martes, 13 de marzo de 2012

Voces de Vacas


Autor: Xavier López Rodríguez
Editorial: Galaxia

Este libro trata dunha vaca chamada Dourada, e da súa vida. Dourada vive con outras vacas ; a Cereixa, a Garbosa, a Oliva, a Rubia... ás que lles axuda. Pouco a pouco imos descubrindo os seus medos, as súas relacións, a súa entrega ó traballo, basicamente o que ocorre nas súas vidas. Neste libro a tenrura e a dureza aparecen xuntas.

NOTA:4,5

O Mundo Secreto de Basilious Hopfman



Autor: Fernando M. Cimadevila. Editorial: Urco



Este libro conta a historia dun neno chamado Piter. Piter estaba nun internado e un día os pais vano buscar. El pensa que vai ir para Alemaña pero déixano onda seu tío Basilious. Basilious era un investigador de felinos que existian no pasado. Basilious e Piter coñécense e lévanse moi ben. Entón o tío cóntalle as súas aventuras e el acompáñao na busca do diario do cartógrafo. Nas súas investigacións encontran unha nena que...


NOTA:6

A praia dos afogados


Autor: Domingo Villar
Editorial: Galaxia


Este é un libro de misterio, que trata sobre o que ocorre na praia de Baiona. Hai un detective que se chama Leo Caldas, el tivo que resolver un asasinato, que trataba dun home que apareceu morto atado de mans e pés, cunhas bridas verdes. Despois empezou a investigar, e foi interrogando aos mariñeiros que ían con el. Pero todos se querían librar do asunto. Ata que Leo Caldas se decatou de que as bridas verdes coas que estaba atado o home morto tíñaas o verdadeiro culpable...

NOTA:7,25

A MANSIÓN DOS PAMPÍN



AUTOR: Miguelanxo Prado






Este cómic trata dunha familia que consta dun pai, nai, un fillo e unha filla, que herdaron unha casa no campo, pero estaba moi descoidada e polo terreo non lle querían dar nada, eles recorren a avogados, ao alcade da vila e ao señor Peteiro para buscar unha solución, e como eran tan parvos acabaron por venderlle a casa máis a finca por 12.000 euros e con iso venderon o piso que tiñan na cidade e co que lle deran pola casa e a finca compraron un piso na praia.



Mentres o alcade e o señor Peteiro tiraron todo e poñen a finca á venda por 72.000 euros.









Opinión : O libro non me gustou moito e esa familia máis parva non podería ser.






Nota:6.5

O Pazo Baleiro


Autor: Xavier P.Docampo; Editorial: Xerais

Este relato cóntanos a historia de Nicolás, que é un neno ao que non lle gusta ir á escola, el vai sempre para onda seu tío Delio que vive nun vagón, el é reparador de reloxos. Un día leváronlle a reparar un reloxo moi vello e dentro tiña unhas cartas. Nicolás como era moi aventureiro quixo averiguar a quen pertencían. El, Delio e os seus amigos empezaron a investigar, despois de varios dias de investigación danse de conta de que iso eran pistas para encontrar un tesouro no pazo. Eles van de noite e...

NOTA:6

A mansión dos Pampin


Autor: Miguelanxo Prado
Editorial: Colexio de arquitectos de Galicia


Este libro libro cóntanos a historia dunha famila que herda unha casa na aldea. A esta familia acábana estafando entre o alcalde e o arquitecto; aínda así eles séntense agradecidos e acaban veraneando na praia.


Nota: 5

A mansion dos pampin



Miguelanxo escribiu este libro .
Publicado polo colexo de arquitectos.


Este libro conta dunha familia que herdan unhas terras de sua tía, véndenas e compran outro piso as aforas mais bo e máis grande ca o seu ultimo piso. Este libro crítica moito ao que está a pasar co urbanismo

A mansión dos Pampín



Colexio de arquitectos ; Miguelanxo Prado




Este cómic cóntanos a historia dunha familia á que lle morre a súa tía e herdan unhas terras e unha casa... Pero atópanse que todo estaba moi cambiado dende a última vez e nada era como o recordaba porque estaba todo en moi mal estado, pero arranxan e véndenlla ao alcalde para sacar algo de cartos.


Nota: 5