jueves, 1 de octubre de 2009

O que é a vida

Este libro é o primeiro que leo neste novo curso que acabamos de comezar.
O libro é de M.Lourenzo González e titúlase O que é a vida. Ao principio trata dun mozo que se chama Teo Runner que traballa de repartidor nunha pizzería. Gústalle moito correr coa súa moto e sempre é o primeiro en entregar os seus pedidos e o xefe sempre o pon como exemplo de eficacia diante dos demais compañeros para que eles collan o exemplo de Teo e fagan o mesmo. Aínda que ningún deles lle fai moito caso, Berta, que é unha das súas compañeiras, non se encontraba no seu posto de traballo. Probablemente se encontrase non servizos maquillándose, xa que o seu afán era impresionar aos demais. Outro compañeiro de Teo é Xoaquín.
Neste libro aínda hai moitos máis protagonistas como, por exemplo, o cabo Palmeira e a enfermeira Carla. Estes dous personaxes só se encontran na intimidade, xa que ela está casada e a el a muller deixouno porque lle gustaban as mulleres.
Teo ten unha morea de amigos e amigas, algunhas máis especiais ca outras. A el gustáballe bastante Claudia, pero a Héitor tamén lle gustaba a pesar de que estaba con Lore. Un día Claudia organizou unha festa, pero ningún deles tiña moi claro se ía ir. Lore chamou a Teo para quedar con el, porque tiña que dicirlle algo importante. Entón quedaron. Cando se viron, Lore non se atrevía a dicir nada, ata que finalmente o fixo. Díxolle que estaba embarazada e que era de Heitor e que por iso non quería ir á festa de Claudia, para non velo. Lore non sabía moi ben o que ía facer co do embarazo e pediulle axuda a Teo porque ela sabía que a comprendería e lle axudaría. Así foi. El díxolle que podía contar con el para o que precisase. Ao día seguinte Teo foi ao hospital para pedir información sobre unha clínica para abortos, pero a recepcionista non lla quería dar por varias cousas: primeiro porque el era un home e segundo porque era menor. Cando a recepcionista se despistou, Teo rouboulle o caderno onde tiña todas as clínicas. Colleu o caderno e marchou correndo para poder chamar a Lore e dicirllo. Teo díxolle de quedar para podar darlle a libreta e así foi. Ao acabar de traballar, Teo quedou para darlle a libreta, pero non só aconteceu iso. Cando chegaron a onde quedaran, ela díxolle de ir ao seu piso. Así foi, pero se queredes saber que pasou no piso de Lore o que tendes que facer é ler o libro.
A miña nota é de un 7.

No hay comentarios: