miércoles, 10 de diciembre de 2008

Valdemuller

O autor de este libro chámase Xosé A. Neira Cruz.

Este é o quinto libro que leo nesta avaliación e vai sobre unha rapaza que acaba de cumprir os quice anos e na súa casa fanlle unha festa moi grande pero recibe un agasallo de alguén que nunca soubera. A súa tía Olga díxolle que era de súa tía Estrela e que debería ir vela pero soa, como tamén fora ela cando tivo a súa idade, e foi o que fixo Mina.
Sen dicirlle nada a seus pais colleu o autobús para dirixirse a Valdemuller. Cando baixou do autobús preguntoulle a unha muller onde era Valdemuller e díxolle que lle quedaba aínda moi lonxe e que tiña que ir á aldea próxima e alí pedirlle que a levasen a Valdemuller. Cando chegou á aldea un mozo ofrecéuselle para levala e Mina cedeu. Cando ían no coche o mozo meteuse por un camiño que estaba bastante abandonado e parou nel e alí intentou abusar dela pero o colgante da estrela axudouna. Á noite ela seguía alí e uns lobos viñeron a axudala e levárona a un tobo. Á mañá seguinte un mozo que se chamaba Santiago díxolle que Valdemuller atopábase un poco máis abaixo e Mina seguiu andando soa ata que por fín Mina chegou onde súa tía Estrela.
Agora se queredes saber o final lede o libro.
Non me gustou moito este libro porque se enlea moito e a miña nota é un 6.

1 comentario:

Anónimo dijo...

"Xaime dalle un remedio a rapaza questa morre de tanto ler. Chamosa dalle unhas labazadas que te deixa quedar mal ou para que queres ese copo de culturista.