jueves, 3 de diciembre de 2009

Anagnórise

A autora deste libro é María Victoria Moreno. Trata dun home que critica ás mulleres porque non saben conducir. Un día un rapaz marchou da súa casa sen que se enterasen os seus pais. El púxose na estrada e paraba os coches para que o levasen. Estivo esperando moito tempo, pero non paraba ninguén. Despois dunhas cantas horas, parou unha muller e preguntoulle que facía alí. O rapaz díxolle que quería ir para un sitio. A muller colleuno e comezou a falar con el. Díxolle que debía volver para a casa. El respondeulle que non quería. A muller preguntoulle se quería ir tomar un café. O rapaz dixo que lle daba igual. Ao final foron. Despois arrancaron co coche e el estaba asustado polo rápido que conducía esa muller. Ela tiña un coche normal que non tiña moitos cabalos para correr, pero ela pisáballe ata o fondo. Nunha curva intentoulle adiantar a un camión e pola outra banda viña outro camión. Tivo que reducir a marcha e volverse poñer no seu sitio. Se queredes saber o final deste libro, lédelo. Doulle un 9.

No hay comentarios: