jueves, 17 de marzo de 2011

O carteiro de Bagdad


Editorial: Tambre; Autor: Marcos Calveiro


Trata dun neno de 11 anos que vive con seu pai (Ibrahim); este traballa como carteiro e reparte as cartas cunha motocicleta; a nai (Fatiha) vive nun barrio chamado Carrada situado en Bagdad, o neno non podía ir á escola e a nai non saía da casa debido a que o único día que non botaban bombas eran os venres.

O pai cada día arrisca a súa vida para repartir as cartas. Cando o pai chega de repartilas o neno pregúntalle cousas, entre elas de onde veñen as cartas que reparte cada día. Como están en guerra o neno non pode acompañar a seu pai a rezar, porque é moi arriscado. O neno de alí a uns días encontra limpando a súa nai unhas manchas de sangue na parede. Ela cálmao, pero el xa hai moito que non lle ve a cara a súa nai. O pai cóntalle que queimaron os libros das bibliotecas, el ten un accidente....



NOTA:6

No hay comentarios: