miércoles, 29 de octubre de 2008

O brindo de ouro I. A chamada do brindo


O libro que estou lendo é de fantasía. O seu autor é Xose Manuel Marcos.
Selmo é un rapaz dunha aldea arxina, que é unha tribu da zona, que ten un lobo de amigo. Un día desperta para ir traballar ás montañas onde está seu pai, gardian do brindo (un instrumento que serve para avisar de ameazas inimigas). Ao chegar alí, fai o seu traballo normalmente ata que ve unha columna de fume moi estraña que viña do seu poboado. Asustado, el máis o seu lobo baixaron correndo monte abaixo para ver que ocorría. Ao chegar alí viron que o seu poboado era levado a forza polos inimigos e as casas estaban queimadas. Selmo meteuse na súa aldea para ver o seu estado, e acto seguido descubrírono. Escapou a través do monte, e xa se fixera de noite, chovia e tiña fame, pero gracias a iso coñeceu a Toimil, un ex-alobrí que vivía no monte. Máis adiante e nas memas circunstancias coñece a Oulego, un valeco marxinado. No seu camiño descobren a un poboado de arxinas de Mogoxe, famentos e sen enerxía. Ese poboado contaralles a historia da maldición do Brindo de Ouro, e que por iso o tiñan vixiado constantemente. Despois diso marcharon en busca do Brindo, e no seu camiño toparon un campamento inimigo e trataron de rodealo, pero a néboa facíallo imposible, así que atáronse unha corda entre eles e proseguiron o seu camiño, ata que, un tropezón de Toimil fixo que os descubriran e lles lanzaran frechas.
Máis tarde chegaron a unha fervenza, e Oulego botoulle un emplasto a Selmo, porque unha frecha o alcanzara, e despois durmiron. Ao despertar era pola mañá e deslumbraba o sol, así que decidiron saír e viron que estaban nun lugar moi bonito, así que concordaron en adentrarse nel. No camiño toparon colmeas de mel. O grupo tiña moita fame, pero o mel sería de alguén e non o colleron por iso. Quedáronse alí un pouco e sentiron rebulir uns matorrais detrás deles. Puxéronse en estado de alerta e berraron para que saíra quen estivera alí, e de golpe saíulles un oso gris, atraído polo cheiro do mel. Eles asustáronse e recuaron cara un muro que estaba alí, pensando que os comerían, pero escoitouse un zumbido no aire e unha pedra impactou no oso, facéndoo recuar. Un segundo zumbido e outra pedra impactou no oso. Esta arrincoulle un anaco de pelo e pel, facendo que o oso recuara ao mesmo tempo que se enfurecía, pero antes de que ocorrera nada, soou un silbato e un enxame de abellas atacou ao oso gris. Neste caso o oso caeu rendido e retorcíase no chan. Mentres isto ocorría un home saíu de detrás dun matorral cun silbato colgado no pescozo, saudounos e todos se levantaron excepto Oulego que estaba encaramado a un carballo, temblando e pálido.
Ese home doulle a benvida a Abellonenia. O grupo doulle as grazas ao home que os salvara e dixéronlle que lle axudarían en todo o que fora, así que o home deulles unhas ferramentas e díxolles que lle axudaran a arranxar unhas cousas. Mentres traballaban oíron cantigas, e tres mozas chegaban ata onde estaban eles. Oribio (o home que lles axudou) díxolles que eran as súas fillas. Selmo fixouse especialmente nunha. Despois dunha cea o grupo marchou en busca do brindo. Despois refuxiáronse nunha palloza porque chovía, e mentres durmían, Toimil despertouse de golpe e veu a Lucenza, unha criatura dun Lago que o quería convencer de marchar con ela, pero non o conseguiu.
Despois marcharon e pasaron por outros lugares ata chegar a onde estaba Mardul (o inimigo) e o Brindo de ouro. Conseguirano? Se o queres saber le o libro.
Gustoume moito 8/10

No hay comentarios: