miércoles, 7 de noviembre de 2007

Tres pasos polo misterio



O autor do libro Tres pasos polo misterio é Agustín Fernández Paz e a editorial é Xerais dentro da colección Fóra de xogo.

No primeiro capítulo un home que está no hospital pídelle a unha enfermeira unha libreta e empeza a contar o que lle pasou. El era un profesor que daba clase nunha universidade de Galiza e outras universidades máis importantes ofrecéranlle traballo pero el non quixo ir porque as universidades atopábanse moi lonxe e a el gustáballe moito Galiza. El especializárase no estudo das serpes e decidira facer unha escavación nun lugar que se chamaba Roza das Modias. El foi alí con algúns alumnos e reservara un hotel que se atopaba a uns 20 minutos pero el tiña unha tenda de campaña e estaba situada ao lado da escavación. Na Roza das Modias había tres esculturas, dúas estaban moi estragadas e a outra estaba moi ben conservada. Empezaron a escavar nas dúas figuras que estaban mais estragadas e alí so había obxectos de moi pouco valor. Na outra escultura había unha gran figura que representaba unha serpe. Levárona para un museo e ao principio ían moitos periodistas e tamén había moitos curiosos. Pouco a pouco foi deixando de ir a xente pero había unha parella de alemáns que ía todos os días e pareceulle estraño e empezáronos a investigar. Descubriron que estaban hospedados nun hotel de Lugo e un día pola mañá o garda de seguridade estaba facendo a ronda antes de abrir e viu que na vitrina da figura da serpe estaba todo descolocado e non estaba forzada a pechadura. Contoullo ao profesor e dende o primeiro momento el sabía que a parella de alemáns tiña algo que ver con iso. Esa noite quedou no museo sen que ninguén se dese conta. Escondeuse no despacho del e cando levaba un par de horas sentiu un ruído e cando foi mirar viu a muller alemá que estaba fronte a vitrina e falaba nun idioma moi raro e cando lle dixo que parase alguén lle dou un golpe na cabeza e caeu desmaiado. Cando se levantou viu na vitrina unha gran serpe e el presentía que as serpes ían invadir o mundo e dende aquela está no hospital e os médicos non saben o que ten. Hai outros dous relatos que seguen o mesmo estilo.
A min este libro gustoume porque é moi entretido xa que ten moitas aventuras e ademais ten moita intriga.
NOTA:8

No hay comentarios: