martes, 29 de abril de 2008

O neno do pixama a raias

O libro que eu lin titúlase O neno co pixama de raias e o seu autor é John Boyne. Este libro trata dun rapaz que se chama Bruno e vivía coa súa familia en Berlín. Un mal día ascenderon ao pai de rango xa que traballaba no exército e fóronse vivir a un sitio que se chamaba Auswich e que estaba moi lonxe de Berlín. Bruno e mais a súa irmá non estaban moi contentos con ese lugar e a nai dos rapaces dicíalles que o fixeran polo seu propio ben xa que alí terían unha mellor educación. O Furias era o xefe do pai de Bruno e un día foi comer á casa do rapaz cunha muller que era moi amable. A Bruno non lle caeu ben xa que pasou del e mais da súa irmá Gretel. Bruno non tiña amigos e había un valado que non podía pasar e ao outro lado había moitos rapaces. Bruno un día coñece a un rapaz que se chama Shmuel e póñense a falar das súas vidas. Un día Bruno pasa ao outro lado do valado para axudar a buscar ao pai de Shmuel e se queredes saber como remata o libro tedes que lelo.

NOTA:7,5

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Oliñas Guillermo. Eu tamén lin este libro, pero en castelán. Gustoume, moitísimo, pero é tan triste!!!! Algo que me chamou a atención foi a capacidade do autor para poñerse na pel dun neno de ¿8 anos? (non lembro moi ben a súa idade): por exemplo cando Bruno pensa nos seus amigos de Berlín e di deles que eran os "seus mellores amigos para toda a vida". É certo, cando es pequeno, sempre pensas que os teus amigos -os que tes neses momentos- son os mellores, os que nunca teñen defectos e os que van a estar contigo para sempre. En fin, que me alegro de que a ti tamén che gustara o libro e que lle puxeras un 7'5 de nota.
Por certo, alégrome de que tamén che guste Antonio Machado. Unha apreta.

setemaisun dijo...

Ola Isabel. A min tamén me parece que ten un final moi triste e sorprendente xa que nun libro desas características non te esperas un final tan tráxico. A min o que máis me sorprendeu do libro foi cando Bruno e o seu amigo se puxeron a comer o anaco de polo e Bruno non deu a cara por el senón que dixo que non o coñecía de nada. Púxenlle un 7'5 porque o libro está moi ben pero ten algunhas cousas que non me gustaron moito como o final.