viernes, 27 de mayo de 2011

A praia dos Afogados



Autor: Domingo Villar. Editorial: Galaxia

Este libro trata dun detective chamado Leo Caldas que xunto co seu compañeiro investigan a morte dun mariñeiro coñecido como o Rubio.
O Rubio apareceu morto na praia de Panxón coas mans atadas cunha brida de cor verde. Tras investigar Leo soubo que o Rubio tempo atrás compartira barco con outro mariñeiro chamado Marcos Valverde. Deixaron de pescar xuntos porque se lle afundira o barco e morrera unha muller e mais o capitán do barco.

No barco do Rubio enpezaron a aparecer pintadas no que se podía ler ``ASASINOS´´

Ao saber isto Leo empezou a investigar e descubreu que a noite do afundimento do seu barco, o Rubio e mais Valverde mataron a unha muller chamada Rebeca e que o autor das pintadas fora o seu fillo.


Nota: 8

jueves, 26 de mayo de 2011

Unha chea de familias



Autor: Xosé A. Neira Cruz; Editorial Galaxia.





Neste libro cóntase a historia dunha nena, Mariña, e que todos os domingos pola mañá esperta e lle pregunta ao seu pai por que non ten nai... entón el apértaa forte e dálle un bico, logo explícalle o que lle pasou. Para que o entenda mellor leva por todos os pisos da vecindade para que coñeza atodas as familias e entenda que cada unha é diferente... Uns son de forá, a outros fáltalle o pai ou a nai, gays... pero entende que son unha familia.


NOTA:5

A pantasma telefonica



Autor: Xabier Barreiro; Editorial: Baia




Este libro trata de que un grupo de rapaces decidiron ir a unha ruta, chamada a ruta da cera. Sen darse conta xogaron cunha árbore que espertou o espírito dunha persoa que morrera facendo cera. A partir daquel momento empezaron a aparecer cousas moi estrañas, mensaxes, etc. Despois duns días empezaron o colexio. Unha rapaza recibía sms dicindo:" estou contigo" e despois dúas rapazas máis, unha no ordenador e outra a través dunha figura de cera. Empezáronse a preocupar e decidiron...



NOTA: 8















Contos sen fronteiras

Editorial: Xunta de Galicia. Varios autores




A historia de Carpantín, o monstro Comexiz:


Este conto trata dun monstro que non sabía asustar ós humanos, e os seus compañeiros burlábanse del, el un día cansouse e foi vivir ó mundo dos humanos nunha escola, alimentábase de xices. Alí coñeceu a María a cal consideraba a súa amiga. Un bo día conseguiu...






O cágado e o lagarto:


Trata de dúas nenas: Sara era a pequena e Rita a máis grande; Rita era adoptada e durmía na mesma cama que Sara. Como Sara non daba durmido, Rita decidiu contarlle un conto para que a deixara durmir tramquila, pero a pequena facialle preguntas seguido e acabaron falando de cando Rita vivía en Mozambique nun orfanato... E ensinoulle o seu segredo que tivera gardado durnte moitos anos, que ela tiña agochado debaixo da súa almofada.



NOTA:5

Contos sen fronteiras

Os vellos non deben namorarse



Autor: Castelao. Editorial: Galaxia


Este libro trara dunha serie de vellos que por diferentes circunstancias acábanse namorando de mulleres moito máis novas ca eles, pero que desafortunadamente non son correspondidos ata que a morte os visita e lle di que xa non están na idade de namorarse; pero eles néganse a cambiar de opinión ata que acaban morrendo.

Unha vez mortos os vellos reúnense no cemiterio e chegan a unha conclusión.......


NOTA: 6

O home que plantaba árbores

Editorial: Galaxia escrito por Jean Giono



Este libro trata dun señor que plantaba bellotas de carballo, el plantaba moitos e moitos terreos de carballos pero como a terra non era fértil non medraban ben as árbores pero acabou conseguindo un gran bosque




NOTA: 5

Made in Galiza



O autor deste libro é Sénchu Sende; editorial Galaxía.





Este libro gustoume moito, cada relato é diferente pero todos teñen a finalidade de defender o galego... Baseado na sociolingüistica...

Fala da importancia do galego, de que temos que coidar a nosa lingua e se non o facemos acabaremos perdéndoa...

Gústame que este libro fale dos problemas que tivo o galego para subsistir na nosa sociedade e que nos anime a seguir falando a nosa lingua, o galego. A que persoas incultas califican de inferior, montuna... Sen saber que é todo o contrarío, é un avance ser bilingüe....


NOTA: 7

A voz do lago



Autor: Antón Riveiro Coello; Editorial Galaxia




Este libro trata de contos de sereas. Irene era unha rapaza de 9 anos que se fai amiga dunha moza que vén nova para a vila, chámase María. O profesor de Irene cóntalle unha historia de sereas que se desenvolve no pazo onde María e seus tíos eran os herdeiros .



María na biblioteca do pazo colle un libro e escoita gritos. Cóntallo a Irene e ela axúdalle a resolver o misterio. María invita a Irene a durmir no pazo para resolver o misterio. Como no primeiro intento Irene perdeuse decidiron...




NOTA:8

A verdadeira historia do burro Feldespato



Autor: Xerardo Quintiá. Editorial: Galaxia




Esta historia trata sobre un burro que marcha da casa porque o seu dono sempre lle pegaba e nunca lle daba de comer. O burro vai a Sete Lúas, unha vila onde había unha casa que vivía unha meiga, Marica Pendella. A meiga durmía durante 100 anos por culpa dun feitizo que lle saíra mal. Mentres ela durmía o burro -namorárase dela- aprendera a falar. Pero un día máis adiante perdera a fala e marchou de alí. E mentres el vagaba polo mundo escribiulle un poema á meiga para recitarllo cando espertase.


Nota:5

O capitán Zochusmán




Editorial: Sotelo Balnco, Editor: Luis Seixido Rodriguez


Este libro trata dun rapaz chamado Toñín que ten como soño ser un superheroe. El ía á escola e alí tiña un amigo chamado Manuel que sempre lle dicía mentiras para que lle deixara facer os deberes, cando decidiu converterse en superheroe tivo que buscar un nome que obtivo polo nome do seu can, el chamábase Chusqui, e ao final quedoulle o nome do capitán

Zochusmán.


Un día Rome convenceu a Manuel para ir á casa onde vivía un vagamundo no recreo, entón tivo que actuar Zochusmán, el foi detras deles pero meteuse na habitación que non era e alí estaba o vagamundo.



Entre os dous fixeron un invento para salvalos, despois Zochusmán foi corendo para escola e...



NOTA:5

martes, 10 de mayo de 2011

Os vellos non deben de namorarse



Autor: Castelao . Editorial: Galaxia


Primeiro lance:

Trata dunha rapaza chamada Lela que foi á botica a comprar un medicamento. O boticario namoruse dela pero como era vello veu a morte e díxolle que non se namorara dela pero non lle fixo caso e cando soubo que ía casar co carabineiro morreu.


Segundo lance:

Trata dun fidalgo que é un borracho que se namorou dunha rapaza máis nova, chamada Micaela, ela estaba namorada dun portugués e ao fidalgo só lle correspondía pola riqueza.


Terceiro lance:

Trata dun señor chamado Fuco que morre ó pouco de casarse cunha rapaza moi nova, ela estaba namorada doutro mozo pero como estaba casada non lle puido corresponder.


NOTA: 5

Made in Galiza



Autor: Sechu Sende; Editorial: Galaxía



Este libro encantoume, pareceume un libro fantástico, rebelde, inocente e moi contraditorio. Ensínanos moitas cousas sobre a nosa lingua. Moita xente despreza o galego, porque din que é feo e a outras gústalle falalo.


NOTA: 9

O capitán zochusmán



Autor:Luis Seixido . Editorial: Sotelo Blanco




Este libro trata dun neno que quería se superheroe, pero faltábanlle moitas cousas para selo; primeiro pensou en ser o home araña pero faltatáballe unha arañeira. Despois quería ser`Batman´ pero necesitaba unha cova e por último o incrible Hulk pero non lle gustaba moito porque rompía todas as camisetas. Enton decidiu ser.....



NOTA:5

Olga e o dinosauro





Autor: Breogán Riveiro. Editorial: Galaxia

Neste libro hai unha rapaza chamada Olga e un día cando esperta sáelle do seu armario un dinosauro, ela tíñalle medo pero cando o coñeceu xa non. Ese dinosauro quería buscar unha porta a outro universo pero non a atopaba así que lle pediu axuda a Olga. E os dous buscaron por toda a casa e tamén pola vila pero non a atoparon así que regresaron a casa. Alí prenderon a televisión e viron nun documental que falaban da catedral de Santiago e o dinosauro dixo que a porta estaba alí, e decidiron ir e a que non sabedes o que pasou...


NOTA: 5,5




O carteiro de Bagdag



Autor: Marcos Calveiro. Editorial: Tambre



Este libro trata dun neno chamado Abduwaid, que vive co seu pai e a súa nai nunha casoupa de Bagdag. Están en guerra e o pai cada día arrisca a vida para repartir as cartas. Para el é moi importante. Cando o pai chega de repartir cartas o neno espérao fóra porque lle encanta montar en motocicleta. O neno pregúntalle cousas entre eles. De onde veñen as cartas que el reparte con tanto empeño. Como en Bagdag están en guerra o neno non pode acompañar o pai a rezar que é moi perigoso. Uns días despois de que o pai lle conta o rapaz que queimaron os libros das bibliotecas ten un...


NOTA: 5

A Verdadeira Historia Do Burro Feldespato


Autor: Xerardo Quintiá . Editorial: Galaxia





Trátase dun burro chamado Feldespato que marchou de onda o seu dono porque non lle daba de comer. Foi para a Setelúas, á casa dunha bruxa chamada Marica Pendella, que quixera facer un feitizo para converterse na muller máis bonita, e equivocouse e fixo o de que durmirá cen anos seguidos. Nese cen anos o burro aprendeu e namorouse da súa dona. Despois perdeu a fala e foi dar unha volta ao mundo; ó que chegou Setelúas esperou ó lado da cama de Marica Pendella para...


NOTA: 5

O inferno de Marta



Escrito por Pasqual Alapont ; editorial Xerais



Este libro trata da historia dunha rapaza adolescente que sae con Héctor, un rapaz que estivo vivindo en Inglaterra durante un tempo. Este maltrataba a Marta insultándoa e ridiculizándoa. Pero nun momento a cousa tranquiliza e quérense moito, pero ao volver con Héctor non sabía que os seus mellores amigos Carme e Braulio daríanlle de lado por avisar de que lle volvería pasar. E así foi, un día nun bar, Héctor obrigábaa a beber pero ela non quería, entón chega un home chamado Vicente Jordá, un profesor que lle dera clase a Marta en terceiro e ela preséntaos. Máis tarde Marta e Héctor marchan nun taxi para a casa.....


Nota:8