jueves, 18 de marzo de 2010

El radiofinista pirado

O autor deste libro é Chema Sánchez Alcón.
Este libro trata dun radiofonista que esta un pouco tolo e sempre ten o mesmo soño noite tras noite. O soño é referido ao seu traballo:nel preguntábase se lle gustaba o que facía e se estaba a gusto. El en principio pensaba que si, que o estaba, pero como o soño se repetía tantas veces, decidiu poñerse a pensalo e decatouse de que o soño tiña razón, que o seu traballo era sempre o mesmo. Entón decidiu cambiar e facer algo distinto.
Decidiu facer un programa sobre filosofía e todos pensaron que sería boa idea, xa que en todos os lados hai xente cunha morea de dúbidas no seu pensamento, que están sen resolver. E porque non podía ser el quen se atrevese a resolvelas? Pois así foi: un día pola noite decidiu ir ao estudo, xa que a esas horas non hai ninguén alí, só se pon música. A xente non escoita a radio a esas horas, só os filosofos. Pero, nada, ninguén chamaba e así foi día tras día. Cada vez el estaba máis a gusto co que facía pola noite, a pesar de que ningunha persoa chamaba. Entón empezou a sospeitar que ninguén o escoitaba, ou que non lle facían caso, ou que algo pasaba. De alí a unha semana todo cambiou: enterouse de que o escoitaban catro persoas. Con iso, el xa se sentía contento. Pouco a pouco a xente íase unindo á súa emisora e o programa ía mellorando, ata que un día o chamou unha persoa que non era deste país e el quedou asombrado, porque lle pediu que falase de algo que ninguén lle pedira antes e no que el tamén estaba interesado. Entón decidiu facelo no programa desa noite. Se queredes sabes como acaba esta emocionante historia de filosofía, só tendes que facer unha cousa: ler o libro.
A miña nota é un 6

Amor dos quince anos, Marilyn

Este libro chámase Amor dos quince anos, Marilyn. O autor desde libro é Agustín Fernández Paz. Trata dun home que se chama o Conde Drácula. Estaba enfermo e non quería ir ao médico. A xente da aldea obrigouno a ir e foi. O Conde díxolle que non sabía que lle pasaba, pero non daba andado. O Conde estivo esperando na porta de cardioloxía ata que saeu un médico pequeno chamado Torrado. O médico díxolle que podía pasar para dentro. Torrado preguntoulle que problema tíña pero el non sabía explicarlle cal era o seu problema. Ao final o médico descubriu que emfermidade tiña o Conde e mandoulle descansar unha semana. O Conde só aguantou cinco días na casa e tiña que estar sete. Un home chegou novo á aldea e díxolle que, se quería tratarse desa enfermidade tiña que marchar para Transilvania e que así se curaría. O Conde non tiña cartos e non podía ir. O señor díxolle que lle pagaba a viaxe. O Conde marchou para Transilvania e, se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 7.

domingo, 14 de marzo de 2010

O Renacemento: presentación do alumnado

Aquí deixamos unha presentación que elaboramos sobre o século XV e XVI.

jueves, 11 de marzo de 2010

Aire negro

O autor deste libro chámase Agustín Fernandez Paz.
Un home que fai a carreira de psiquiatría consegue traballar nunha clínica moi importante e alí póñenlle un reto moi difícil, que é o de conseguir curar unha muller que se chama Laura Novo. O seu problema é que non para de escribir o seu nome nunha folla. O doutor comeza a terapia léndolle libros, que era o que máis lle gustaba facer a Laura. Pouco a pouco Laura foi mellorando. Cando xa comezaba a recordar, o doutor pediulle que o escribise todo para así podela axudar co seu problema.
Ela escribiu que viñera vivir a Galiza, despois de separarse do seu mozo de Madrid. Aquí encoutrouse co amor da súa adolescencia. Foi vivir a unha casa nunha aldea e alí comezou a sentir presenzas estrañas, pero non lle deu importancia ata que recibiu ameazas e á xente do seu redor déronlle en pasar cousas malas. Despois diso contaba que un día foi dar un paseo polo monte ela soa e, cando estaba a vir para a casa, caeu un raio moi forte cerca dela e depois diso non recordaba nada máis.
Como o doutor quería saber o que lle pasara despois diso, foi falar con Carlos, o mozo de Laura, que lle contou todo o resto. Unha vez que sabía todo, non o podía crer; pero, cando chegou á clínica e lle dixeron que Laura escapara el sabía que iso non era de todo certo, pero decidiu darlles a razón.
Este libro gustoume porque é bastante intrigante e doulle un 8.

Frankenstein

A autora deste libro e Mary Shelley. O libro conta a historia de Victor Frankenstein, un home que, inspirado por varios científicos, pretende dar vida a cousas inertes co poder da electricidade. O libro comeza coas cartas que se escriben dous irmáns, contando un deles que atoparan un home no medio do polo, e que este dicía que tiña que atopar unha persoa. Victor Frankestein logra darlle vida a un cadáver, pero cando ve que o resultado non era o que esperaba, renega del, chegando a fuxir e agochándose do enxendro. Cando volveu á casa, o monstro xa non se atopaba alí. O monstro, despois de fuxir, sente o rexeitamento da humanidade e isto fai que acabe odiando profundamente as persoas. Victor volve a Xenebra coa súa familia pola morte do seu irmán pequeno, sabendo que o asasino fora o monstro que el mesmo creara. Máis tarde, nas montañas, ás que fora para descansar, atópase coa criatura. Esta, que aprendera a falar observando unha familia, dille que non se meterá máis na vida de Victor se este lle crea unha compañeira. Victor accede, pero os remordementos apodéranse del e opta, no último momento, por destruir a nova criatura que estaba enxendrando. O monstro de Frankestein víngase acabando co mellor amigo e a esposa de Victor, que, decidido a acabar coa súa creación finalmente, perségueo ata o Polo Norte, onde o acaba recollendo un barco onde finalmente falece. Nese mesmo barco a criatura acaba contando a súa historia, para despois acabar coa súa vida.

Doulle un 8

martes, 9 de marzo de 2010

A Idade Moderna: o Renacemento.

Neste unidade imos abranguer os seguintes temas: o nacemento das monarquías autoritarias e dos estados modernos, os Reis Católicos, a época dos descubrimentos e a literatura da época, en concreto, Jorge Manrique e La Celestina.
Tocante aos descubrimentos e posterior conquista podemos traballar con estas actividades.
Para os descubrimentos podedes ver:




Interesante é tamén esta proposta LIM para Jorge Manrique. E para La Celestina imos aquí.