viernes, 11 de marzo de 2011

Matilda


Autor: Roald Dahl. Editorial: Alfaguara



Matilda era unha nena que vivía con seus pais e seu irmán. Os pais tratábana moi mal, insultándoa todo o día . O pai traballaba de vendedor de coches. A nai todas as tardes marchaba xogar ao bingo e Matilda ía para a biblioteca; pasaba horas lendo libros e a señora Selphes quedaba abraiada cunha nena tan pequena que ía soa e sabía ler dese modo. Un día cansouse de que os pais a insultaran sempre e empezou a pagarllas dunha forma moi especial, desaparecíanlle cousas, aparecían outras, mesturaba produtos, ect. Cando empezou o colexio xa tiña 6 anos e medio e cando a señorita Honey empezou a preguntarlle o que sabían, decatouse de que a nena era superdotada. A señorita Honey foi falar coa directora pero non lle fixo caso ningún.

A directora era moi mala cos nenos e facíalles un exame semanal. A amiga de Matilda meteulle unha salamandra no vaso. A directora botoulle a culpa a Matilda e ela púxose moi alterada. A nena foi a casa de Honey e enterouse que a directora era a tía que a maltrataba de pequena. Cando foi o exame semanal co poder que tiña a nena escribiu no encerado...


NOTA: 10

No hay comentarios: