jueves, 20 de diciembre de 2007

A Historia do home-can






A Historia do Home-Can escribeuna Pepe Carballude e publicouna Everest Galicia na colección punto de encontro.
Faustino Santos era notario pero non traballaba porque lle tocaran un montón de millóns e agora só tiña unha ilusión, a de recuperar a xuventude.
Atopara un menciñeiro que lle dera unha menciña que el tomara sen ler as indicaciós e non se podia mesturar con alcohol. Por ese motivo volveuse can e a súa muller botouno da casa porque non sabía que era el. Entón decidiu ir ó parque pero todo o mundo cando o oía falar tíñalle medo e collérano varias persoas para facerse ricas a conta del. Foi para a cidade e entón foi a varios sitios entre os cales tivo que ir á caixa de aforros para realizar unha obra benéfica e só lle fixeron caso cando falou de cartos.

Ese día foi para a vila de novo e foise cun amigo para unha choza. Cando espertou a media noite volvía ser como antes. Entón decidíu ir pasar a fin da noite coa súa muller.

NOTA 8

Este libro gustoume moito porque é divertido e moi pouco enrollado.

No hay comentarios: