viernes, 27 de enero de 2012

Las pelirrojas traen mala suerte.



O escritor Manuel L. Alonso; editorial Alfaguara






Este libro trata de la historia de como se conocen un chico y una chica que viven en la calle y a ella la busca la policía y su cómplice porque ella sabe que los que cometieron el atraco hace años fueron los policías. Ella se pasa el tiempo intentando encontrar a su novio yendo de pueblo en pueblo en compañía de un amigo; en el transcurso del viaje ella es perseguida y violada por el policía y su amigo la ayuda; se enamora de ella...

NOTA:7

martes, 24 de enero de 2012

O achado do castro.



O autor Manuel Núñez Singala. Editorial: Sotelo Blanco.


Esta obra de teatro trata da historia dun Emperador e a súa filla, e Arpeixa e o seu fillo .


Carmiñae e Manolitos os fillos, namóraronse e víanse a escondidas porque os pais non lles deixaban; un día os soldados píllaronos e lévaronos onda o emperador e el encarcéraos os dous. Mentres iso ocorre, Catulo e Caleno, dous ladróns algo parvos, que queren roubarlle o medallón ó emperador, pero ao final chega Arpeixa ao palacio e en pouco tempo o emperador e ela namóranse... Que pasará con Carmiñae e Manolitus? Conseguirá Catulo e Caleno o medallón?....


NOTA: 9

O achado do castro








Este libro escribeuno: Manuel Nuñez Singala, Editado por: Sotelo blanco:






Esta obra de teatro trata dun roubo de dous ladróns que quere quitarlle ao emperador un medallón pero encontráronse no medio dun lío familiar onde a filla do emperador e mais o fillo dunha comercianta se coñecen en Nápoles e tras moita disputa, Carmiñae acaba casando con Manolitus e o Emperador con Arpexia.






NOTA: 5

A toupiña cegarata

Autora: Ánxela Gracián, Editorial: Galaxia


Este libro cóntanos a historia dunha toupa que se chamaba Veludiña e era a xefa. Un día foi falar cunha salamántiga porque elas non saían. Entón díxolle que o dono do prado comprara un podenco para matalas. Un día chegou o podenco e matou moitas delas, entón Veludiña fixo unhas galerías máis fondas pero o can deu con elas outro día e matou máis, Veludiña pensou que tiña que que haber unha traidora. Era pencada pero non o sabía, cando pencada empezou a mandar máis ca ela marchou e foi pensando que a traidora era pencada.


NOTA:4

O achado do castro



Escrito por Manuel Núñez Singala. Editorial: Sotelo Blanco





Esta obra de teatro foi escrita no ano setenta e sete antes de Cristo. A obra trata sobre un emperador, a súa filla Carmiñae e Arpexia e o seu fillo Manolitus, estes dous rapaces estaban moi namorados pero os seus pais non aprobaban a súa relación. O Emperador tiña un medallón e había dous ladróns chamados Catulo e Caleno que querían roubarllo pero non eran capaces. Ao final o Emperador e Arpexia tamén rematan namorándose e planeando unha voda, e así Manolitos e Carmiñae tamén poderían casar.





Nota:8

Memorias dun neno labrego



Editorial: Galaxia. Autor: Xosé Neira Vilas



Trata dun neno pobre chamado Balbino;el critica ós nenos ricos porque segundo el non saben o que é traballar nin vivir en circunstancias malas. El escribe os seus sentimentos nun caderno, e algún día gustarílle facer un librodel.

Balbino é un neno que é maltratado polo seu pai, un día pegoulle por ensuciarlle a cara ao fillo dun señor rico e el escapou da casa para o bosque, empezaron a buscalo pero non aparecía ata que o encontrou o seu can, cando chegou á casa seu pai pegoulle por escapar.

Balbino non podía ir ás festas coma os outros nenos, xa que estaban de loito pola morte do seu padriño, pero como non podía asistir ás festas ao día seguinte das festas el ía mirar que restos quedaran, e un dia encontrou unha caixiña, que gardou coma un tesouro que o quitaría da pobreza, pero un día de moita chuvia a caixiña desapareceu do escondite.

Balbino quería deixar de ser pobre, xa que a súa nai choraba por non ter os recursos necesarios para levar unha boa vida e darlla a el, entón el dixo que quería marchar como o fixera seu irmán Miguel, pero non o deixaron.

Un día Balbino tivo un problema e tivo que marchar, estivo na casa dun señor servindo durante moito tempo e alí coñeceu...



Nota:5

Memorias dun neno labrego



Este libro foi escrito por Xose Neira Vilas, editado por Galaxia








Este libro conta capítulo tras capítulo as historias dun rapaz chamado Balbino. A súa familia era moi pobre e conta que Balbino era moi listo, sempre ía vestido de loito porque non tiña outra roupa, sempre ía a misa e á escola. Balbino era tan listo que ata el deba clase cando a profesora estaba enferma.



NOTA:

Memorias dun neno labrego

lunes, 23 de enero de 2012

O achado do castro



Autor: Manuel Nuñez Singala . Editorial: Sotelo Blanco


Esta obra de teatro trata duha historia de amor entre a filla do César e o fillo da comerciante máis rica de Roma, é moi humorística.

Os pais ao principio opoñénse pero despois namoran e casan permitindo que os seus fillos tamén casen


Nota: 7

sábado, 21 de enero de 2012

O Achado do castro



Autor: Miguel Núñez Singala. Editorial: Sotelo Blanco




Esta obra de teatro foi encontrada nunha excavación. Trata dunha historia de amor entre Carmiñae e Manolitus pero o emperador e a nai del non o aproban. O sabio recoméndanlle encerralos no cárcere. O emperador e Arpeixa....






NOTA:7

viernes, 20 de enero de 2012

Diario dun neno labrego



Autor: Xosé Neira Vilas. Editorial:Galaxia


Este libro é unha especie de diario onde un rapaz pobre conta as súas vivenzas. Este rapaz ten unha infancia terrible, traballa moito e aínda por enriba moitas veces péganlle.

Ao rapaz morreulle seu tio e mais seu padriño, por culpa disto non pode ir a ningunha festa xa que ten que gardarlles loito.

Un día deulle con unha pedra ao fillo dos seus señores na cabeza. Seu pai pegoulle cunha corda, el escupeulle na cara e marchou da casa.






Nota: 8

miércoles, 18 de enero de 2012

Las pelirrojas traen mala suerte



Autor: Manuel L.Alonso. Editorial: Alfaguara



Este libro trata dun rapaz de catorce anos que decide marchar da casa. Encontra uns amigos que viven nun almacén. El namórase dunha rapaza de 18 anos chamada Helena. Ela ten mozo e a policía estaos buscando porque viron como mataron un home. O rapaz de catorce anos a pesar de estar namorado de Helena decide axudala....




NOTA:7

jueves, 12 de enero de 2012

Memorias dun neno labrego



Autor: Xosé Neira Vilas. Editorial: Galaxia




Este libro cóntanos a historia dun rapaz chamado Balbino, a súa familia era moi pobre. Balbino tiña un pequeno diario no que escribía todos os días e nel contaba a súa vida. El tamén era moi intelixente e moi traballador, pero un día escapouse da casa a causa de que lle pegaban. Ata que ao final atopouno o seu can. Despois morreu o seu tío e gardou loito pola súa morte. Logo o Manolito queríalle pegar, pero Balbino dalle cunha pedra na cabeza.



Nota:6