miércoles, 28 de noviembre de 2007

El caso del cuadro desaparecido




O seguinte libro que eu lin é "El caso del cuadro desaparecido" e o seu autor é Jordi Sierra i Fabra. O libro trata dun rapaz que se chama Poli e que vai vivir coa súa avoa porque os seus pais acabaran de morrer. A avoa ten un albergue onde se hospedan os extranxeiros e Poli axudaa no que pode.


Era o último día de colexio e entregaban as notas. Poli e máis os seus amigos estaban diante do despacho do director Don Marcelino. Tocáballe a Poli e cando entrou ó despacho o director díxolle que lle quedaran as matemáticas pero que aínda así fixera un bo traballo xa que chegara no medio do curso. Ese día tiñan unha excursión a casa dos Viladecáns que eran os señores que máis cartos tiñan do pobo. Os Viladecáns eran unha parella de anciáns que morreran hai pouco e os seus netos estaban alí para cobrar a herdanza.


Os rapaces ían con Marcelino ver o Picasso que había na casa xa que estaba exposto para a xente antes de que se o levase o seu novo dono. Cando chegaron a casa dos Viladecáns timbraron a porta e apareceu un dos netos dos señores Viladecáns. Don Marcelino e mais os rapaces non sabían diferenciar os netos xa que eran xemelgos. Mandounos pasar a biblioteca onde estaba o Picasso e tódolos rapaces entraron a miralo. Estiveron alí dez minutos e fóronse da biblioteca e o neto dos Viladecans asegurouse de cerrar ben a porta. Foi nese momento cando Poli escoitou o can ladrar moi forte. O neto dos Viladecans contoulle toda a vida dos Viladecans e cando rematou de explicarllo todo Don Marcelino preguntoulle se podían volver a ver o cadro e o neto todo fachendoso díxolles que si e cando habreu a porta o cadro xa non estaba alí. Inmediatamente se presentaron alí os outros dous netos e chamaron a Garda Civil. Fixéronlle preguntas a toda a xente que se atopaba alí ata os que traballaban alí de toda a vida. Levaron presa a nai de Merce que era a mellor amiga de Poli. Inmediatamante as compañeiras de traballo da nai de Merce dixeron que ela estivera con elas todo o tempo na cociña pero ao tenente doulle igual o que lle dixeran e levárona para ós calabozos. Poli, Leónidas, Merce e os demais da pandilla empezaron a investigar para averiguar quen fora o que roubara o cadro. Botaron moitos días investigando e cando chegou o inspector de Barcelona Poli os demais xa o tiñan todo resolto e ... a lelo.


NOTA:8

martes, 27 de noviembre de 2007

El retorno de la momia


Eu tamén lín o libro EL RETORNO DE LA MOMIA. Un libro que trata dun rapaz que se chama Gabe e vai de vacacions ó Cairo có seu tio Ben e a súa prima Sari a Exipto.
O tio Ben era exiptólogo e estaba descubrindo a tumba de khor-ru . Gabe chegou a Exipto e foi recibido pola súa prima Sari e o seu tio Ben . Dias máis tarde foron ás pirámides e coñeceron a unha periodista que se chamaba Nila. Nila tiña un medallón exípcio igual ca o de Gabe. Despois de varios días de traballo por fin chegaron ó sepulcro , chegaron á camara onde fora enterrado o faraón e os seus tesouros. O socio do tio Ben non quería que destaparan a tumba onde se encontraba a momia , porque había unha maldición . Pero eles non lle fixeron caso e destaparon a tumba e nela había unha momia. Esa noite o socio do tio Ben e él marcharon todos preocupados hacía o interior da pirámide, Sari e Gabe seguíronos e despois de moito tempo de espera só saíu o socio do tío Ben que estaba totalmente espantado. Entraron na pirámide e atoparon a Ben inconsciente, e nese momento atacounos unha momia. Cando Gabe quixo coller os seus amuletos, o seu medallón e a súa man de momia en miniatura, non os tiña, roubáranllos . Nese momento entrou Nila con eles e ordenoulle á momia que os matara. Se queredes saber mais deste libro lédelo.
Eu recomendo este libro por que é breve e está moi ben.

Nota: 7





Leonel(despois de lelo)


Este libro que vos vou contar de A. Cortizas é bastante intrigante, xa que o protagonista empeza a investigar.
Miguel era un rapaz baixo e cunha voz moi rouca. Estaban xa a final de curso e Miguel non estaba estudando nada o sexa que ía suspender. O día que chegaron as notas a casa a nai de Miguel castigouno e mandouno para a casa dos seus avós.
Cando chegou á vila dos seus avós, o seu avó quíxolle ensinar unha cabana que fixera el cando era máis novo. Despois de estar no monte marcharon para casa e a súa avoa xa tiña a cea feita e mandou a Miguel a deixar as cousas ao seu cuarto e cando baixou puxéronse a cear. Esa mesma noite Miguel tivo un soño cun lobo que tiña a espalda prateada. Ao día seguinte cando se ergueu díxollo ao seu avó e el riuse del. Máis tarde petaron á porta uns amigos dos avós que viñan coa súa neta Ana, entón Miguel foi abrir a porta e saudounos. Despois de saudalos os avós marcharon e quedaron sós. Máis tarde cando colleron unha pouca confianza saudáronse entre eles e puxéronse a falar das súas cousas. Ao día seguinte Miguel marchou a buscar a Ana á súa casa pero cando chegou dixéronlle que non estaba. Cando marchou foi para a casa e encontrou no seu cuarto unha carta de Leonel que era o antigo dono da casa, esa nota dicía que nos hórreos había máis. Cando Ana chegou a casa de Miguel el ensinoulle a carta e puxéronse a investigar. Un día foron a unha mina e alí encontraron outra nota. Eles xa estaban intrigados e despois desa encontraron outras dúas.


Se queres saber o final le o libro e xa verás como che gusta. A min gustoume porque foi moi entretido e intrigante.


NOTA 8

lunes, 19 de noviembre de 2007

Dos arquivos do trasno


Rafael Dieste escribiu Dos arquivos do trasno , un libro que consta de varios relatos , un destes relatos é O VAGAMUNDO .
O vagamundo era un home que andaba de aquí para acolá, non tiña casa, vivía do que atopaba no lixo, andaba cun pantalón e cunha chaqueta remendada e tamén coa súa bouza. Fora un rapaz que non fora á escola. O seu pai morrera e a súa nai era prostituta . Era o cabezilla dunha banda de rapaces, rapaces que formalizaron mentres que el seguía sendo un rapaz. Deixaron de andar con el para rirse, coma toda a xente que se ría do vagamundo; coma unhas mulleres que se comezaron a rír do vagamundo. Unha destas era unha muller fermosa que namorou ó vagamundo. O vagamundo foina espiar mentras esta estaba lavando no río. Escondeuse detrás dunha silveira. Veu unha ráfaga de vento e caeulle unha mazá na cabeza dura coma unha pedra e matouno.
A miña opinión persoal é que recomendo este libro a persoas de certa idade porque non é doado de entender pese a iso , a min gustoume .
Nota 7 .

El retorno de la momia


O segundo libro que lin titúlase El retorno de la momia e o seu autor é R. L. Stine.
Este libro trata das aventuras dun rapaz chamado Gabe, un rapaz moi aventureiro que en cada aventura que lle ocorre sempre resulta ser o heroe. Un día o seu tío Ben decide ir ás pirámides de Exipto e queren ir investigar unha tumba dun faraón. A Gabe faille moita ilusión ir ás pirámides de Exipto porque o último ano que el fora ocorréranlle moitas aventuras aterradoras pero apaixoantes. Ben decide levar ás pirámides a Gabe e a Sari, prima de Gabe. Nancy era a azafata do avión no que Gabe viña e tratouno moi ben durante o vo, entón ela tamen vai ir con eles. A Gabe estábao esperando no Cairo o seu tío Ben para ir para a casa. Xa na casa, o tío díxolle a Gabe que ían ir ver as parámides de Exipto ó día seginte. Xa pola mañá preparan as cousas para ir a Exipto e Gabe está ansioso xa de chegar porque pensa que lle vai ocorrer unha avetura como a vez pasada que fora as pirámides.
Xa dentro das pirámides vanlle ocorrer cousas interesantes e misteriosas pero iso só ó ides descubrir se ledes o libro.

