martes, 29 de abril de 2008

ASASINATO NO ORIENTE EXPRESS

Este libro foi escrito por Agahta Christie.
A historia deste libro transcorre nun tren. O que leva a responsabilidade desta viaxe chámase Poirot. Ten dous compañeiros un chamado Bouc e outro Constantine. Este tren ten varios vagóns e diferentes compartimentos. Neste tren aconteceron moitas cousas, pero o máis estraño foi un crime durante unha viaxe moi longa. Poirot empezou a investigar a xente que visitaba ese vagón, despois de encontrar a Ratchell morto con doce coiteladas no pescozo. Cando Poirot preguntaba moito os pasaxeiros mentian iso foi debido a que todos eses pasaxeiros do vagón traballaran na casa dos Amstroms. Resulta que nesa casa raptaron a rapaza máis pequena chamada Daisy. Cando Poirot quería descubrir quen fora o asasino decatouse de que todos podían ser, pero finalmente o asasino foi Peter Michel este era o revisor dos corredores e atendía os compartimentos cando o chaman polo timbre.
Se queres saber como foron as cousas paso a paso xa sabes, tes que ler o libro.
Eu recoméndolle este libro a todos que lle gusten as historias de intriga.
NOTA: 9



O neno do pixama a raias

O libro que eu lin titúlase O neno co pixama de raias e o seu autor é John Boyne. Este libro trata dun rapaz que se chama Bruno e vivía coa súa familia en Berlín. Un mal día ascenderon ao pai de rango xa que traballaba no exército e fóronse vivir a un sitio que se chamaba Auswich e que estaba moi lonxe de Berlín. Bruno e mais a súa irmá non estaban moi contentos con ese lugar e a nai dos rapaces dicíalles que o fixeran polo seu propio ben xa que alí terían unha mellor educación. O Furias era o xefe do pai de Bruno e un día foi comer á casa do rapaz cunha muller que era moi amable. A Bruno non lle caeu ben xa que pasou del e mais da súa irmá Gretel. Bruno non tiña amigos e había un valado que non podía pasar e ao outro lado había moitos rapaces. Bruno un día coñece a un rapaz que se chama Shmuel e póñense a falar das súas vidas. Un día Bruno pasa ao outro lado do valado para axudar a buscar ao pai de Shmuel e se queredes saber como remata o libro tedes que lelo.


NOTA:7,5

martes, 22 de abril de 2008

Robinson Crusoe

Este libro é do gran autor Daniel Defoe e trata do seguinte:Robinson e un rapaz que quere ir traballar fora da casa pero o seu pai non le quere deixar ir fora da casa a traballar. Un día un amigo díxolle se quería ir con el traballar e Robinson contestoulle que si. Xa embarcados sofren imnumerábles aventuras pero sen dubidalo nada a máis importante e cando uns mouros secuestran a toda a embarcación. Robinson convertese no servinte persoal do xefe o que lle axudou a fugarse un día levando con el outro mouro pequeno e indefenso. Logo robinson vese el so nunha illa donde tamen sofre bastantes aventuras con Venres un indixena que atopa naquela illa. Se queres saber como remata este apasionante libro recomendoche que o vexas.
NOTA:9

Resistencia

Este libro foi escrito por Rosa Aneiros.
Este libro trata dun rapaz chamado Dinís que a maior parte do tempo pasábao coa súa veciña chamada Carmen. Vivía nunha casa moi pobre xunto coa súa nai chamada Isaura. Ela traballaba de peixeira, repartía o peixe polos alredores da vila onde vivía. Estaba namorada dun home chamado Antonio que traballaba nunha fábrica. Na súa vila as veciñas estaban todo o día falando dela xa que estaba solteira e tiña un fillo. O pai dese rapaz era Antonio o mozo da súa nai da xuventude. Cando Isaura morreu Dinís foise a vivir preto da praia. Estando alí nun verán coñeceu a unha rapaza da que se namorou dela. Esta rapaza ao chegar o final do verán marchaba para a cidade, pero aínda así o seu amor sobrevivía porque se escribían todas as semanas. Dinís enterouse da morte da súa nai cando tiña idade de entender esas cousas. Se queres saber o final deste libro tes que ler o libro.
NOTA:8
Eu recoméndolle este libro a todas as persoas que lles gustan as historias enredadas.

Rosa Aneiros falando de Curros:

MEMORIAS DUN NENO LABREGO

Memorias dun neno labrego escribiuno Xosé Neira Vilas e foi publicado por Narrativa na coleccion Edicións do Castro .
Balbino é un rapaz da aldea. Ademais de vivir na aldea era dunha familia moi pobre polo que nunca saíra de Galicia e el quería ir para América. Seus pais eran caseiros e Balbino non entendía moi ben por que tiñan que darlle parte das ganancias e parte do que recollian ao dono das terras nas que traballaban. Balbino levantábase moi cedo polas mañás para levar as vacas ao monte e logo ir para a escola. Balbino era un rapaz que sempre estaba pensando porque pasaban as cousas como pasan. Un día veu unha profesora nova da que se namorou. Outro día coñeceu o seu mellor amigo que se chamaba Lelo co que compartía todo.
A Balbino nunca lle saían as cousas moi ben. Pronto quedou sen porque o seu amigo marchou para América, morreulle seu avó e outras cousas que para sabelas terás que ler o libro.
Pareceume un moi bo libro porque fala de como foi Galicia no pasado.
NOTA:9

Orgullo e prexuízo


A autora deste libro é Jane Austen.
Este libro trata da familia Bennet que ten cinco fillas (Lissy, Jane, Mary, Lydia e katty) que cada unha ten diferente maneira de ser. A nai destas o unico que pensaba era en casalas pronto e con homes ricos. Lissy unha das fillas maior non quería o que dicía a súa nai senón casar con alguén que ela quixera, de tal forma que cando o seu primo Collins lle pediu a man esta rexeitouno o cal fixo que todos se sorprenderan moito e a súa nai púxose fatal dos nervos, porque para ela Collins, ao ser rico, era o marido perfecto para a súa filla. Lissy ao final de moitos sucesos acabou guiándose polo seu corazón. Despois de moitos encontros desagradables e odio ante Darcy, acabáronse namorando e casaron. Jane viviu moitas desilusións por un amor que para ela era imposible, por culpa de que todos os querían separar, pero finalmente o amor de ambos puido con todo e acabaron casando. Lydia era a máis traste e escapou cun home que non lle conviña e para non acabar coa reputación da familia, acabárona casando con el aí nda que non lles agradou nada. Finalmente todo quedou amañado e todos felices porque despois de tantos problemas conseguiu cada un estar con quen quería...
Este libro non me gustou moito porque pereceume moi lioso e pouco comprensible.
Nota:5



Aire Negro

Este libro titúlase Aire Negro e está escrito por Agustín Fernández Paz. Trata sobre un home que é doutor nunha clínica psiquiátrica, que nos conta o que lle pasou coa súa pacienta Laura Novo. Esta paciente tiña a manía de que cando vía un papel ou calquera obxecto ou cousa para poder escribir escribía o seu nome. Laura fíxoo pasar moi mal a Moldes porque dicía que vía montros e pantasmas no faiado da súa casa pero Moldes non lle cría nada e un día decidiu comprobar esa existencia cos seus propios ollos. Un día foi con Laura a casa dela para ver se iso era certo, xa na casa, abren a porta do faiado e comezan a saír pantasmas e sombras por todas partes pero, esas pantasmas e sombras ¿desapareceran das vidas de Laura Novo e de Moldes? Se de verdade queredes sabelo teredes que ler o libro e comprobalo vós mesmos.
Este libro gustoume moito porque pareceume intrigante e misterioso e intrígate ata o final do libro.

NOTA: 8



martes, 15 de abril de 2008

TERRA BRAVA


Terra brava é un libro de Ánxel Fole que consta de varios relatos curtos, ambientados nas terras do Courel. Un deles titúlase "Cara de lúa". Nunha aldea galega vivía unha panda de homes moi singulares. Ían sempre á taberna do Miguel. Un chamábase Ferrete e o outro Xéneca. Tanto un coma o outro estaban sempre a falar mal dun home que vivía na mesma vila.Este home era médico, un home culto que ía á taberna a ler o xornal e a tomar o café. Un día este home foi facer unha revisión a Santiago. Os homes do bar souberon que tiña cancro de pulmóns e morreu no mesmo día. Non superara a operación e morrera. No bar houbo un silencio. Todos quedaron pensativos e comezaron a recordar anécdotas que viviran con el.
Tempo despois, o Miguel fíxolles unha aposta ó Ferrete mais ó Séneca. Se tiñan peito suficiente para ir ao cemiterio de noite. Se se atrevían a ir esperaríalles unha cea gratis, pero se escapaban serían recordados na vila enteira coma dous covardes.
E, coma sempre, se queredes saber o final deste relato e doutros lede o libro de Ánxel Fole que paga a pena pois está moi ben.

