domingo, 21 de noviembre de 2010

A voz do lago

Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Este libro, que vai sobre sereas, cóntao Irene, unha nena que vivía cerca do pazo de Goiáns, cando chega á súa vila María Mariño xa que os seus tíos ían herdar o pazo.
Todo empeza no colexio cando lle contan unha historia sobre os Mariño que logo Irena contará a María; esta respóndelle que no pazo había un libro que cada vez que se poñía a lelo escoitaba unhas voces laiándose e xa non podía seguir lendo.
MAría invita a Irene ao pazo para que lle axude a desvelar o misterio, e así o farán.


NOTA: 8

VANESA tamén lle dá a este libro un 8.

sábado, 20 de noviembre de 2010

A voz do lago


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Antón Riveiro Coello.

Esta bonita historia ten dúas protagonistas femininas: Irene e María. Irene é unha nena que vive nunha pequena vila a onde irá vivir María coa súa familia, xa que o pazo vai ser herdado pola familia desta última. Esta María non é unha moza calquera, senón que estamos a falar de María Mariño, a nosa poeta, durante a súa estancia na zona.
O libro está cheo de intrigas e lendas que se resolverán cara ao final grazas á valentía destas dúas nenas. Saberemos do poder das sereas e do amor dos humanos que todo ou nada o pode.

NOTA: 9

lunes, 15 de noviembre de 2010

A expedición do Pacífico


Este libro da editorial Xerais escribiuno Marilar Aleixandre.

Emilia é unha moza galega de trece anos a quen lle gustaría estudar Zooloxía, pero no século no que vive (XIX) as mulleres non poden ir á Universidade.
Un dos seus irmáns vai participar nunha expedición científica con varios especialistas en diversas ramas da Historia Natural. Ela agóchase para poder ir. Cando a descobren, xa é imposible a volta á casa, así que disfrázase de home para poder seguir a viaxe con normalidade. A expedición resulta chea de experiencias fantásticas e de desgustos, así como de inicio ao amor. Problemas económicos, de saúde... de todo hai nas súas páxinas.

NOTA: 2,5

MARTÍN dálle a este libro un 2

viernes, 12 de noviembre de 2010

A abella abesullona


Este libro publicado pola editorial Galaxia foi escrito por Manuel Janeiro.

Nunha colmea de abellas non daban conseguido suficiente mel, por iso as abellas tiñan que desprazarse moitas veces e por riba non conseguían flores suficientes. A raíña da colmea xa non sabía como facer, e a Abella Abesullona decidiu encargarse de buscar flores e marchou na súa procura. Buscou e buscou, pero non daba atopado. Polo camiño, fíxose amiga doutra abella, pero tiña que seguir buscando. Un saltón díxolle onde atopar flores e foi avisar á raíña da colmea, pero ela decidiu ir onda a súa amiga solitaria.


NOTA: 4

jueves, 11 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Rapazas novas que son obxecto de amoríos por parte de tres vellos que ao final se reúnen para cavilar na inconveniencia de amar de vello. Está dividido en tres lances e un epílogo.



NOTA: 5


VANESA a este libro dálle un 6

miércoles, 10 de noviembre de 2010

Os vellos non deben de namorarse


O autor desta obra de teatro é Castelao.

Dividido en tres lances e un epílogo, o libro conta como de malo pode chegar a ser para un vello namorarse dunha moza e as consecuencias que tales amoríos carrexan. Ningún dos tres lances difiren no contido, coa presenza continua da morte, que lle dá á obra un carácter diferente de realismo.
O epílogo é unha especie de conclusión.


NOTA: 8,5

MARTÍN dálle a este libro un 7

jueves, 4 de noviembre de 2010

El secreto del ordenador


Este libro da editorial Casals foi escrito por María Aymerich.

Dous irmáns van para Girona á casa dos seus avós xa que seus pais tiñan que ir a un congreso. Poucos días despois de chegaren reciben un ordenador. Cando ían xogar con el, apareceronselles unhas palabras que daban a entender que había alguén en perigo, polo que comezaron a investigar de que se trataba; estas leváronos ata Portbou, a onde se dirixiron. Unha vez alí subiron ata a montaña, onde atoparon un home ferido que agardaba por unhas xoias roubadas...
E non conto máis para que sexades vós os que leades o libro e resolvades o final.


NOTA: 5

miércoles, 3 de noviembre de 2010

O último traballo do Señor Luna


O autor deste libro editado por Edebé é César Mallorquí.

Este libro trata dun asasino, o señor Luna, contratado polo señor Aurelio e o seu fillo para matar a unha muller, a señora Flor, serventa en Madrid na casa dun neno superdotado -e discriminado- chamado Paulo.

O libro está ben, a historia é moi boa e moi interesante. Un libro que ademais ensina a discriminación dos superdotados, e que fala da espantosa vida dos narcotraficantes.


NOTA: 8

martes, 2 de noviembre de 2010

Mimos e máis mimos


O autor deste libro publicado por Galaxia é Pepe Carballude.

Este libro trata dunha rapaza chamada Olalla que é filla única e ten moitos mimos, conséntenlle todo. A súa nai está embarazada e ten outra nena, Andrea.
Olalla é moi ciumenta porque lle fan máis caso á súa irmá. Os mimos póñenlle trampas e aprende a non caer nelas.

NOTA: 3

lunes, 1 de noviembre de 2010

La creación de Hugo Cabret

O autor deste libro publicado por SM é Brian Selznick.


O libro trata dun neno orfo que vive nos sumidoiros dunha estación de tren e arranxa os reloxos da estación. O único recordo que lle queda de seu pai é un moneco de engranaxes que ten que arranxar pero non dá. Sabe que nun recuncho da estación hai un xogueteiro a quen lle rouba as pezas que lle cómpren, pero este píllao e dille que lle queimou as súas posesións: o moneco e un diario. Pero Hugo é amigo da sobriña do xogueteiro e esta cóntalle a verdade: non lle queimaron nada.
Tempo despois, na casa dos padriños de Isabelle, descubriron moitos debuxos semellantes ao seu moneco asinados por Georges Melier, e o rapaz sabe que os viu nunha película. E comprende a verdade que estaba agochada aos seus ollos ata entón...


NOTA: 10