Nota: 7

martes, 13 de noviembre de 2007

Las pelirrojas traen mala suerte


Este é o meu seguinte libro, Las pelirrojas traen mala suerte. Foi escrito por Manuel Luis Alonso.
Este libro trata dun rapaz chamado Buenaventura, pero todos lle chaman Chico. Un día, despois de ter una discusión cos seus pais por culpa das notas do colexio, decidiu marchar da súa casa. Empezou a camiñar e encontrouse cun grupo de rapaces que estaban sentados na porta dunha fábrica. Estes chamárono e despois de estar a tarde enteira falando con eles quedou a durmir dentro da fábrica. Esa tarde tiveron que ordenar e limpar todo para poder durmir. Chico non aguantou e foise. Ao outro día una roxa encontrouno e puxéronse a fumar e de paso a falar cousas da súa vida. Pero esa tarde a policía botounos da fábrica por culpa dos veciños. Empezaron a camiñar polas e cada día ían de bar en bar. Helena propúxose buscar ao seu mozo chamado Juan. Helena tiña que buscar primero a Héctor amigo de Juan para saber onde se encontraba. Chico foise con Helena a buscar a Héctor que vivía fóra de Granada. Chico non deixaba a Helena porque estaba namorado dela. Na súa viaxe que fixeran para encontrar ao seu amigo intentáronos matar. Horacio era o detective que tiña o pai de Juan e encontrou a Helena e levouna a onde se encontraba o pai para que lle explicara onde estaba o seu mozo. Cando lle dixeron que Juan se encontraba en Brasil ela non o cría. O pai de Juan díxolle que se quería lle pagaba o billete para irse xunto a el. A policía buscábaos por un roubo que houbera nun banco e resulta que os ladróns foran os policías. Helena díxolle a Chico que algún día se volverían a ver. Chico volveu para a súa casa porque pensou que os sus pais estaban sufrindo pola súa ausencia.
Este libro recoméndollelo a personas que pensen que fóra da casa a vida é mellor e paréceme interesante para os rapaces que se encontran nunha idade difícil.
Nota:8

viernes, 9 de noviembre de 2007

Á lus do candil


O libro que lin titúlase A lus do Candil e o seu autor é Anxel Fole. Este libro ten varios relatos , dun deles vou facer o seguinte resumo: OS LOBOS .

Din que os lobos non atacan as persoas pero iso non è certo; por exemplo habia moitas persoas que a xente pensaba que marchaban ás Américas e non se sabía mais deles, e despois un cazador topaba unha caliveira nas xesteiras. Un destes casos ocorreulle ó capador de Rugando , que foi capar un rancho. Pola noite tiña que ir a pé ata a súa casa porque perdera a besta nunha aposta das cartas . Cando comezou o camiño non vira lobo ningún , pero por se acaso encheu os petos da chaqueta de pedras e colleu uns mistos . De aí a un pouco empezou a ver e a escoitar lobos , lobos que se acercaban a el. Pero cando un deles se lle acercaba apañaba unha pedra, ata que se quedou sen pedras , e os lobos empezáronse a acercar , a zorregarlle o rabo nas pernas . Nese momento Emilio sentía que non podía máis, estaba a punto de desmaiarse, cando de repente escoitou uns tiros, eran os seus cuñados que viñan a axudalo; levárono á casa e déronlle auga, despois varréuselle o sentido e cando volveu en si dixo:
- Para que vexades como traballan os lobos á xente .

A miña opinión persoal deste libro é que está moi ben . Este libro é moi entretido , oúnico malo é o vocabulario , porque hai palabras que non se entenden moi ben .
NOTA: 9 .

miércoles, 7 de noviembre de 2007

Tres pasos polo misterio



O autor do libro Tres pasos polo misterio é Agustín Fernández Paz e a editorial é Xerais dentro da colección Fóra de xogo.

No primeiro capítulo un home que está no hospital pídelle a unha enfermeira unha libreta e empeza a contar o que lle pasou. El era un profesor que daba clase nunha universidade de Galiza e outras universidades máis importantes ofrecéranlle traballo pero el non quixo ir porque as universidades atopábanse moi lonxe e a el gustáballe moito Galiza. El especializárase no estudo das serpes e decidira facer unha escavación nun lugar que se chamaba Roza das Modias. El foi alí con algúns alumnos e reservara un hotel que se atopaba a uns 20 minutos pero el tiña unha tenda de campaña e estaba situada ao lado da escavación. Na Roza das Modias había tres esculturas, dúas estaban moi estragadas e a outra estaba moi ben conservada. Empezaron a escavar nas dúas figuras que estaban mais estragadas e alí so había obxectos de moi pouco valor. Na outra escultura había unha gran figura que representaba unha serpe. Levárona para un museo e ao principio ían moitos periodistas e tamén había moitos curiosos. Pouco a pouco foi deixando de ir a xente pero había unha parella de alemáns que ía todos os días e pareceulle estraño e empezáronos a investigar. Descubriron que estaban hospedados nun hotel de Lugo e un día pola mañá o garda de seguridade estaba facendo a ronda antes de abrir e viu que na vitrina da figura da serpe estaba todo descolocado e non estaba forzada a pechadura. Contoullo ao profesor e dende o primeiro momento el sabía que a parella de alemáns tiña algo que ver con iso. Esa noite quedou no museo sen que ninguén se dese conta. Escondeuse no despacho del e cando levaba un par de horas sentiu un ruído e cando foi mirar viu a muller alemá que estaba fronte a vitrina e falaba nun idioma moi raro e cando lle dixo que parase alguén lle dou un golpe na cabeza e caeu desmaiado. Cando se levantou viu na vitrina unha gran serpe e el presentía que as serpes ían invadir o mundo e dende aquela está no hospital e os médicos non saben o que ten. Hai outros dous relatos que seguen o mesmo estilo.
A min este libro gustoume porque é moi entretido xa que ten moitas aventuras e ademais ten moita intriga.
NOTA:8

lunes, 5 de noviembre de 2007

O que é a vida



O primeiro libro que lin titúlase O que é a vida, o seu autor é M. Lourenzo González e está editado na colección Fóra de Xogo, editoriais Xerais.
Este libro trata das aventuras que lle ocorren a un rapaz de 15 anos chamado Teo, un rapaz que lle gusta facerse o heroe ante os problemas e percances que ocorren o seu redor. Traballaba nunha pizzería, o Interpizza, repartindo pizzas coa súa moto, unha Bultaco. Un día vai a unha vila facer un reparto e divisa nun calellón a dous rapaces que se están metendo cunha rapaza. Teo baixou da moto e díxolle aos rapaces que deixasen a rapariga en paz e eles rebotáronse e empezáronse a meter con el, andaron pelexando un bo anaco ata que sentiron as sirenas dun coche da policía e os rapaces marcharon rápido daquel lugar, pero Teo quedou alí coa rapaza preguntándolle se estaba ben e se os rapaces lle fixeran dano. A rapaza díxolle que estaba ben que non se preocupara. Pasaron varios meses e os dous acabáronse enamorando. Un día Teo colleu o seu traxe de repartidor e tiroullo o xefe ás mans, díxolle que xa non quería traballar máis alí e que marchaba vivir coa súa moza.

O libro está moi ben e recoméndollo a todas as persoas que lle gusten os libros de aventuras.

NOTA: 8