
Despois diso levaron a vivir a Paulette con eles e todos estaban moi contentos e felices.
Se queres saber como remata o libro só che queda lelo.
A miña nota é un 7 porque non é moi emocionante e polo tanto non me gustou moito.

jueves, 8 de octubre de 2009

A illa do tesouro

Este libro está escrito por Robert Louis Stevenson. Trata da vida dun mozo, Jim, que traballa no bar de seu pai, "O almirante Benbow". Un día entra pola porta do bar un mariñeiro que quería pasar uns días por alí. Aloxouse no bar, e botou alí moito máis tempo do previsto. Bebía moito e impoñía respecto aos demais clientes. Tamen o Dr. Livesey, que non se levaba moi ben co mariñeiro, frecuentaba ese bar. Un día entrou un home, chamado "O gato Negro" preguntando polo mariñeiro e, cando o atopou, tiveron unha gran disputa, na que o mariñeiro acabou ferido. Morreu máis tarde por culpa do alcohol. O mariñeiro tiña un baúl que non quería que se abrise, así que Jim aproveitou para cobrar as débedas do mariñeiro. Atopou un mapa dun tesouro. Cando se reuniron os suficientes homes, embarcaron. Aí coñeceu a John Silver e o seu loro, O Capitán Flint. Durante a travesía Jim caeu nun barril de mazás e ,aí escondido, escoitou que John Silver preparaba un motín. Despois Jim, atopou a Benn Gunn, que é un pirata abandonado na illa por John Silver. Benn, que levaba na illa un tempo, atopou o tesouro antes e transladouno á súa cova, por iso os demais non o encontraron no lugar que esperaban. Cando o acharon, levárono dificultosamente cara "A Española" (ó seu barco). Cando estaban desembarcando, Benn díxolle a Jim que John Silver escapara con parte do botín.
Para min foi aburrido ao principio e intenso ao final. 8/10

A expedición do Pacífico

A autora deste libro é Marilar Aleixandre. Este libro trata duns mariñeiros que queren investigar os insectos. Pararon o barco na beira do mar. Andrés e Claudio eran os zóologos desta expedición. Pero o proprio Andrés recoñecía que o Claudio sabía máis ca el dos insectos. Na expedición tamén estaba Beatrice, que é a irmá de Andrés, e Emilia é a súa nai. Despois a nai da rapaza, que tamén estaba con eles, díxolle á filla que as mulleres non poden ir por aí polas selvas. Emilia, que é a nai da rapaza, díxolle que, cando ela teña a idade do seu irmán Andrés, xa estará casada. Despois de que xa acabaron a expedición, colleron o barco e decidiron ir para as Canarias. Aí podía ser o fin das súas expedicións. A expedición ata as Canarias duraba polo menos tres días. A rapaza levaba durmindo xa bastante tempo no barco e espertou moi rápido por un soño que tivo; non sabía que hora era, pero tiña fame. Mentres ela estaba comendo, seu irmán Andrés daba voltas na cama. Na seguinte expedición o Arguijo era o capitán e era o responsable de todos os membros da expedición e o don Aurelio Buiza, igual. A maior parte do tempo que estivo en Chile foi no deserto de Atacama. En xuño de 1870 embarcaron de novo na goleta cara Perú, Ecuador e Centroamérica. En Perú pasaron os meses de xullo a setembro. O último tramo que fixeron foi polo Amazonas. Ao final do tramo quedaron sen diñeiro para comprarlle á rapaza libros e roupa para vestirla. Embarcaron en novembro de 1871 e chegaron a Lisboa un mes despois. No mes de maio de 1872 organizaron unha exposición
no Real Xardín Botanico de Madrid. Se queredes saber o final deste libro, tedes que lelo. A este libro doulle un 8.