NOTA: 7

lunes, 7 de abril de 2008

A ILLA DO TESOURO


O libro que eu lin titúlase A Illa do Tesouro e o seu autor é Robert Louis Stevenson. Este libro trata de unha familia que ten unha pensión con un bar e un restaurante e un día apareceu un home que dicía ser un pirata. Déronlle pensión e os primeiros meses pagaba a hospedaxe pero despois deixou de pagar e aínda por encima cantaba unha canción moi rara, ademais era moi desagradable coa xente e os clientes protestábanlle ao dono pero non se atrevía a decirlle nada xa que era un pirata e tiña medo o que lle puidera pasar se lle dicía algo. O dono do bar tiña muller e fillo e o fillo era amigo do pirata. O pirata decíalle que tiña un tesouro escondido e contáballe as aventuras que o pirata vivira. O pai do rapaz enfermou e o pouco morreu, o rapaz e mila nai quedaron o cargo da pensión. Ó pirata veuno visitar un home que se facía chamar O Gato Negro e tiña un coitelo enorme. Viñera a visitar ó pirata para que lle dixese onde se atopaba o tesouro pero o pirata non lle dixo nada e o outro marchou. Despois apareceu un cego que tamén viña buscando ó pirata e quedaron no porto para falar. O pirata doulle un ataque e morreu xa que sempre estaba a beber ron e o médico dicíalle que non podía beber tanto que lle ía a dar algo pero él non lle fixo caso. O rapaz e maila nai subiron a habitación do pirata e coleron as cousas que tiña no baúl e alí había un mapa que o rapaz colleu. Cando estaban collendo as cousas do pirata sentiron unhas voces e o rapaz ó lonxe veu ao cego que traía moitos homes con el para atacar ó pirata e o rapaz e a muller escaparon de alí deixando ó pirata morto nas baldosas do bar. Os dous escaparon para o porto e a muller desmallouse o sentir que estaban pollendo a pensión patas arriba xa que estaban rompendo os cristais e estábanlle dando patadas as portas. Chegaron os gardas e os bandidos escaparon a correr e o cego meteuse no medio do camiño e como había moita neboa non se vía nada e os gardas atropellárono cos cabalos e matárono. Despois disto o rapaz marchou co garda e foron a casa do médico que tamén era o xuíz da vila. Cando o rapaz lle ensinou o mapa chamaron o home mais rico do pobo e ensináronlle o mapa. O home o ver o mapa sabía que podía gañar moitos cartos e comprou o barco mais grande e veloz que había e partiron para a illa. Levaban unha tripulación que estaba composta por uns homes que escollera o home. O capitán do barco era un home moi honrado e un día o rapaz escoitou a uns homes falar de que ían matar a tódolos tripulantes do barco para quedarse co tesouro. Só lles faltaba atopar o mapa e despois mataríanos. Ó rapaz contoulle todo ao capitán e mais o médico e estes tramaron un plan para contraatacar. Ó rapaz, cando chegaron á illa foi a dar unha volta e viu a un home que levaba tres anos alí metido sen falar con ninguén. Descubrirón un fortín e escondéronse alí. Cando os outros o descubriron empezaron a pelexar e a metade deles morreron. Atoparon o tesouro e se queredes saber o que pasou co tesouro e co grupo do rapaz lede o libro.

NOTA:9
Debuxos animados





miércoles, 2 de abril de 2008

Unha noite de venres

Este libro é de Jordi Sierra.
Trata sobre cinco mozos. Conta cada un o que lle sucede durante unha semana antes de chegar o venres e os problemas que teñen cada un... Estaban ansiosos de que chegara o venres pola noite porque para eles os venres son para desconectar e pasalo cos amigos sen ninguha preocupación. Pero cando por fin chegou a noite do venres preparáronse para saír e máis tarde reuníronse no bar de sempre aínda que antes tiveron diversos percances. Estiveron tomando unhas cantas cervexas e contando cada un os seus sucesos durante a semana. Ao pouco tempo cambiaron de lugar para ver que ambiente había nos diferentes sitios. Pero un dos mozos comezaba a encontrarse nervioso porque necesita un porro ou algo que o axudara esa noite a olvidar todas as preocupacións que tivera e así poder pasar ben ese venres como todos os anteriores... pero despois de moito buscar ninguén tiña nada por culpa do rexistro que fixera a policía pouco tempo antes, pero el non se conformaba e seguía buscando e preguntándolle a toda a xente que sabía que puidera ter. Así pasaron a noite dun sitio a outro de tal maneira que tiveron graves problemas toda a noite. Pero nada foi tan grave comparado coa disputa que tiveron cun mulato que coñecían e que foron á súa casa pensando que podía ter algo de droga e este como se negaba acabaron pelexando tanto que sen darse conta acabou todo moi mal porque a este matárono sen querer. Pero por se fora pouco a casa do mulato incendiouse. Entón marcharon todos asustados cada un para a súa casa pensando que ían acabar todos no cárcere pero tiveron sorte porque debido ao incendio non quedaron pegadas.

Este libro pareceume moi interesante porque trata sobre a realidade de hoxe en día, polo tanto aconséllovos que o leades.

Nota:8

martes, 1 de abril de 2008

Cairo Branco


Cairo Branco foi escrito por Jack London .
Dous homes levaban un morto a unha vila ó outro lado das montañas. Lévano nun trineo arrastrado por cans .
Na viaxe encontráronse cunha manada de lobos onde unha loba lle ía quitando os cans. Un dos homes enfrontouse aos lobos e morreu no enfrontamento, o seu compañeiro seguiu ata chegar a unha vila.
A loba tivo seis crías, cinco delas da cor dos cans e unha da cor dos lobos, o único que sobreviviu, os outros morreron nunha época de pouco alimento."O torto", pai dos lobos morreu no enfrontamento cun lince. A loba e máis a cría encontráronas uns indios que fixeran un campamento ao lado da cova onde vivían os lobos. Os indios foran os donos da loba chamada "Quichie"; ao lobezno puxéronlle o nome de Cairo Branco. Cairo Branco acabouse acostumando ás persoas pero a unha en especial. A nai morreu nunha pelexa de cans e Cairo branco foi co seu dono recorrer o mundo. Para saber o final hai que lelo.
OPINION:Gustoume o libro pero é algo pesado á hora de lelo.
NOTA: 6