martes, 27 de diciembre de 2011

O home que prantaba arbores

Autor: Jean Giono
Editorial: Galaxia

Este libro trata dun viaxeiro que coñeceu a un señor maior,que vivía nunha vila abandoada nunha casiña de pedra. O home deulle pousada ao viaxeiro que se quedou a durmir. Este velliño chámase Eleazar Bouffier, vivía cun can e dedicábase a escoller landras e sementes de árbores para plantalos todos os días.O viaxeiro marchou ó día seguinte, e continuou o seu camiño. O velliño seguiu plantando árbores ano tras ano. Ó cabo dun tempo, o viaxeiro volveu e naquel lugar.....

NOTA:5

O Principiño

Autor: Antoine de Saint-Exupéry
Editorial: Galaxia



Este libro trata dun neno ao que lle gusta moito debuxar, pero os maiores prohibíronllo. Cando se fixo maior, fíxose piloto de avións. Un día tivo unha avaría co avión no Sahara, quedáballe auga só para uns días. Cando espertou atopou en fronte del un rapaciño. O rapaz pediulle que lle debuxara un año, pero non sabía como debuxalo. E foi así como se coñeceron. O principiño non era un rapaz calquera, el estaba namorado dunha flor...



NOTA:5,5

¿Sobrevives?



Autora: Fina Casalderrey
Editorial: Xerais

Este libro trata dun rapaz, Francisco, que sempre se mete en líos polo que o director o castiga con frecuencia, pero ao rapaz parece non importarlle moito, el o que quere é chamar a atención da xente. Francisco ten uns amigos peculiares. A pesar de todo isto, el non cambia a súa forma de ser nin a súa maneira de ver as cousas. A medida que vai transcorrendo o libro, vainos contando unha serie de historias e cousas que lle ocorren...


NOTA:6,50

jueves, 22 de diciembre de 2011

Xoeliki



AUTOR: Abraham Carreiro.

Editorial: Sotelo Blanco


Este libro trata dun rapaz que lle encantaban os videoxogos chamado Xoeliki que tamén se dedicaba a chatear cunha rapaza por internet que era a súa amiga. Cando chega á escola descobre que todos os ordenadores teñen un virus; cando volve á casa atópase un recibo de alguén descoñecido que lle dicía que o esperaba na cafetería de enfrente.

Cando foi atopouse cun home e díxolle que lle tiña que axudar a destruír o virus. E entre os tres, Xoeliki, o home e a amiga destrúeno.


NOTA: 6

lunes, 19 de diciembre de 2011

Una Princesa en motocicleta

Autores: Raquel Garrido y Carlos Velazquez. Editorial: Apila




Este cuento trata sobre una princesa. La princesa estaba jugando en la biblioteca y sin querer le cayó la estantería de libros. Los libros al caer se abrieron y los`personajes de los cuentos salieron. Se escucharon pasos y cada uno se metió en un cuento diferente. La princesa cogío una motocicleta y...



NOTA: 5

domingo, 18 de diciembre de 2011

Exogamia

Autor: Ramón Caride. Editorial: Xerais.




Este libro está dividido en capítulos; fálanos sobre países subdesenvolvidos. Nun capítulo cóntanos o moito que traballan os nenos para poderen comer. Outro cóntanos como hai unhas pílulas que fan que olvides o pasado. Outro vai sobre a clonación dos animais...




NOTA:3

sábado, 17 de diciembre de 2011

Xoeliki as aventuras dun ciberpirata



Autor: Abraham Carreiro. Editorial : Sotelo Blanco




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Xoeliki que ten once anos ao que lle gustaba moito xogar cos ordenadores e falar cunha rapaza á que coñecera pero nunca a vira. Un amigo do seu pai púxose en contacto con Xoeliki para regalarlle un teléfono móbil con videochamada para ver á rapaza coa que falaba sempre. E Xoeliki entrou a formar parte dunha escola pirata para loitar contra un virus que afectara a todos os ordenadores do mundo.




Nota: 7





jueves, 15 de diciembre de 2011

Las pelirrojas traen mala suerte





Editorial: Alfaguara, Autor: Manuel L. Alonso





Este libro trata de un chico de catorce años que se fuga de su casa y se queda en un almacén con unos amigos, o mejor dicho con unos "ocupas". Allí conoce a Helena, una pelirroja de mayor edad que él. La polícia los descubre y entonces tuvieron que huir del almacén. Helena y Chico, el protagonista, huyeron juntos. Iban en busca del novio de ella, Juan. Chico estaba enamorado de ella, la policía les perseguía porque Juan y Helena presenciaran como un policía había matado a un hombre y el policía quería matarlos para que no revelaran la verdad de lo que habían visto.




Pasaron muchas cosas juntos, conocieron a un hombre llamado Horacio, que le ayudó a encontrar al policía. Al final Helena se despide de Chico y le dice que volverán a verse que ella se marcha para Brasil, su novio y chico...




NOTA: 6

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O contador de estrelas

Autores: Jaureguizar. Editorial:Alfaguara


Este libro cóntanos a historia dunha rapaza chamada Antía.


Esta rapaza ten que acompañar a súa nai a un aeródromo apartado do mundo no que non había nada de arredor. Ela non a quería acompañar pero unha vez alí coñeceu a Enver, xunto a este mozo descubreu a astronomía e mais o amor. Foi un dos seus mellores veráns.

nota:6

martes, 13 de diciembre de 2011

Alicia en el pais de las maravillas



Editorial: Xerais. Autor: Lewis Carroll


Alicia se encuentra sentada a la sombra de un árbol con su hermana mayor, cuando de repente ve aparecer un conejo blanco, ella lo persigue a través de una conejera, cayó en un vacío y ya no pudo retroceder. Ella por instantes cambiaba de tamaño, ella empezó a llorar y cayó en un estanque el cual lo había creado con sus lágrimas. La niña se encontró con un ratón que le ayudó a llegar a la orilla pero cuando el se marchó ella empezó a llorar.

Ella acabó en la casa del conejo blanco y para salir de allí tuvo que pasar muchas pruebas. Alicia al salir de la casa del conejo, se adentró en el bosque en donde se encontró con la Reina de corazones, su marido, la Duquesa...
Al final ella despierta debajo del árbol ya al atardecer.


Nota:9

Unha princesa en motocicleta



Os autores son Raquel Garrido y Carlos Velázquez da Editorial Apila.






Este álbum ilustrado conta a historía dunha princesa, que ao caer todos os libros do estante ó chan mestúranse unhas historías coas outras, e no seu conto falta o dragón, por iso decide ir a buscalo; no primeiro conto que foi encontrou unha motocicleta que lle fixo máis doada a búsqueda, e como nunha secuencia no conto sempre encontra un personaxe que non corresponde a súa historia e vainos levando á que lle corresponde ata que encontra o dragón, convenceo para que volva ó seu conto coa condición de que o príncipe non o mataría. Un día chega un home ó castelo e o dragón alporízase porque pensa que ven a....

Xoeliki


Autor: Abraham Carreiro, Editorial: Sotelo Blanco.



Este libro trata dun neno que ten once anos que se chama Xoeliki, está viciado ao ordenador. Pasa todos os días falando coa súa amiga que coñeceu a través do ordenador, pero que non teñen trato persoalmente.

Un día entra no seu ordenador e detecta un virus que afecta a todos os ordenadores, el cóntallo a un amigo de seu pai e dille que contacte con el para poder formar parte da escola pirata contra os virus. Ao final na escola pirata encontraron...



NOTA:5

Alfagan é Flanagan




Escrito por Andreu Martín. Editorial: Xerais







Este libro cóntanos a historia sobre un xove detective chamado Flanagan. No Nadal, xusto o mesmo día de reis, resulta que unha amiga da mesma clase que Flanagan chamada Nieves é desaparecida. O pai de Nieves tiña moito diñeiro, era rico, e pediulle a Flanagan que investigara a súa desaparición. Flanagan coa axuda de Blanca remata descubrindo unha banda de delincuentes aos que declaran culpables nun xuízo...




Nota: 6




lunes, 12 de diciembre de 2011

Alfagan é Flanagan



Autor: Andreu Martín, Jaume Ribera; Editorial: Xerais




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Flanagan que é detective. O día de reis unha rapaza da súa clase desapareceu, esta chamabase Nieves, e a ela, Blanca e Vanesa chamábanlle "corpos dez", porque parecían modelos. Eles non se levaban moi ben porque nunca falaban. O pai de Nieves era un home moi rico e encargoulle a Flanagan que investigase sobre a desaparición da filla. Flanagan como era moi intelixente e coa axuda de Blanca e da policía descubreu que...



NOTA: 8

Rebeldes



Autora: Susana E Hilton. Editorial: Alfaguara





Este libro cóntanos as historias duns mozos que estaban nunha banda chamada greasers que teñen que fuxir e escondéronse nunha igrexa xa que durante unha pelexa mataron a un dos sock, que era a banda rival.


Despois de que se calmaran un pouco as cousas puideron volver, pouco despois houbo unha pelexa para saldar as contas...




NOTA: 5

domingo, 11 de diciembre de 2011

Xoeliki

Autor: Abraham Carreiro. Editorial: Sotelo Blanco.




Este libro trata dun neno que se chama Xoeliki, ao que lle encantan os videoxogos e tamén chatear cunha rapaza por internet.
Un día descobre que os ordenadores do colexio teñen un virus. Entón el cóntallo a un amigo de seu pai e dille que se poña en contacto con el para formar parte dunha escola pirata contra os virus. El e mais unha amiga que xa coñecía intentarán combater o virus...


NOTA:7,50

sábado, 10 de diciembre de 2011

O Principiño

Autor: Antoine de Saint-Exopéry. Editorial: Galaxia




Este libro trata da historia dun piloto; un día tivo un accidente no medio do deserto. Só tiña auga un día. Coñeceu un neno. Parecíalle imposible que houbera alguén no deserto, O neno contoulle que pasara por cinco planetas para chegar á Terra. En cada un encontrábase con persoas moi desagradables. O neno contoulle que vivía nun planeta moi pequeno e que tiña unha flor moi bonita. El pediulle que lle debuxara...

NOTA: 8

viernes, 9 de diciembre de 2011

O diario vermello de Flanagan




Os autores Andreu Martín e Jaune Ribera. Editorial Galaxia.




Este libro eé moi interesante porque nos fala de sexo. É contado por un mozo chamado Flanagan, que empeza a facer un diario vermello, porque encóntrase con unha chica que tamén está a facer un.




Nel fálanos de todo o relacionado co sexo, e o significado con todo o relacionado con este tema: métodos anticonceptivos, sensacións e vivenzas... Mentres o está a escribir Flanagan tamén esperimenta algunhas relacións e vivenzas... E moito máis!!!








NOTA: 9