jueves, 1 de octubre de 2009

O último traballo do señor Luna

O autor deste libro é César Mallorquí.
Este libro trata dun home a quen lle chamaban O asasino e tamén lle chamaban Luna. Un día foi co seu todoterreo ata a selva porque estaba citado co señor Coronado. A el non lle gustaba a selva pola que tivo que pasar porque estaba repleta de animais salvaxes e o señor Luna era un señor de cidade. Máis adiante atopouse cunha ponte que cruzou sen medo co seu todoterreo. Despois atopou un gran muro de pedra polo que non se lograba ver o que alí dentro había. Fóra había catro gardas de seguridade que o revisaron por se puidese levar algunha arma. O señor Luna díxolle que tiña unha cita co señor Coronado e un dos gardas levouno ata o salón da casa. O garda foi avisar ao señor Coronado.
Cando chegou o señor Coronado, díxolle que tiña un recado que tiña que facer e que era moi importante. O señor Coronado non sabía seguro se o señor Luna non era un inimigo seu e entón Coronado mandoulle ao seu fillo Tacho, que estaba alí con eles, que o revisase. Tacho obedeceuno e revisouno, pero o señor Luna díxolle que xa era a segunda vez que o revisaban. O señor Luna tiña na súa man unha revista que collera no salón para pasar o tempo. Entón, mentres estaban falando do traballo que tiña que facer o señor Luna, que era que tiña que matar a Flor, unha muller que lle fixera moito dano ao señor Coronado, este puxo na boca a revista de maneira enrolada e soprou. Desa revista saíu unha agulla pequena que contiña veleno dentro. Esa agulla pasou preto do señor Coronado e cravouse na parede. Tacho colleu a agulla e díxolle ó señor Luna que, se tiña a intención de matar a seu pai, estaba equivocado. Desa maneira o señor Luna demostroulle a Coronado que era moi bo asasino. O señor Coronado quedou convencido e contratouno. El deulle todos os papeis que precisaría con toda a información necesaria e tamén lle deu un sobre con diñeiro para o que precisase. Ao día seguinte, o señor Luna foi para España a buscar a Flor. Luna, alí, estivo polas prazas máis concorridas polos norteamericanos, preguntando pola súa suposta tía, que non o era. A señora Flor traballaba na casa dun rapaz chamado Paulo. Ao señor Luna informárano de que Flor estivera traballando nunha discoteca. Entón foi alí e preguntoulle a unha señora chamada Gladis. Ela díxolle que estaba traballando de criada nunha casa nas aforas de Madrid. O señor Luna non quixo perder máis tempo e foi ver se estaba alí. O señor Luna púxose a pasear ao redor da casa na que ela traballaba para coñecer o lugar. Ao día seguinte informou a Tachiño de que xa sabía donde traballaba Flor Huanaco e Tacho díxolle que acabase pronto con esa señora e non perdese máis tempo. O señor Luna foi ata esa casa pero foi con outra vestimenta para que ninguén o coñecese e menos Flor. Flor fora dar un paseo nas súas horas libres e de volta para a casa, viu ao señor Manuel, a man dereita de Coronado. Ela ,toda asustada, foi ata unha cabina para chamar a súa filla e avisala de que vira a ese señor. O rapaz que vivía na casa en que traballaba Flor citouse coa súa filla para que o aprendese a bailar e ,cando ían sós os dous pola rúa, achegouselle unha furgoneta que secuestrou a Susana, a filla de Flor. Cando o rapaz chegou á casa e lle contou todo a Flor, ela tivo unha chamada do señor Luna, que lle dixo que fose a un lugar para falar con ela sobre a súa filla. Ela foi, pero antes contoulle todos os "trapicheos" que fixera Coronado ao rapaz e deulle unha carta que tiña que levarlle aos bolivianos. Paulo, que era o rapaz que vivía na casa onde traballaba Flor, non sabía que facer, ata que ao final decidiu ir ata onde estaban elas dúas secuestradas para sacalas de alí. O rapaz chamou a un amigo para pedirlle axuda, para que lle levase esa carta aos bolivianos. O amigo non se enteraba de nada pero de todos modos axudoulle. O seu amigo foi ata alí, mentres que o rapaz foi intentar entrar no lugar do secuestro. O amigo de Paulo entregoulle a carta aos bolivianos e eles foron ata o lugar onde estaban secuestradas a señora flor e a súa filla, e entón os bolivianos...
A miña nota é un 7

O que é a vida

Este libro é o primeiro que leo neste novo curso que acabamos de comezar.
O libro é de M.Lourenzo González e titúlase O que é a vida. Ao principio trata dun mozo que se chama Teo Runner que traballa de repartidor nunha pizzería. Gústalle moito correr coa súa moto e sempre é o primeiro en entregar os seus pedidos e o xefe sempre o pon como exemplo de eficacia diante dos demais compañeros para que eles collan o exemplo de Teo e fagan o mesmo. Aínda que ningún deles lle fai moito caso, Berta, que é unha das súas compañeiras, non se encontraba no seu posto de traballo. Probablemente se encontrase non servizos maquillándose, xa que o seu afán era impresionar aos demais. Outro compañeiro de Teo é Xoaquín.
Neste libro aínda hai moitos máis protagonistas como, por exemplo, o cabo Palmeira e a enfermeira Carla. Estes dous personaxes só se encontran na intimidade, xa que ela está casada e a el a muller deixouno porque lle gustaban as mulleres.
Teo ten unha morea de amigos e amigas, algunhas máis especiais ca outras. A el gustáballe bastante Claudia, pero a Héitor tamén lle gustaba a pesar de que estaba con Lore. Un día Claudia organizou unha festa, pero ningún deles tiña moi claro se ía ir. Lore chamou a Teo para quedar con el, porque tiña que dicirlle algo importante. Entón quedaron. Cando se viron, Lore non se atrevía a dicir nada, ata que finalmente o fixo. Díxolle que estaba embarazada e que era de Heitor e que por iso non quería ir á festa de Claudia, para non velo. Lore non sabía moi ben o que ía facer co do embarazo e pediulle axuda a Teo porque ela sabía que a comprendería e lle axudaría. Así foi. El díxolle que podía contar con el para o que precisase. Ao día seguinte Teo foi ao hospital para pedir información sobre unha clínica para abortos, pero a recepcionista non lla quería dar por varias cousas: primeiro porque el era un home e segundo porque era menor. Cando a recepcionista se despistou, Teo rouboulle o caderno onde tiña todas as clínicas. Colleu o caderno e marchou correndo para poder chamar a Lore e dicirllo. Teo díxolle de quedar para podar darlle a libreta e así foi. Ao acabar de traballar, Teo quedou para darlle a libreta, pero non só aconteceu iso. Cando chegaron a onde quedaran, ela díxolle de ir ao seu piso. Así foi, pero se queredes saber que pasou no piso de Lore o que tendes que facer é ler o libro.
A miña nota é de un 7.

Crime en Compostela


O seu autor é Carlos G. Reigosa.
O libro trata dun home que ven de Estados Unidos porque un compañeiro o chamou. Un día cando foi de festa tivo unha liorta cun home americano. Logo disto foi ata outro Pub onde traballaba Cristina. Ao cabo duns días volveu ao Pub onde tivera a liorta, topouse co americano e este díxolle se quería formar parte dunha axencia de detectives. Ao cabo dun tempo houbo un asasinato en Santiago preto das Casas Reais na zona monumental. O seu amigo contoulle a historia de toda a xente que veu de fora para facerse rica. Díxolle que o home asasinado fixera unha cooperativa con outro home e que logo por culpa dalgún problema separáronse. Nivardo acordouse de Teresa,a muller de Terencio, chamouna e preguntoulle se podía quedar con ela no bar de "A Ferradura". Despois de quedar con ela, este xa tiña ben claro quen era o asasino. Nivardo contoulle unha historia diferente a que ela sabía. Contoulle que Terencio o seu home non ía xogar a partida os luns senon que ía o club onde tamén ía Aurelio. Tamén lle contou que Aurelio andaba cunha prostituta portuguesa e que Silvio (outro portugués)lle sacou unhas fotos. Este home quería facerlle chantaxe, e como non o conseguiu matouno. O final saíulle mal a súa forma de facerse rico en dous días e por culpa diso os dous irmáns portugueses Silvio e Joaquín Gomes foron detidos por cometer o asasinato de Aurelio.
Este libro gustoume e por eso a miña nota é un 9.

Donde surgen las sombras

O autor deste libro chámase David Lozano Garbal.
Este libro trata duns rapaces que se chaman Gabriel, Mateo e Lucía. Eles tres andan na busca dun amigo que se chama Alex, porque supostamente marchou da casa, pero aos seus amigos parécelle moi sospeitoso que marchara da casa tan de repente. Os tres amigos coméntanllo a un policía que se chama Garcés, pero el non lles fai caso, entón seguen indagando eles pola súa conta.
Eles tres buscan no ordenador de Alex algo que os poida axudar na busca e atopan un videoxogo moi estraño onde Mateo pensa que sae Alex. Despois diso chegaron uns homes cunhas máscaras e dixéronlle a Gabriel que deixaran de buscar a Alex, se non querian acabar mortos. Despois que pasara iso fóronllo contar ao policía e creunos, pero pediulles aos rapaces que eles pararan de indagar pola súa conta, pero non lle fixeron caso. O inspector descubriu que había unhas mortes moi parecidas cada ano cerca de onde vivía Alex e empezou a indagar. Despois de moito fixarse nos detalles, os tres amigos decatáronse de que había unhas tapas de sumidoiro moi distintas ás outras e decidiron ir mirar o que había, pero sen que ninguén se decatara. Cando baixaron, atoparon algunhas cousas moi estranas e de repente desapareceu Lucía. Cando se deron conta de que Lucía desparecera, puxéronse coma tolos a buscala, pero ela non aparecía. Entón viron un home de negro que se dirixía a un lugar e comezaron a seguilo para intentar saír e dar chegado onda Lucía.
Mentres tanto Lucía estaba cos homes de negro que a levaran a unha sala onde había moitas cousas de informática. Ao final Garcés conseguiu salvar a todos os rapaces e conseguiu deter os asasinos.
Este libro gustoume moito porque era moi intrigante e doulle un 10.