martes, 22 de abril de 2008

Orgullo e prexuízo


A autora deste libro é Jane Austen.
Este libro trata da familia Bennet que ten cinco fillas (Lissy, Jane, Mary, Lydia e katty) que cada unha ten diferente maneira de ser. A nai destas o unico que pensaba era en casalas pronto e con homes ricos. Lissy unha das fillas maior non quería o que dicía a súa nai senón casar con alguén que ela quixera, de tal forma que cando o seu primo Collins lle pediu a man esta rexeitouno o cal fixo que todos se sorprenderan moito e a súa nai púxose fatal dos nervos, porque para ela Collins, ao ser rico, era o marido perfecto para a súa filla. Lissy ao final de moitos sucesos acabou guiándose polo seu corazón. Despois de moitos encontros desagradables e odio ante Darcy, acabáronse namorando e casaron. Jane viviu moitas desilusións por un amor que para ela era imposible, por culpa de que todos os querían separar, pero finalmente o amor de ambos puido con todo e acabaron casando. Lydia era a máis traste e escapou cun home que non lle conviña e para non acabar coa reputación da familia, acabárona casando con el aí nda que non lles agradou nada. Finalmente todo quedou amañado e todos felices porque despois de tantos problemas conseguiu cada un estar con quen quería...
Este libro non me gustou moito porque pereceume moi lioso e pouco comprensible.
Nota:5



2 comentarios:

Isabel dijo...

Oliñas Lucía!
Si, si, si! Eu tamén lin a Jane Austen, pero foi fai moitos anos. Empezara a lelo ¡en inglés! e como deseguida me fartei de cargar co diccionario Collins na man (si, ese que pesa tanto como o Quijote), e como en realidade non entendía demasiado, pois decidín que mellor buscaba a versión castelá na biblioteca pública. Sorpréndeme que só lle puxeras un 5. ¿Que foi o que non che gustou? ¿E o que si? A min, no seu momento, resultoume peculiar a descrición de Jane Austen das personaxes: son un pouco personaxes estereotipo: os bos son moi bos, o pedantes son moi pedantes,... Sen embargo, gústame o agradable e delicado estilo de Jane Austen. Describe todo con moito detalle, pero con tanta frescura que por mais que les sobre festas, actos sociais ou ademáns das personaxes, nunca te aburres. En fin, xa me contarás o por que da túa nota. Dacordo?
Unha apreta.

Grupo 4º Diversificación IES Chano Piñeiro dijo...

Olitas Isabel!!

O motivo da nota que lle puxen a este libro foi porque en realidade pareceume un libro bastante enredoso e dunha compresión ás veces un pouco complicada...Pero teño que recoñecer que é un libro bonito aínda que foi o libro que máis tempo m levou ler!Con respecto ós personaxes estou de acordo totalmente contigo!
Moitas graciñas por haberte pasado por aquí e deixarme un comentario!!
Un saúdo.