jueves, 20 de diciembre de 2007

Pasar o límite





O autor deste libro é Javier Alfaya.
Este libro trata dun mozo chamado Gabriel ao que lle morren os seus pais con tan só 17 anos. A súa irmá pediralle que fora vivir con ela, a Madrid. Pero el non quixo porque non se imaxinaba vivir lonxe do mar e dos seus cans, que son os seus fieis amigos. Entón decide quedar na casa na que vivira sempre cos seus pais. A súa vida segueu transcorrendo tranquilamente como antes de que morreran os seus pais, ata que un día a súa vida cambiou por completo... Como lle facían falta cartos para cubrir os seus gastos e andaba algo xusto deles meteuse no que non devía. Empezou a tratar co "Home Gordo" que se dedicaba ao contrabando. O trato que fixo con el consistía en que lle tiña que deixar a súa finca, que estaba preto do porto para gardar a mercancía de contrabando...Gabriel recibía unha cantidade de cartos por cada vez que escondían a mercancia na súa finca.
Pasou o tempo e a cousa seguia igual, aínda que a Gabriel parecíalle algo moi arriscado pero á súa vez tamén unha aventura coa que gañaba cartos. Ata que un día o Home Gordo lle dixo que lle tiña que axudar unha noite a traer a mercancía. E despois de moito pensalo aceptou porque lle propuxeron moitos cartos. Pero esta aventura saíulles moi cara porque a policía pillounos e leváronos a todos para o cárcere menos a Gabriel porque dou escapado. Isto serviulle para deixarse de meterse no que non debe e centrarse no que realmente quere ser na vida, mariño.

Este libro gustoume porque nos ensina o caro que nos pode saír meternos no que non debemos... Recomendo que o leades porque é un libro que nos ensina o que é a vida en realidade.
Nota:7

No hay comentarios: