viernes, 20 de junio de 2008

Dous anos despois


Este non é o título de ningún libro. Este é o título dunha aventura que vivimos nós os oito durante dous anos a razón de dúas horas por semana. Tanto tempo deu para moito: para poñerse de mal humor, para mudalo a mellor, para ir aos bungalós de Baiona, para ir de merenda, para saber moito de antroponimia, para rir, para coñecérmonos, ... Foi todo un pracer. Só desexo que a partir de hoxe o destino e as fadas vos sexan propicios. Si a vós. A ti Lucía Leticia. A ti Lucía. A ti Daniel. A ti Iván. A ti Guillermo. A ti Ramón e a ti Santi. Para todos, moita felicidade, moita alegría e sempre. Déixovos un vídeo de Mercedes Péon, Premio Nacional de Música 2008, que estivo hai algúns anos no centro e agardamos que volva vernos.
XVS

miércoles, 18 de junio de 2008

FRANKENSTEIN


Este libro de M. Shelley trata dun home que viaxa ao polo norte nun barco baleeiro xunto á súa tripulación.
Este home é o capitán do barco. Un día observan ao lonxes un home co seu trineo no xeo. Ao día seguinte encontran a un segundo. O capitán ao ver a un home moribundo apiádase del e recólleo.
Despois de curalo toda a tripulación pregúntase de onde viña este home e que facía alí.
Por cortesía ningún tripulante llo pregunta, nin sequera o capitán. Entón, el mesmo disponse a contarlle a súa historia ao capitán.
Resulta que era fillo de dous británicos de clase media, tivera unha infancia moi feliz xunto a súa irmá e a un amigo. Interesouse pola alquimia e estuduo durante varios años.

Nota: 6


XUNTOS E MÁIS NADA


Este libro foi escrito por Anna Gavalda.
Esta historia sitúase en París preto da Torre Eiffel. Cóntanos a historia de tres persoas que son moi parecidas. Paulette era a avoa de Frank, pero quen se encarga de Paulette era unha amiga. Cando está enferma o seu neto vaina visitar casi todos os días ao hospital, encambio a súa filla non quere saber nada dela. A relación entre nai e fillo non era nada boa. Frank traballaba na cociña dun restaurante. Frank conoceu a Philibert e foise a vivir con el porque o invitou a irse á súa casa.
Philibert empezou a falar coa súa nova veciña. Ela chamábase Camille. Ela vivía no último cuarto do edificio, nun cuarto das criadas. Cando se puxo enferma Philibertl levouna para a súa casa.
Finalmente Camille e Frank fixéronse mozos e viviron xuntos. A avoa acabou morrendo. (Se queres saber toda a historia xa sabes tes que ler o libro)
NOTA:8

A Cova das Vacas Mortas

O libro que eu lin titúlase A cova das Vacas Mortas e o seu autor é Jaureguizar que estivo non hai moito no instituto visitándonos.
O protagonista é un rapaz que vive nunha comuna nunha vila que se chama Foxo. Vive coa súa nai que sempre está borracha e drogada pero el xa está acostumado porque xa o facía dende pequeno e ademais a súa nai cultiva plantas de marihuana para despois vendelas e sempre lle vai a garda civil a casa. Un día chegan á vila os donos das casas e como son todos ocupas algúns marchan para os seus países de orixe que está a miles de quilómetros de alí. O seu avó vive en Bérlín e padece de Alzheimer e cand0 morre a avoa, o avó vai vivir co seu neto e coa súa filla a Foxo. O neto sácao a pasear todos os días e o seu avó cóntalle que traballou de fotógrafo con Leni que naquel momento dicían que era a moza de Hitler. A Foxo chega unha rapaza que se chama Iria e un día o avó desaparece. O rapaz gardara as fotos na cova das vacas mortas porque lle dixera ao rapaz que se un día lle pasase algo que lle escondera as fotos. Se queredes saber como acaba o libro lédeo. Está moi ben

NOTA:7


El misterio de la cripta embrujada


Este último libro que lin está escrito por Eduardo Mendoza.
Trata sobre un enfermo mental que é recluído por un axente para investigar a desaparición dunha rapaza. Elixírono a el porque era un pobre home e se llo pedían a el íao facer sen pedir ningún favor a cambio. Co paso do tempo descobre quen era a rapaza que desaparecera e descobre tamén por medio de Mercedes, unha ex- compañeira de clase, que naquel colexio había unha cripta. Dentro daquela cripta descobre que houbo moitos asasinatos pero se de verdade queredes saber se o protagonista descobre ou non o misterio teredes que ler o libro.
O libro gustoume moito porque me encantan os libros de misterio.

NOTA: 8




El niño del pijama de rayas

El niño del pijama de rayas foi escrito por John Boyne
Bruno é un rapaz que vivía en Berlín. Ten que marcharse a Auschwitz poque seu pai era un xeneral que tiña que vixiar o campo de concentración. Bruno cando chegou alí o primeiro que observou foi que aquelo era moito mais feo que Berlín. Aquelo parecíalle moi aburrido posto que o primeiro ano non coñecía a ninguén. Un día cooñeceu a un rapaz que vivía dentro da reixa do campamento. Chamábase Shmuel. Colleu moi boa amizade con el posto que o ía visitar todos os días despois das clases. A nai de Bruno decide volver a Berlín. A Bruno xa non lle facía moita graza volver porque agora tiña alí un novo amigo. Para saber o final hai que lelo.
Pareceume un moi bo libro.

NOTA:9


Flanagan, só Flanagán

Este libro de J. Ribera e A. Martín trata dun mozo detective que no seu instituto é respectado dende o día que se enfrontou a Mateo Mas (un mozo da súa clase que era moi agresivo e roubaba). Flanagan a fin de semana foino pasar onde a súa amiga Nines porque non quería ver a Mateo porque en realidade tíñalle medo aínda que os demais pensaran que non. Entón o día que viu a Nines pareceulle moi fermosa, de tal forma que cos días foise namorando dela. Esa fin de semana viviu moitas aventuras como detective e resolveulle un problema a Nines, e ao mesmo tempo tamén resolveu outros casos, pero o máis intrigante foi cando lle axudou a Mateo sobre algo que o culpaban inxustamente... (Mateo dende neno fora maltratado polo seu pai que tamén este matara a súa nai). Finalmente despois de tantos obstáculos Nines e Flanagan acabaron xuntos.
NOTA: 9


Nota:8 porque pareceume un libro moi interesante e intrigante.

lunes, 9 de junio de 2008

RETRINCOS



Este libro ten cinco relatos. O seu autor é Alfonso Daniel R. Castelao. Vouvos resumir tan só un deles:
O SEGREDO:
O pai do pragonista estaba vivindo na Pampa Arxentina e un día chamou pola súa muller e o seu fillo. Estes marcharon para xunto el. Onde vivía o seu pai era unha casa que tiña tenda, pero como había moitos ladróns o mostrador estaba protexido por unha fenda con barrotes de ferro. Esa tarde cando estaba alí o protagonista chegou un ladrón no seu cabalo, cando se dirixiu ao mostrador caeu, o dependente dixo que estaba morto. Esa noite puxérono encima da mesa de xogar ao billar, ao seu redor tiña velas. Cando era hora de ir cear a nai do protagonista preguntaba por que había luz na tenda. O rapaz foi dormir e non lle contou nada a súa nai así que polo tanto soubo gardar o segredo.
Outros relatos son "Peito de Lobo", "O inglés", "O retrato" e "Sabela" da que recordo as últimas palabras:
-Meu bailador!
Nota: 8

Os comedores de patacas

O libro que eu lin titúlase "Os Comedores de patacas" e o seu autor chámase Manuel Rivas. Este libro trata de que un rapaz vai cos seus amigos no coche e van a toda velocidade tomando unhas curvas cando de pronto o coche sáese da estrada e o rapaz queda insconciente. Cando esperta, o rapaz aparece nunha habitación dun hospital cunha perna rota. Ao lado del hai un vello na outra cama e empezan a entablar relación. Os dous lévanse moi ben e un día os doutores van polo vello e lévano a operar pero non regresa. Ao pouco a Samuel danlle a alta e o seu irmán Nicolás vai por el. Nicolás e o seu irmán vanse ao País Vasco onde os seus avós. Alí viven moitas aventuras e se queredes saber como acaba tedes que ler o libro.

NOTA: 5,5