lunes, 20 de junio de 2011

A filla do ladrón de bicicletas



Autora: Teresa Gonzalez. Editorial: Xerais





Este libro conta a historia dunha nena, Serafína, que é filla dun ladrón de bicicletas e que por diversas circunstancias vive coa súa tía, dona Perfecta. A súa maxima aspiración é ser equilibrista nun circo con Celerífera, a bicicleta, a cara a iso van enfocados todos os seus esforzos, aos que non serán alleos nin a axuda do vello Elías nin as dificultades que lle ocasionan a panda de Martiño o Brazo. Dadas as súas habilidades chámana "a bruxa" e a xente non se fía dela, pero pouco a pouco vanse descubrindo as artimañas da tía Perfecta grazas ao vello Elías...








NOTA: 6

jueves, 9 de junio de 2011

O Capitan Zochusmán




Escrito por: Luis Seixido. Editorial : Sotelo Blanco



Este libo trata dun rapaz que quería ser supereroe chamado Toñin, el ía cos seus amigos á escola e ata un día veu que os seus amigos en vez de ir para a súa casa ían para a casa dun vagamundo, el salvou aos seus amigos.




NOTA:6

Olga e o dinosaurio

Autor: Breogán Riveiro. Editorial: Galaxia



Este conto trata dunha rapaza chamada Olga que un día lle saiu un dinosaurio que falaba do armario. Como non sabía volver xa sabía que se perdera. Foran ata o parque e alí había un neno moi malo e o dinosaurio tragouno, pero Olga díxolle que o devolvese. Cando chegaron á casa viron na tele un documental sobre a Catedral de Santiago e recordou que alí estaba á porta para volver ao seu mundo. O dinosaurio fixo voar o sofá e...




NOTA:6

A praia dos afogados



Escrito por Domingo Villar. Editorial Galaxia




Este libro conta a historia dun inspector chamado Leo Caldas. Trata sobre un asasinato que acontece na praia de Panxón. Era un home que morrera afogado a causa dun golpe na cabeza e tamén coas mans atadas cunha brida. A vítima era Justo Castelo, e tiña un amigo chamado Valverde, que sempre ían xuntos no barco. O seu amigo Valverde matara a unha muller chamada Rebeca e tamén ao Rubio porque lle ía dicir que fora el. O inspector e o seu compañeiro investigaron e descubriron quen foi o verdadeiro asasino....




Nota:6

Olga e o dinosaurio

Autor: Breogán Riveiro. Editorial: Galaxia


Este libro trata dunha rapaza chamada Olga, e cando esperta sáelle un dinosaurio do armario; ela ao principio tíñalle medo pero logo se fixeron amigos. O dinosaurio quería buscar unha porta de saída a outro universo, pero por máis que buscaba non a atopaba ata que un día............


NOTA: 5

miércoles, 8 de junio de 2011

Cando petan a porta pola noite



Autor: Xabier Docampo. Editorial: Xerais





Este libro recolle catro contos con historias de medo e moi entretidas nas cales en case todas se trata da morte. As historias son O espello do viaxeiro, O fornadas, A loba e O cumplemortes.






Nota: 7

lunes, 6 de junio de 2011

A voz do lago



Autor: Antón Riveiro Coello. Editorial: Galaxia.


O libro trata dunha familia que se muda a unha vila onde hai un pazo, porque os seus parentes son os únicos herdeiros do pazo. Na mansión hai unha rapaza chamada María que se fai amiga de Irene. Na vila todos din que o pazo está encantado, por unha lenda que se conta. Un día María invita a Irene a quedarse un fin de semana no pazo, esa mesma noite foron á biblioteca, cando se puxeron a ler un libro escoitaron os lamentos dunha muller. Despois póñense a investigar todos os estraños sucesos que lle van acontecendo e...


NOTA:8,55