jueves, 28 de abril de 2011

Tonecho de Rebordechao

Editorial Galaxia e escrito por Breogán Riveiro.




Trata dun rapaz de once anos que vive nunha vila pequeniña onde case non había xente. Nin xogos nin nada, namais ía a unha escola preto do seu pobo onde había poucos nenos e tan sequera había cursos namais que unha profesora moi guapa que lle gustaba a Tonecho e mais ao seu amigo Kevin: pelexaban porque a el tamén lle gustaba. Un día eles andaron polo pobo de Tonecho explorando un pouco e entraron nunha casa abandonada, pensaban que era a casa do home do unto. De alí a un cacho topáronse co home do unto, unha bruxa e mais un ogro pero todo era mentira...



NOTA:6

Tonecho de Rebordechao

Autor: Breogán Riveiro; Editorial: Galaxia



Este libro fálanos dun rapaz que pasa de vivir na cidade a vivir nuha aldea na que el era o único rapaz que había el para divertise, xogaba a play e metíase nas casas abandoadas; un día dixéronlle que non entrara máis nas casas e para que non o fixera dixéronlle que alí vivira o home do unto.

O rapaz no fixo caso e seguiu entrando na casa ata que un día a casa se veu abaixo: ao rapaz no lle pasou nada.
Pero como quería saber máis foise co seu can por unha carrileira onde o Home do unto soía matar.

Nota: 7

O home que prantaba árbores



Autor: Jean Giono Editorial Galaxia





Este conto trata dun mozo que emprendeu unha viaxe por terras descoñecidas. Eran terras de deserto, pobreza, sen persoas con quen falar. Entón un día encontrouse cun pastor con moi bo corazón. Era unha persoa solitaria de poucas palabras que mentres as súas ovellas pacían el plantaba árbores. Cada noite preparaba un cento e o final...







NOTA:5

jueves, 7 de abril de 2011

Cando petan na porta polo noite




Editorial: Xerais; Autor: Xabier Docampo



O espello do viaxeiro:

Trata dun home e dun ferreiro, os dous eran iguais, só se diferenciaban no ollo esquerdo, o home vivía na casa do ferreiro e un día puxéronse a pelexar polo viño e o ferreiro queimoulle o ollo ó home, o home todo enfurecido colleu e matou ó ferreiro, logo enterrouno...



O fornadas:

Trata dunha vella que non ten amigos na súa aldea, un día xúntanse os homes do pobo para pegarlle. Entón a muller antes de morrer díxolle a un dos homes que se ía vingar deles por matala. A un dos homes méteno no cárcere e a vella íalle quitando un órgano cada día, ata que acabou morrendo cun golpe na cabeza; cando o viron, decatáronse de que estaba baleiro por dentro, non tiña ningún órgano.


O cumpremortos:

Un día a un home chegoulle unha carta cun lazo negro que poñía que era o aniversario do día da súa morte. El pensou que era broma, pero despois enterouse de que non. Ano tras ano fóronlle chegando cartas ata o o cuarto ano no que el ía morrer, entón decidiu mudarse e chegou o día no que ía morrer, el estaba no parque, achegóuselle unha muller que lle preguntou que hora era, el mirou e....


A loba:

Trata duns mozos que teñen un fillo e a loba entra na casa deles e colle o neno sen facerlle dano, a loba métese nun palleiro e alí o home decide plantarlle lume á palleira, e cando se dá de conta de que o seu fillo tamén estaba dentro a casa xa empezara a arder...





NOTA: 6

Matilda




Autor:Roald Dahl. Editorial:Alfaguara.




Esta historia trata dunha rapaza chamada Matilda. Ela era moi intelixente pero seus pais non o recoñecían.


Cando empezou a ir a escola coñeceu a súa mestra a señorita Honey e tamen a súa directora á señorita Trunchbull pero ela era todo o contrario da señorita Honey mala, orgullosa e desafiante, todos os nenos lle tiñan medo.



Un día Matilda deuse de conta de que tiña poderes e de que podía mover as cousas de sitio, ela usábaos para vingarse da directora; unha tarde ao saír da escola a señorita Honey invitou a Matilda a merendar a súa casa e tras unha longa conversa Matilda descubreu un secreto da súa maestra......




NOTA:9´75

A verdadeira historia do burro Felldespato



Autor:Xerardo Quintiá; Editorial: Galaxia



Esta é a historia dun burro que lle escapa o dono e bai parar a casa dunha meiga.
O burro acaba namorando dela pero o problema que tiña é que a muller só espertaba unha vez cada 100 anos debido a un feitizo mal feito, só espertaba coa augardente que lle traía un primo seu


Nota: 5

No Corazón Do Bosque



Autor: Agustín Fernández Paz. Editorial: Anaya






O conto trata dunha rapaza que foi de excursión ó bosque e un trasno que se lle mete na mochila. Despois dun tempo fixéronse amigos ata o punto de que un día o levou ó colexio porque había un rapaz que se metía con ela e el axudoulle a que a deixara en paz. Un día encontrouse cunha trasna e...




NOTA: 5

O principiño


Eitorial: Galaxia, Autor: Antoine de Sain-Exupéry



Trata dun neno ó que lle gústaba debuxar, a quen os maiores lle dixeran que non debuxara máis. De maior fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría no Sahara, non lle quedaba auga máis que para 8 días. Ao espertar sorprendeuse de ver un rapaciño fronte a el, debido a que por alí non había poboación.

O neno pideulle que lle debuxara un año, e así fóronse coñecendo pouco a pouco. O Principiño non era un neno calquera, tiña algo especial, el estaba namorado dunha flor, a el acábao picando unha serpe. ¿morrerá?...



NOTA:5

Tonecho de rebordechao


Editor Breogan Riveiro, editorial Galaxia



Este libro sobre un rapaz chamado Tonecho que foi vivir a unha vila chamada Rebordechao, alí vivía cos seus avós. Sempre andaba a pasear co langrán. Un día foi a pasear ata o castiñeiro, ó porse a comer o bocadillo unha loba quixo atacalos pero o langrán defendeuno. Despois ocorréronlle uns feitos moi estraños: veu o home do unto, a unha bruxa e un ogro. Despois no hospital contáronlle que se...


NOTA: 5

Made in Galiza

Escrito por Sechu Sende. Editorial Galaxia

Este libro cóntanos as historias sobre o que debemos e non debemos facer para protexer a nosa lingua e así que non desapareza. Na miña opinión este libro non estivo mal e foi moi entretido.
Nota: 6

A expedición do pacífico




Autora: Marilar Aleixandre. Editorial: Xerais.






Este libro trata da historia dunha rapaza chamada Emilia, o seu soño é viaxar na expedición do Pacífico pero seus pais non a deixan porque din que non aguantaría a expedición. Andrés, o seu irmán maior é unha das persoas desa expedición. Un día que o van visitar, ela agóchase no barco, e así é como se infiltra na expedición. Pero despois duns días seu irmán dase conta, pero ó final ela faise pasar por un rapaz e viaxa xunto co seu irmán durante toda a expedición. Ó final da expedición cando xa se lle estaban acabando os cartos e mais o traballo, foron á casa do presidente da expedición e ......













NOTA:5,20








Contos de medo no museo

Este libro foi escrito por varios escritores, entre eles: Marilar Aleixandre, Fina Casalderrey, Xosé A.Neira Cruz e Antonio Reigosa

O libro trata de contos, sucesos que pasan no museo.




NOTA:8